Tordoia - Ordenanza fiscal núm. 13, reguladora do prezo público pola prestación do servicio público da piscina municipal

Publicación provisional: 30/05/2025 BOP Nº: 102
Publicación definitiva: 04/07/2025 BOP Nº: 126
Aplicable dende: 04/07/2025

Artigo 1º.- Concepto

De conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Tordoia establece o prezo público pola prestación do servizo público de utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2º.- Obrigados ao pago

Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza aquelas persoas que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior, tal e como establece o artigo 43 da Lei 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 3º.- Contía

A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada na tarifa expresada no apartado seguinte:

1) ENTRADA XERAL:

Prezo da entrada na piscina ¿¿¿¿ 2,00 €

Menores de 7 anos..............................Gratis

2) BONOS PARA EMPADROADOS :

a) Bono Individual (tempada): 0 €

b) Bono familiar (tempada): 0 €

A cativada menor de 7 anos poderá entrar gratis, sempre que estén acompañados.

A condición de empadroado deberá acreditarse previamente nas instalacións para poder ter dereito aos beneficios derivados desta condición.

A condición de abonado adquirirase tras o pagamento do prezo correspondente.

Artigo 4º.- Obriga do pago

1) A obriga do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se presta ou se realiza calquera dos servizos ou actividades especificados nos artigos anteriores.

2) O pago do prezo efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina municipal.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza foi aprobada por Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 26/05/2025 e entrará en vigor ó día da súa publicación no boletín oficial da provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Entrando en vigor ao dia seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.