Laxe - ORDENANZA FISCAL NÚM. 5 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1. Fundamentos e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, no artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade ao disposto nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20.1.b) e 20.4.a) do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 2. Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida como motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida ou que entendan a Administración ou as autoridades municipais.
2.- A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocara polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa polo interesado.
3.- Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal.
Artigo 3. Suxeitos Pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen, ou que redunde no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4. Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen, ou que redunde no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5. Derogado.
Artigo 6. Cota tributaria.
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo ca tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
3.- As cotas resultantes por aplicación da anterior tarifa incrementaranse nun 50 por 100 canto os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.
Artigo 7.- Tarifas.
Epígrafe 1. Certificados e informes:
1.1.- Certificacións de resolucións ou acordos municipais:
1.1.1- Relativas ao último trienio: 4,00 euros.
1.1.2- Anteriores ao último trienio: 8,00 euros.
1.1.3- Anteriores a 1 de xaneiro de 1996: 10,00 euros
1.2.- Certificacións de informes emitidos por técnicos municipais: 25,00 euros.
1.3.- Certificados ou volantes de empadroamento:
1.3.1- Anteriores a 01/05/1996: 3,00 euros.
1.3.2- Posteriores a 01/05/1996: 2,00 euros.
1.4.- Informes de convivencia ou residencia: 1,00 euros.
1.5.- Outros informes ou certificados sen necesidade de informe técnico:3,00 euros.
Epígrafe 2. Documentos e expedientes relativos a servizos de urbanismo:
2.1.- Por tramitación de expediente de declaración de ruína: 120,00 euros.
2.2.- Certificacións ou informes de cualificación ou clasificación urbanística: 30,00 euros.
2.3.- Por tramitación de expediente de actos de uso do solo ou subsolo suxeito a licencia: 20,00 euros.
2.4.- Por tramitación de expediente suxeitos a intervención municipal de comunicación previa: 5,00 euros.
2.5.- Por tramitación de expediente acreditativo da antigüidade das edificacións ou sobre incoación ou non de expediente de reposición de legalidade ou sancionador: 30,00 euros.
2.6.- Por tramitación de expediente de segregación, parcelación, agrupación e declaración de innecesariedade: 30,00 euros por parcela resultante ou previa á agrupación (non se computarán as parcelas resultantes destinadas a viais de cesión obrigatoria).
2.7.- Tramitación de expedientes de actividades suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable: 5,00 euros
2.8.- Tramitación de expedientes de actividades suxeitos a: autorización ambiental integrada, avaliación de impacto ambiental, avaliación de incidencia ambiental ou as suxeitas a normativa de espectáculo públicos e actividades recreativas: 15,00 euros.
2.9.- Tramitación de expedientes de prorrogas de licenzas: 10,00 euros.
2.10.-Tramitación de expedientes de desenvolvemento urbanístico:
2.10.1- Ámbitos con superficie de actuación <10.000m²: 600 €
2.10.2- Ámbitos con superficie de actuación >10.000m²: 1.000 €
2.10.3- Estudos de detalle: 150 €
2.11.- Expedientes de investigación de bens: 30,00€
Epígrafe 3. Documentos e expedientes relativos a servizos de contratación e concesións demaniais:
3.1.-Devolución de garantías constituídas por mor de calquera licitación municipal, por cada acto: 18,00 euros.
3.2.- Por formalización de contratos e concesións demaniais en documento administrativo: 40,00euros.
Epígrafe 4. Dereitos de exame:
4.1.- Prazas do Grupo A1/A2/B ou asimiladas: 15,00€
4.2.- Outras prazas: 5,00€
Epígrafe 5. Por copias de documentos illados dun expediente administrativo ou expediente completo.
5.1.- Copia de expediente completo: 70,00 €
5.2.- Copia de cada documento: 5,00€
Epígrafe 6. Tarifa reducida.
Aplicarase unha tarifa reducida do 75% a aqueles contribuíntes nos que concorran algunha das seguintes circunstancias, debidamente acreditadas, a través da certificación correspondente outorgada polo departamento de Servizos Sociais:
a.) Persoas en risco de exclusión social
b.) Obte-lo beneficio de xustiza gratuíta, no que respecta ós documentos administrativos que orixinen o devengo da taxa que estean directamente relacionados no procedemento xudicial no que se declara o dereito.
Artigo 8.- Bonificacións da cota.
Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
Artigo 9.- Devengo.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo, que non se realizará sen que se efectúe o pago correspondente.
2.- Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teña lugar nas circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10.- Declaración de ingreso.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, e no suposto de que o expediente se inicie de oficio, mediante a liquidación practicada pola administración.
Os/as interesados/as na expedición dun documento administrativo ou na tramitación dun dos expedientes suxeitos a taxa presentarán, xunto coa solicitude, a acreditación de ter efectuado o ingreso que corresponda no impreso de autoliquidación debidamente cumprimentado.
2. Os escritos presentados persoalmente no Rexistro de Entrada do Concello e os recibidos polos condutos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente mais non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade requirirase ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes e así o acredite ante o Concello, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 11.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 19/10/1998, así como as posteriores modificacións aprobadas polo mesmo órgano.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.