Muros - Prezo público das actividades cinematográficas a celebrar nas instalacións de carácter cultural do Concello de Muros
Artigo 1º - Fundamento e Natureza:
De conformidade co previsto no artigo 6.1 da Ordenanza Xeral de Prezos Públicos do Concello de Muros (BOP núm. 165) este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de actividades cinematográficas a celebrar nas instalación de carácter cultural do Concello de Muros.
Artigo 2º - Concepto:
O prezo público regulado no presente acordo regulador constitúe a contraprestación pecuniaria que se ha de satisfacer polas persoas usuarias que de maneira voluntaria soliciten a prestación dos servizos de actividades cinematográficas a celebrar nas instalación de carácter cultural do Concello de Muros.
Artigo 3º - Obrigados ao Pago:
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta Ordenanza as persoas que se beneficien da prestación do servizo de actividades cinematográficas a celebrar nas instalación de carácter cultural do Concello de Muros.
Artigo 4º - Contía:
A contía do prezo público nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, que será por unha entrada:
TARIFA | IMPORTE |
Entrada proxección cinematográfica | 5,00 € |
Artigo 5º - Nacemento da obriga:
A obriga de pago nace pola solicitude de asistencia a calquera dos servizos de actividades cinematográficas organizadas polo Concello de Muros e será sempre abonado con carácter previo ó seu acceso.
Realizarase o cobro deste importe cando as actuacións sexan de grupos profesionais e non vaian especificamente dirixidas a un colectivo concreto ou formen parte dun programa determinado que, segundo o criterio técnico, precise de actividades gratuítas para cumprir cos seus obxectivos.
Non procederá o cobro da entrada cando sexan actuacións en colaboración con outras entidades e estas esixan que a asistencia sexa libre e gratuíta ou esixan un prezo de entrada diferente.
Artigo 6º - Normas de xestión:
O ingreso das tarifas realizarase en réxime de autoliquidación por sistema de entradas ou billetes previos, en virtude do artigo 27.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 9º - Infraccións e sancións:
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA
Este acordo, aprobado pola Xunta de Goberno Local en virtude do artigo 6.1 da Ordenanza Xeral de Prezos Públicos do Concello de Muros (BOP núm. 165), entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa.