Oroso - ORDENANZA PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
ARTIGO 1º.- OBXECTO.
1.1.- O Concello de Oroso, facendo uso das facultades recoñecidas no artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e ao amparo dos artigos 41 e 127 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, establece o prezo público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar, cuxas normas reguladoras atópanse na presente Ordenanza.
ARTIGO 2º.- CONCEPTO.
2.1.- Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios do Servizo de Axuda a Domicilio, entendido como un servizo público de carácter local nos termos e condicións de intensidade que se regulan na Ordenanza municipal no Servizo de axuda no fogar do Concello de Oroso publicada no Boletín Oficial da Provincia número 4 de data 05/01/2018.
2.2.- O servizo comprenderá as dúas modalidades previstas na lexislación sectorial:
a) Modalidade de acceso directo a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia.
b) Modalidade de acceso polo sistema de libre concorrencia.
2.3.- Poderán integrarse, ademáis, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
ARTIGO 3. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.
3.1.- Estarán obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta Ordenanza os que se beneficien da prestación do servizo de axuda no fogar e en concreto das actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior, tendo tal condición:
a) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo.
b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar na modalidade de libre concorrencia.
3.2.- Para ser beneficiario do servizo estarase ao establecido na Ordenanza Municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Oroso cuxa aprobación definitiva foi obxecto de publicación no BOP número 4 de data 5 de xaneiro de 2018.
3.3.- Se o/a beneficiario/a do servizo non tivese plena capacidade de obrar, estarán obrigados ao pago quen ostente a súa representación legal.
ARTIGO 4. CONTÍA DO PREZO PÚBLICO.
4.1.- A contía do prezo público regulado na presente Ordenanza será determinado en termos prezo/hora.
4.2.- A tal fin o importe do prezo/hora queda establecido en 19 euros/hora para o servizo de libre concurrencia.
4.3.- No caso de usuarios do sistema de dependencia so se terá en conta aos efectos de comprobar o establecido no artigo 61.4 do Decreto 99/2012 do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais e o seu financiamento, xa que segundo dispón o mencionado artigo en ningún caso o importe da persoa beneficiaria poderá exceder do 90% do custo do servizo en termos prezo/hora.
4.4.- No caso dos usuarios do sistema de dependencia para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado (Decreto 149/2013, de 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo DOG número 182 de 24 de setembro de 2013):
Capacidade económica (referenciada ao IPREM) | Grado I de 20h a 37h | Grado II de 38h a 64h | Grado III de 65h a 94h |
Ata 100% | 0,00 / | 0,00% | 0,00% |
115,00% | 4,52% | 9,61% | 14,70% |
125,00% | 5,41% | 11,50% | 17,58% |
150,00% | 5,55% | 11,79% | 18,03% |
175,00% | 5,65% | 12,00% | 18,35% |
200,00% | 5,72% | 12,16% | 18,60% |
215,00% | 6,03% | 12,82% | 19,61% |
300,00% | 6,24% | 13,26% | 20,29% |
350,00% | 6,42% | 13,63% | 20,85% |
400,00% | 6,54% | 13,90% | 21,25% |
450,00% | 6,63% | 14,09% | 21,55% |
500,00% | 6,70% | 14,25% | 21,79% |
>500% | 6,76% | 14,36% | 21,97% |
4.5.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servicio.
4.6.- En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo /hora.
4.7.- No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | ||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | |||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % |
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao III | ||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=45 | |||
100,00 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % |
115,00 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % |
125,00 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % |
150,00 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % |
175,00 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % |
200,00 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % |
215,00 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % |
250,00 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % |
300,00 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % |
350,00 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % |
400,00 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % |
>400,00 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
4.8.- A efectos de aplicación do copagamento contemplado na táboa anterior no caso da modalidade de libre concorrencia establécense as seguintes equivalencias:
- Grado I: de 1 a 24 puntos.
- Grado II: de 25 a 49 puntos.
- Grado III de 50 a 74 puntos.
Dita puntuación será a incluída no modelo 2.a) da Ordenanza Municipal do servizo de Axuda no fogar do Concello de Oroso (BOP número 4 de data 05 de xaneiro de 2018).
4.9.- De conformidade co previsto no artigo 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se establece o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación de ditos importes en función das variacións no custe que supoña para o Concello a prestación do servizo e os límites previstos no artigo 44 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ARTIGO 5. EXENCIÓNS.
5.1.- De conformidade co establecido nos artigos 61 e 62 do Decreto 99/2012 do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais e o seu financiamento na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 63 de data 30 de marzo de 2012) estarán exentos do pago do prezo público regulado na presente ordenanza:
a) Aqueles usuarios/as cuxa capacidade económica sexa inferior ou igual ao 100% do IPREM no caso da prestación do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas.
b) Aqueles usuarios/as cuxa capacidade económica sexa inferior ao 0,80 do IPREM no caso da prestación do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia .
ARTIGO 6.- BONIFICACIÓNS:
6.1.- De conformidade co establecido no artigo 62 do Decreto 99/2012 do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais e o seu financiamento na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 63 de data 30 de marzo de 2012) na modalidade de libre concorrencia aplicaranse as seguintes porcentaxes ao custo do servizo en función da capacidade económica das persoas beneficiarias de acordo co establecido no artigo 21 da Ordenanza Municipal do servizo de Axuda no fogar do Concello de Oroso (BOP número 4 de data 05 de xaneiro de 2018):
CAPACIDADE ECONÓMICA PERSOAL | % APORTACIÓN |
Maior do 0,80 e menor ou igual a 100 % IPREM | 15% |
Maior do 100 % e menor ou igual a 150 % IPREM | 20% |
Maior do 150 % e menor ou igual a 175 % IPREM | 25% |
Maior do 175 % e menor ou igual a 200 % IPREM | 35% |
Maior do 200 % e menor ou igual a 215 % IPREM | 50% |
Maior do 215 % e menor ou igual a 250 % IPREM | 70% |
Maior do 250 % IPREM | 90% |
6.2.- En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do servizo na modalidade de libre concorrencia do 40% da súa capacidade económica. Poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
ARTIGO 7.- DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DO SISTEMA DE ATENCIÓN A PERSOAS USUARIAS DE DEPENDENCIA.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia .
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
ARTIGO 8.- DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA NO FINANCIAMENTO DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO
1.- No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
b) Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
ARTIGO 9.- AFECTACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS POLO COPAGAMENTO DOS SERVIZOS.
1.- De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de Oroso, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
ARTIGO 10. PERIODO IMPOSITIVO E NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO.
1.- O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.
2.- A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e o período impositivo será o mes natural.
ARTIGO 11. NORMAS DE XESTIÓN.
1.-Cando o usuario dentro do mes natural cambie de modalidade de prestación do servizo (de libre concurrencia a dependencia) emitaranse dous recibos correspondentes ao período de disfrute do servizo en cada unha das modalidades.
2.-O cobro das tarifas do precio público xestionarase a partires dun padrón constituído polos recibos comprensivos dos obrigados ao pagamento, tarifas aplicables coas bonificacións correspondentes e número efectivo de unidades de prestación do servizo no período impositivo. Dito Padrón será aprobado mensualmente dentro dos trinta días seguintes á finalización do período impositivo correspondente e publicándose anuncio no taboeiro municipal de edictos.
3.- O medio de pago ordinario será o de domiciliación bancaria nas contas sinaladas polos obrigados ao pago, producíndose o cargo dentro dos dez primeiros días dende a aprobación do Padrón correspondente.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.
1.- As horas aboadas serán as efectivamente realizadas no domicilio. A falta de dispoñibilidade ou ausencia dos usuarios no domicilio non comunicada nos prazos previstos no regulamento do servizo non suporá reducción nin exención da obriga de pagamento, así coma ao desestimento do servizo mentras non se formalice a solicitude de baixa correspondente por escrito ante o rexistro municipal, a cal causará efectos no período impositivo seguinte, non procedendo a devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.
2.- No prazo máximo de 4 meses contados dende a aprobación da presente Ordenanza procederase á revisión e actualización da determinación da capacidade económica dos usuarios do servizo na modalidade de libre concorrencia nos termos establecidos na mesma.
DISPOSICIÓN FINAL.
1.- A presente ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril Reguladora das bases do réxime local coa excepción do establecido nos artigos 4 e 6 da mesma que entrarán en vigor o 1 de novembro de 2025.