Muros - Prezo público das actividades de espectáculos, obras de teatro e actuacións musicais a celebrar nas instalacións de carácter cultural do Concello de Muros.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/03/2025 BOP Nº: 60
Aplicable dende: 31/03/2025

Artigo 1º - Fundamento e natureza:

De conformidade co previsto no artigo 6.1 da Ordenanza Xeral de Prezos Públicos do Concello de Muros (BOP núm.165) este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de actividades de espectáculos, obras de teatro e actuacións musicais, a celebrar nas instalacións de carácter cultural do Concello de Muros.

Artigo 2º - Concepto:

O prezo público regulado no presente acordo regulador constitúe a contraprestación pecuniaria que se ha de satisfacer polas persoas usuarias que de maneira voluntaria soliciten a prestación dos servizos de actividades de espectáculos, obras de teatro e actuacións musicais a celebrar nas instalacións de carácter cultural do Concello de Muros.

Artigo 3º - Obrigados ao pagamento:

Están obrigados ao pago do prezo público as persoas que soliciten a prestación dos servizos de actividades de espectáculos, obras de teatro e actuacións musicais a celebrar nas instalacións de carácter cultura do Concello de Muros.

Artigo 4º - Contía:

A contía do prezo público nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte segundo as diferentes modalidades:

CACHÉ DO ESPECTÁCULO

       IMPORTE

Entre 750,00 € e 2.500,00 €

           3,00 €

Entre 2.501,00 € e 5.000,00 €

           4,00 €

Máis de 5.000,00 €

           6,00 €

Co obxectivo de fidelizar ao público e fomentar unha asistencia regular aos espectáculos culturais, establécese a posibilidade de implantar un bono semestral ou por ciclo que permita acceder a varios espectáculos consistente nunha tarifa reducida do 25% sobre o custo total das entradas individuais. O número de bonos dispoñibles e as condicións específicas serán determinados pola Xunta de Goberno Local.

Artigo 5º - Nacemento da obriga:

A obriga de pago nace pola solicitude de asistencia a calquera dos servizos de espectáculos, obras de teatro e actuacións musicais organizadas polo Concello de Muros e será sempre abonado con carácter previo ó seu acceso.

A tarifa aplicarase cando as actuacións sexan realizadas por grupos profesionais e non estean dirixidas especificamente a un colectivo concreto nin formen parte dun programa que, segundo criterio técnico, requira actividades gratuítas no auditorio municipal para cumprir cos seus obxectivos.

Non se exixirá entrada nas actuacións realizadas en colaboración con outras entidades que esixan asistencia libre e gratuíta ou establezan un prezo de entrada diferente.

Artigo 6º - Normas de xestión:

O ingreso das tarifas realizarase en réxime de autoliquidación por sistema de entradas ou billetes previos, en virtude do artigo 27.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 7º - Infraccións e sancións:

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

Este acordo, aprobado pola Xunta de Goberno Local en virtude do artigo 6.1 da Ordenanza Xeral de Prezos Públicos do Concello de Muros (BOP núm. 165), entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa.