Santa Comba - PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, NOS PERÍODOS VACACIONAIS ESCOLARES DE VERÁN LÚDICO E NADAL LÚDICO, E OUTRAS ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN

Publicación provisional: 27/05/2025 BOP Nº: 99
Publicación definitiva: 14/07/2025 BOP Nº: 132
Aplicable dende: 15/07/2025

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello de Santa Comba quere contribuir ao fomento da conciliación da vida familiar e laboral con servicios que axuden á veciñanza no exercicio das súas actividades e no cumprimento das súas tarefas e obrigas.

En conformidade co artigo 127, en relación co disposto no capítulo VI do Título I do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Santa Comba procede a regular mediante a presente ordenanza o establecemento dos prezos públicos, que constitúen a contraprestación económica pola utilización dos servicios de conciliación nos períodos vacacionais escolares.

ARTIGO 1º.- OBXECTO

Os servicios obxecto do presente prezo público están constituídos pola realización de actividades dirixidas a nenas/os de infantil e primaria do Concello de Santa Comba, que durante os períodos de vacacións escolares permitan ás nais e pais, titores, representantes legais das/os menores ou familia acolledora, no seu caso, a conciliación da vida familiar e laboral, contribuíndo á educación e á ocupación do tempo libre e de lecer.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

O feito impoñible está constituido polo uso dos seguintes servicios:

1.- ¿Verán Lúdico¿:

Levarase a cabo durante as vacacións de verán, meses de xullo e agosto e a primeira quincena de setembro de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30h.

Consiste en actividades de lecer e tempo libre. Desenvolverase por quendas:

¿ 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo

¿ 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo

¿ 3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto

¿ 4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto.

¿ 5ª quenda: do 1 ao 15 de setembro. En caso de que a data oficial de comezo do curso escolar sexa anterior ao 15 de setembro só se tributará polos días efectivos de prestación do servizo.

2.- ¿Nadal Lúdico¿:

Realizarase durante as vacacións de nadal de luns a venres, en horario de 8:30 a 14.30h.

Consiste en actividades de lecer e tempo libre relacionadas coa época de Nadal.

3.- ¿Outras actividades de conciliación¿:

Tales como obradoiros, campamentos, etc, que teñan por obxecto principal o fomento da conciliación familiar e laboral.

Os días do calendario laboral marcados como festivos estatais, locais e autonómicos non se prestarán os servicios.

ARTIGO 3º.- PERSOAS OBRIGADAS AO PAGAMENTO

Están obrigados ao pagamento dos prezos públicos quen se beneficie dos servicios municipais de conciliación. Entendéndose como tales os pais e nais ou no seu caso a titora/titor, persoa acolledora ou representante legal das/os menores que fagan uso dos servicios sinalados no artigo anterior.

En caso de baixa no servizo a solicitude de baixa deberá facerse por escrito presentado no rexistro xeral do concello con 5 días de antelación ao inicio do servizo.

ARTIGO 4º.- IMPORTE DOS PREZOS PÚBLICOS

As tarifas do prezo público para cada servicio son as seguintes:

¿ ¿Verán Lúdico¿: 50 € por quenda.

A 5ª quenda (do 1 ao 15 de setembro) será rateable por días, se a actividade ten unha duración menor aos 15 días debido ao comezo do curso escolar segundo o calendario que no seu día publique a Xunta de Galicia a través da Consellería correspondente.

¿ ¿Nadal Lúdico¿: 50 €

¿ ¿Outras actividades de conciliación¿: 30 € por quincena, sendo rateable por días, se a actividade ten unha duración menor aos 15 días.

O prezo dos servicios para anos sucesivos poderá ser obxecto de revisión por parte do Concello seguindo o procedemento correspondente.

ARTIGO 5º.- EXENCIÓN E BONIFICACIÓNS

As tarifas do artigo 4º da presente ordenanza poderán ser obxecto de exención ou bonificación de acordo co seguinte:

1. Exención:

A emisión dun Informe Social do departamento de Servicios Sociais que indique a necesidade do servicio sen que haxa posibilidades económicas para aboar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.

2. Bonificacións:

A solicitude de bonificación deberá facerse conxuntamente coa solicitude de inscrición no servicio aportando a documentación que en cada caso acredite a situación. Os/as solicitantes deberán indicar se desexan utilizar igualmente o servizo en caso de denegación da bonificación.

Para o caso de que se acceda ao servizo a pesar de non cumprir requisitos, debido a existencia de prazas vacantes, estes beneficiarios non terán dereito a bonificación.

BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS

A) Situación socio-familiar

Puntos

-Dúas ou mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar

4

-Familia numerosa

3

-Familia monoparental

3

-Familia vítima de violencia de xénero

2

-Familias con persoas maiores a cargo

2

-Familias con persoas con discapacidade a cargo

2

-Familias con persoas dependentes a cargo

2

-Familias acolledoras

2

B) Situación económica (Renda per cápita)

 


-Menor ou igual ao 75% do IPREM (12 meses)

5

-Menor ou igual ao 125% do IPREM (12 meses)

4

-Menor ou igual ao 175% do IPREM (12 meses)

3

-Superior ao 175% do IPREM (12 meses)

2


Será necesario acadar puntuación en ambos apartados A) e B) para poder ser bonificable. A bonificación que se aplicará determinarase en función da suma dos puntos dos apartados A) e B) recollidos na táboa anterior e conforme o seguinte:

PUNTUACIÓN

REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA

Mais de 10 puntos en adiante

50%

De 8 a 10 puntos

25%

Menos de 8 puntos

10%


A efectos da aplicación destas bonificación enténdese por:

- Unidade familiar: o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convivencia cando constitúan núcleos estables de vida en común. Acreditarase co libro de familia ou certificado de nacemento do todos os fillos xunto co certificado de empadroamento da unidade familiar.

- Renda per cápita: indicador económico que se refire ao promedio de ingresos percibidos por cada membro dentro dunha unidade familiar.

a) Para o cálculo da renda per cápita sumaranse os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar maiores de idade e dividirase o importe obtido entre o número de membros que formen a unidade familiar.

b) A determinación da capacidade económica efectuarase en base aos datos do exercicio fiscal máis recente que estea en disposición de ofrecer a Axencia Tributaria (AEAT), sumando os importes dos cadros base impoñible xeral e base impoñible do aforro de cada membro maior de idade da unidade familiar, para o que se aportará a correspondente declaración de IRPF.

c) No caso de que algún dos membros maiores de idade da unidade familiar non tivera presentado declaración do IRPF no exercicio que se estea a valorar, sumaranse os ingresos minorando os mesmos co total dos gastos de carácter deducible que figure no certificado emitido pola Axencia Tributaria (AEAT).

d) No caso de separación dos proxenitores, que se acreditará mediante sentenza xudicial, baixa no rexistro de parellas de feito de ser o caso ou convenio regulador de medidas paterno filiais aprobado, considerarase o importe anual recibido polo cónxuxe custodio polos conceptos de pensión alimentaria e/ou compensatoria no periodo que se estea a valorar, agás demanda por impagamento. Cando o proxenitor/a custodio declare que o outro/a proxenitor/a non colabora no sostemento do/a menor e non aporte medidas paternofiliais aprobadas aplicarase a tarifa máxima. No caso de separación con custodia compartida, valorarase a renda dos dous proxenitores.

- Familia numerosa: definidas segundo a Lei 40/2003 de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas en concordancia co Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de proteción ás familias numerosas e a Lei 3/2011 de 30 de xuño de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

a) A condición de familia numerosa acreditarase mediante o título oficial e considerarase que existe dende a data de expedición do título que deberá estar vixente no momento da solicitude da bonificación.

b) Será preciso que no libro/s de familia consten todos os/as integrantes que figuren no título de familia numerosa.

- Familia monoparental: enténdese o núcleo familiar composto por unha única proxenitora ou proxenitor que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu sustento.

a) A condición de familia monoparental acreditarase mediante o certificado de familia monoparental expedido pola Xunta de Galicia que deberá estar vixente no momento da solicitude do servicio.

- Familia vítima de violencia de xénero: definida segundo o disposto no artigo 17 ter da Lei 3/2011 de 30 de xuño de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

a) Acreditarase esta circunstancia por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007 de 27 de xullo galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

- Familias con persoas maiores a cargo: aquelas na cal conviva algún ou algunha ascendente maior de 65 anos que non teña rentas anuais superiores á cantidade que se fixe na lexislación reguladora do imposto sobre a renta das persoas físicas para aplicar o mínimo por ascendente.

a) O/a maior a cargo deberá estar empadroado/a no domicilio familiar un mínimo de 6 meses do ano fiscal que se valore e seguir empadroado/a no momento da solicitude.

b) O/a maior deberá ter 65 anos ou mais na data da solicitude.

c) Presentarase documentación que acredite o parentesco (libro familia, partida nacemento, etc) así como certificado de convivencia da unidade familiar e rentas anuais.

- Familias con persoas con discapacidade a cargo: aquelas na cal conviva algún ou algunha ascendente ou descendente que acredite un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, que non teña rentas anuais superiores á cantidade que se fixe na lexislación do imposto sobre a renta das persoas físicas para aplicar o mínimo por ascendente e descendente con discapacidade.

a) Esta circunstancia acreditarase mediante certificado de convivencia da unidade familiar no que conste a convivencia, un mínimo de 6 meses do ano fiscal que se valore e seguir empadroado/a no momento da solicitude do servizo, con algún ou algunha ascendente ou descendente que acredite un grado de discapacidade igual ou superior ao 33% e as rentas anuais non superiores ao indicado.

b) A condición de discapacidade deberá cumprirse na data da solicitude do servicio e acreditarase mediante certificado de recoñecemento de minusvalía.

- Familias con persoas dependentes a cargo: aquelas nas cales convivan persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia.

a) Esta circunstancia acreditarase mediante certificado de convivencia da unidade familiar no que conste a convivencia no momento da solicitude con algunha persoa que teña recoñecida a situación de dependencia para o cal deberá acompañar o certificado de recoñecemento de dependencia.

b) A condición de dependente deberá cumprila na data da solicitude do servicio.

- Familias acolledoras: Aquelas familias que acollen, de maneira temporal, a menores que por diversas razóns non poden vivir cos seus proxenitores. A representación legal do/a menor queda en mans da administración de cada Comunidade Autónoma; só a garda é exercida pola familia de acollida, que asume as obrigas de velar por él/ela, acompañalo/a, alimentalo/a, educalo/a e procurarlle unha formación integral.

a) Presentarase resolución pola que se recoñeza a condición de familia acolledora.

As circunstancias declaradas para ser bonificadas deberán acreditarse coa documentación indicada en cada caso e manterse durante a prestación do servicio.

A non presentación da documentación requerida dará lugar á denegación da exención ou bonificación.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias.

A omisión ou falsidade dos datos ou dos documentos achegados serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

A excepción do indicado para o caso das exencións, será requisito previo para a concesión dunha bonificación que o suxeito pasivo beneficiario non teña débedas pendentes do pagamento co Concello.

ARTIGO 6º.- OBRIGA DE PAGAMENTO

A obriga de pagamento dos prezos regulados nesta Ordenanza nace desde que se inicie a prestación dos servicios.

ARTIGO 7º.- NORMAS DE XESTIÓN E INGRESO DOS PREZOS PÚBLICOS

Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo mediante domiciliación bancaria na conta que a persoa solicitante do servizo deberá indicar no momento da solicitude de inscrición no mesmo. Os cobros realizaranse nos primeiros quince días do inicio da prestación do servizo.

A falta de pago suporá a baixa no servizo salvo causa xustificada.

Non poderán ratearse os importes por períodos inferiores aos establecidos no artigo 4.

ARTIGO 8º.- NOVAS INCORPORACIÓNS, AUSENCIAS E BAIXAS

Cando a solicitude de incorporación aos servicios, no caso de que queden prazas libres, se formule unha vez iniciados ditos servicios a cantidade a ingresar será polo importe total da quenda.

Cando se produzan faltas de asistencia ou ausencias, as mesmas non xerarán descontos ou deduccións da cantidade a ingresar.

No caso de causar baixa definitiva ou temporal, debidamente comunicada por escrito a través do rexistro xeral do concello, non terá dereito a ningunha devolución das cantidades aportadas ata ese momento.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente será publicada íntegramente no BOP e entrará en vigor ao día seguinte o da súa publicación, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derogación ou modificación expresa.