Coirós - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE CAMPAMENTO DE VERÁN CONCILIA

Publicación provisional: 20/05/2025 BOP Nº: 94
Publicación definitiva: 10/07/2025 BOP Nº: 130
Aplicable dende: 10/07/2025

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

De conformidade co disposto nos artigos 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e os artigos do 15 ao 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Coirós establece a taxa polo servizo de campamento de verán ¿Concilia¿, que se rexerá por medio de Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a asistencia a campamento de verán organizados polo Concello de Coirós.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Están obrigados ao pago da presente taxa os suxeitos pasivos que soliciten ou se beneficien do servizo prestado polo Concello. Tratándose de menores de idade, virán obrigados ao pago da taxa os pais, titores ou responsables legais ou de feito dos nenos e nenas que soliciten ou se beneficien dos mesmos.

Artigo 4º.- Tarifas.

A contía da taxa regulada na presente Ordenanza para o servizo de campamento de verán será de 30,00 euros en concepto de matrícula mensual.

Artigo 5º.- Bonificacións.

Poderánse solicitar as seguintes bonificacións:

a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, bonificación dun 20 por cento.

b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, bonificación dun 20 por cento.

c) Cando asistan a este centro varios irmáns, bonificación dun 20 por cento por cada neno/a atendido/a.

Estas bonificacións non serán acumulables en caso de concorrer máis dunha circunstancia na mesma praza.

Artigo 6º.- Pagamento.

A taxa regulada na presente Ordenanza fiscal devéngase no momento en que se inicie a solicitude da prestación do servizo.

Artigo 7º.- Administración e cobranza.

1. A cobranza da taxa a que se refire o artigo 4º da presente Ordenanza realizarase mediante sistema de ingreso na entidade bancaria e número de conta que a tesourería municipal facilitará para o efecto no momento de convocarse a inscrición de matrículas.

2. A falta de pagamento da taxa regulado na presente Ordenanza, será motivo de exclusión automática dos servizos prestados.

3. Unicamente accederán ao campamento os que acrediten o pago e a inscrición ao mesmo.

Artigo 8º.- Número de prazas.

O número de prazas e o período dos campamentos de verán determinaranse anualmente na convocatoria dos mesmos, e realizaranse preferentemente durante os meses de xullo e agosto.

Para a inscrición aos mesmos deberá presentarse xunto coa solicitude a seguinte documentación:

¿ Fotocopia do D.N.I.

¿ Fotocopia da cartilla ou tarxeta da Seguridade Social.

Artigo 9º.- Vacantes e xestión de lista de espera.

As vacantes que se produzan durante os campamentos cubriranse coa lista de espera por rigorosa orde de presentación de solicitudes, trala aplicación dos criterios establecidos na convocatoria.

Artigo 10º.- Cancelación do servizo.

O Concello de Coirós resérvase o dereito de poder cancelar a prestación do servizo de campamento de verán se non existe un número mínimo de participantes.

Artigo 11º.- Obrigación de pago.

A obrigación de pagar a taxa nace desde que se produza a inscrición do menor para a prestación do servizo especificado, considerándose que nese momento prodúcese a aceptación das condicións de prestación do servizo e o compromiso de asistencia. A inasistencia total ou parcial ás actividades non será causa de devolución das cantidades pagas.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e continuará vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación. En caso de modificación parcial desta Ordenanza fiscal, os artigos non modificados continuarán vixentes.