Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 02/04/2025 BOP Nº: 63
Publicación definitiva: 11/06/2025 BOP Nº: 110
Aplicable dende: 12/06/2025

Artigo I. Fundamento e réxime

1. No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construcións, instalacións e obras.

2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo RDL 2/2004, do 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza fiscal.

Artigo II. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal de Abegondo, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención de correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase esta ou non, ou para a que se esixa a presentación da comunicación previa ou declaración responsable, sempre que a súa expedición corresponda ao Concello de Abegondo.2. A construción, instalación e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións, nas seguintes:

a) Movementos de terra.

b) Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

c) Obras de demolición.

d) Obras nos edificios, tanto no seu interior como o seu exterior.

e) Aliñacións e rasantes.

f) Obras de fontanería e sumidoiros.

g) Obras nos cemiterios.

h) Calquera outra construción, instalación ou obra que precise licenza de obra ou urbanística.

Artigo III. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas persoas xurídicas ou entidades do artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra que soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2. No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos substitutos deste quen solicite as correspondentes licenzas ou realice as construcións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo IV. Exencións

De acordo co regulado no artigo 100.2 do TRLRFL, está exenta do pago dese imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia ou as entidades locais que, estando suxeitas a este, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións de súa augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.

Artigo V. Bonificacións

A.-)

Establécese unha bonificación de ata o 95 % para as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 103.2 a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:

- Un 95 por cento pola creación de máis de 20 postos de traballo.

- Un 75 por cento pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.

- Un 50 por cento pola creación de ata 10 postos de traballo.

Esta bonificación será de aplicación unicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións xa existentes sempre e cando implique creación de emprego.

Os beneficiarios deberán solicitar a bonificación no momento da solicitude de licenza ou presentación da declaración responsable ou comunicación previa, achegando un compromiso do número dos novos postos de traballo que se vaian crear.

O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Esta circunstancia deberá ser acreditada ante os servizos urbanísticos no prazo máximo de 1 mes dende o outorgamento da licenza de primeira ocupación coa presentación dos contratos de traballo e as altas na seguridade social dos novos postos de traballo creados. No caso de comunicación previa ou declaración responsable, este prazo computarase dende a data que o beneficiario sinale como de finalización das obras na súa declaración ou comunicación. O non cumprimento deste requisito dará lugar ao inicio do correspondente expediente de reintegro.

B.-)

Establécese unha bonificación de ata o 95 % para as construcións, instalacións, ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas que xustifiquen tal declaración, regulada no artigo 103.2.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

C.-)

En ambos casos corresponde ao Pleno do Concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal e o outorgamento das anteriores bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con anterioridade é realización do feito impoñible.

Artigo VI. Base impoñible

A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra. Enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.

Para o cálculo da base impoñible a determinar na autoliquidación terase en conta o orzamento presentado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no anexo desta ordenanza.

Non forman parte da base impoñible:

¿ O imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réxime especiais.

¿ As taxas, prezos públicos de demais prestacións de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construción, instalación ou obras.

¿ Os honorarios profesionais.

¿ O beneficio empresarial do contratista.

¿ Calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.

Artigo VII. Cota tributaria

1. A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

2. O tipo de gravame queda fixado no 2,6 por cento.

Artigo VIII. Devindicación

1. O imposto devindícase no intre de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivese a correspondente licenza, ou non se presentase a comunicación previa ou declaración responsable.

2. Para os efectos deste imposto, entenderanse en todo caso iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario:

a) Cando teña sido concedida a preceptiva licenza municipal ao cumprirse un mes dende a data de notificación da concesión desta.

b) Cando non teña sido concedida a preceptiva licenza municipal cando se efectúe por parte do suxeito pasivo calquera clase de acto material ou xurídico tendente á realización das construcións, instalacións ou obras.

Artigo IX. Normas de xestión

1. O imposto esixirase en réxime de autoliquidación.

Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto no impreso habilitado para tal efecto polo Concello, que deberá ser presentado polo interesado xunto co xustificante de ingreso nas contas municipais da cota resultante nos seguintes prazos determinados en función do procedemento de tramitación da licenza:

a) No momento de presentar comunicación previa ou declaración responsable.

b) No prazo dun mes dende a notificación da concesión da licenza.

c) No caso de que non se teña solicitado, concedido ou denegado expresamente a licenza, ou presentado comunicación previa ou declaración responsable, a autoliquidación xunto co xustificante de ingreso deberá presentarse no prazo dun mes dende o inicio da instalación, construción ou obra.

2. A autoliquidación regulada no apartado anterior terá o carácter de liquidación provisional e deberá practicarse tomando como base impoñible a seguinte:

a) O orzamento de execución material achegado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.

b) Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta ordenanza ou de acordo co orzamento presentado polos interesados cando este resultase superior.

3. Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa terminación, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina xestora do imposto unha declaración responsable do custo real e efectivo das obras, achegando no suposto de obras e instalacións ¿maiores¿, unha liquidación definitiva, asinada polo director das obras, visada polo Colexio Oficial correspondente.

Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación e, no seu caso, cuantificación, polos servizos técnicos municipais, practicará a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que, no seu caso, resulte das diferenzas existentes nas respectivas bases impoñibles.

4. No caso de que se modificase o proxecto inicial das construcións, instalacións ou obras e se incrementase o orzamento, con independencia da necesidade de presentar comunicación previa ou declaración responsable ou obter a preceptiva licenza urbanística municipal, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar unha nova autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

5. No suposto de que non se inicien ou non se executen integramente as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución das cotas do ICIO satisfeitas e correspondentes á base impoñible das non realizadas, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada caducada mediante resolución administrativa firme e teñan transcorrido os prazos para a interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo contra a dita declaración de caducidade. Igualmente terá dereito á devolución do ingresado unha vez formule expresa renuncia nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.

6. As devolucións, cando procedan, axustaranse ao procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.

7. Cando a autoliquidación fose presentada e pagada aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento achegado, o Concello poderá practicar e notificar unha liquidación complementaria pola cantidade que proceda.

Asemade, poderá practicar unha liquidación complementaria no suposto de que os servizos técnicos municipais, constaten que o presuposto achegado non se axusta aos valores reais.

Cando os suxeitos pasivos non teñan efectuado o pagamento da correspondente liquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, seguirase a vía de constrinximento, para os efectos de recadar as cotas tributarias resultantes.

Artigo X. Infraccións e sancións

Para todo o relativo á cualificación e infraccións tributarias e a imposicións das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición derrogatoria

Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras deste Concello.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o e entrará en vigor e será de aplicación ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

ANEXOS

Anexo I

Manual para obter o presuposto de execución material dunha edificación aplicable á ordenanza fiscal reguladora de taxas pola prestación de servizos urbanísticos e á ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras

I) Normas xerais: criterios de valoración

a) Un traballo considerarase incluído no punto que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, e incluiranse naquel as superficies con destinos minoritarios. Soamente se dividirán en varios puntos cando un dos destinos minoritarios ocupe unha superficie maior do 20 % do total, nese caso valorarase independentemente.

b) A superficie total construída é a suma da superficie de cada unha das plantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas liñas perimetrais das fachadas, tanto exteriores como interiores, e os eixes de medianeiras compartidas, se é o caso.

II) Estimación simplificada dos presupostos de execución material da edificación

a) Definicións:

Mb.- Módulo básico

Mc.- Módulo de construción ou de referencia.

S.- Superficie total construída en m²

Si.- Superficie construía por uso de acordo co destino predominante dela.

Ct.- Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación

Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación

PEMB.- Presuposto de execución material segundo módulos básicos.

PEM.- Presuposto de execución material do proxecto.

b) Valores de aplicación.

5. Módulo básico (Mb) 398,81 €/m²

6 Superficie construída por uso (Si)

· Un traballo considérase incluído na alínea que lle corresponde de acordo co uso predominante da superficie; inclúese naquel as superficies con destinos minoritarios, tal e como se especifica no punto dese anexo I- a

7 Coeficiente tipoloxías (Ct)

1 En edificacións de nova planta e adicións:

· 1,20.- Edificación illada ( 4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada

· 1.10.- Agrupación en fila ou fileira

· 1,00.- Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta vivenda colectiva

2 En obra de reforma e rehabilitación:

· 1,20.- Rehabilitación total que inclúe desmontaxe de fachadas.

· 1,00.- Adecuación interior de plantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas

· 0,65.- Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estrutura existente

· 0,50.- Reforma de elementos estruturais.

· 0,35.- Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpintería e pechamentos (aplicada á superficie de fachada)

· 0,30.- Reforma de pouca entidade que non afecten a elementos estruturais nin a instalacións (acabados interiores)

· 0,02.- Demolicións e derribamentos (aplicada á superficie total das plantes que se derriban)

8 Coeficiente de usos (Cu)

1 Edificación:

1. 1,30.- Saldas de festas. Discotecas. Hoteis. Casas rurais

2. 1,20.- Locais bancarios. Residencias 3.ª idade. Centros de día. Tanatorios. Matadoiros

3. 1,10.- Vivenda. Hoteis ata 2 estrelas. Moteis

4. 1,00.- Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Restaurantes, piscinas cubertas

5. 0,90.- Bares.

6. 0,65.- Local comercial. Establecementos comerciais industria escaparate

7. 0,50.- Piscinas descubertas. Cemiterios

8. 0,40.- Garaxes e aparcadoiros. Estacións de servizo

9. 0,35.- Locais sen uso específico. Soportais e terrazas abertas

10. 0,30.- Almacéns. Instalacións deportivas descubertas. Granxas

11. 0,15.- Acondicionamento de naves con obras mínimas.

12. 0,10.- Proxectos de urbanización ( adscritos á edificacións). Parcelas cámpings

c) Obtención do presuposto de execución material segundo módulos básicos (PEMB)

O custo da execución material de todo tipo de edificación obterase en función do módulo de construción Mc, e da superficie construída para cada uso, de acordo coas seguintes fórmulas:

· Módulo de construción : Mc = Mb x Ct x Cu

Nos casos en que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou aos usos antes definidos, aplicarase a media entre os que máis se asemellan.

. Presuposto de execución material segundo módulos básicos PEMB = sumatorio (Mci x Si)

Mci = Módulo de construción que corresponda, de acordo co destino predominante da superficie

Si = Superficie construída que corresponda, de acordo co destino predominante dela

Este presuposto así obtido será o presuposto de referencia para o cálculo de autoliquidación.

FOLLA DE AVALIACIÓN

Suxeito pasivo:

Enderezo:

DNI/CIF:

Tfno.:

Tipo de obra:


Obtención do presuposto de referencia segundo módulos básicos orientativos PMB



Plantas

Superficie construída

Módulo básico Mb

Tipoloxía Ct

Uso Cu

Módulo Mc

Presuposto parciais

Núm.

Uso.

Superficie

 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


Total superficie:

 


Presuposto de referencia:

 



Abegondo, ..................de .............................. do ..........................

O interesado

Asinado:

 

Anexo II

Custo de execución de obras menores, aplicable á ordenanza fiscal reguladora de taxas pola prestación de servizos urbanísticos e á ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras

A. SOBRE A SUPERFICIE COMPUTABLE (módulos)

.M² construción dun galpón ou alpendre 168,83.- €

.M² Obras de reforma en:

· Vivendas 258,87.- €

· Oficinas 282,72.- €

· Locais comerciais 329,69.- €

· Locais de hostalería 484,12.- €

B.- SOBRE UNIDADES DE OBRA (prezos unitarios )

1.-

M² nivelación terreos

2,15.-€

37.-

M² revestimento monocapa para exteriores

14,27.- €

2.-

M² escavacións de terras

4,77.- €

38.-

M² substitución de acabado de cuberta pesada tipo tella

49,11.-€

3.-

M³ recheo e compactado de terras

3,69.- €

39.-

M² substitución de acabado de cuberta lixeira tipo fibrocemento

23,57.- €

4.-

M3 . de apertura de gabias

34,59.- €

40,.

M² de impermeabilización

17,83.- €

5.-

M3 . encanamento enterrado

46,97.- €

41.-

M² canón

13,87.- €

6

U. pozo de auga

2.197,89.- €

42.-

M baixantes

16,87.- €

7.-

M³ depósito de auga

164,04.- €

43.-

U. rede interior auga fría e quente

609,20.-

8.-

U. instalación de fosa séptica

1.449,39.- €

44.-

U. instalación completa de calefacción en vivenda

4.183,19.- €

9.-

M² demolición de tabiques ou apertura de ocos

5,99.- €

45.-

U. instalación da rede eléctrica en vivenda

2.152,50.- €

10.-

M² demolición e cubertas

4,61.- €

46.-

Instalación de ascensor en edificio

9.800,00.-€

11.-

M² demolición de falsos teitos

2,38.- €

47.-

U. lavabo

170.56.- €

12.-

M² picado de masas ou azulexados

5,34.- €

58.-

U. bañeira

186,81.- €

13.-

M² picado e levantado de pavimentos

6,84.- €

49.-

U. bidé

146,20.- €

14.-

M² tabique de ladrillo

13,69.- €

50.-

U. inodoro

162,45.- €

15.-

M² tabique pladur

25,97.- €

51.-

M² toldo

91,55.- €

16.-

M² enfuscado mestreado e alisado

10,95.- €

52.-

M² marquesiña

274,95.- €

17.-

M² falso teito de escaiola

16,33.- €

53.-

M² rótulo opaco

404,51.- €

18.-

M² pavimento de cemento ou terrazo

20,87.- €

54.-

M² rótulo luminoso

560,05.- €

19.-

M² pavimento de gres, PVC ou moqueta

31,51.- €

55.-

M² carteleira publicitaria, valos, lonas e monopostes anunciadores

41,82.- €

20.-

M² chan de madeira

43,13.- €

56.-

U. instalación grúa

1.514,90.- €

21.-

M² pavimento de pedra ou mármore

77,64.- €

57.-

M2. peche de postes con aramado

13,07.- €

22.-

M. banzo (chanzo)

20,14.- €

58.-

M² peche de tea metálica con postes

13,95.- €

23.-

M² azulexado

32,05.- €

59.-

M² cerrume con bloque de formigón

27,29.-€

24.-

M² chapeado de pedra ou mármore

83,21.- €

60.-

M² cerrume con bloque acabado especial

46,93.- €

25.-

M² panelado de madeira

29,78.- €

61.-

M2 . cerrado de chantos

31,82.- €

26.-

U. porta blindada de madeira

870,40.- €

62.-

M2 cerrume con bloque e tea metálica

42,13.- €

27.-

M² substitución carpintería de madeira

159,85.- €

63.-

M³ cerrume con cachotería, pedra ou lousa

369,58.- €

28.-

M² substitución carpintería de aluminio

202,66.- €

64.-

M² peche metálico

69,83.- €

29.-

M² substitución carpintería de PVC

209,92.- €

65.-

M² peche fundición

111,27.- €

30.-

M² substitución carpintería metálica

86,47.- €

66.-

M² porta entrada a parcela: metálica

fundición

109,64.- €

251,81.-€

31.-

M² Peche metálico de seguridade (reixas)

120,15.- €

67.-

U. entrada a parcela, incluída canalización

470,27.- €

32.-

M² acristalamento con vidro normal

41,39.- €

68.-

M² reposición de beirarrúas

47,04.- €

33.-

M² acristalamento con cidro ¿Climalit

93,39.- €

69.-

M. execución gabia

61,73.- €

34.-

M² acristalamento con vidro de seguridade

147,31.- €

 


 


 


35.-

M² limpeza e rexuntado fachadas pedra - granito

7,07.- €

 


 


 


36.-

M² pintura exteriores

7,72.- €