Consorcio Contraincendios Coruña - Ordenanza Fiscal nº 5 Reguladora da taxa por concorrencia ás probas selectivas para o ingreso de persoal do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de A Coruña

Publicación provisional: 31/07/2025 BOP Nº: 144
Publicación definitiva: 23/09/2025 BOP Nº: 181
Aplicable dende: 24/09/2025

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos arts. 133.2 e 142 da Constitución, da potestade atribuída pola Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local no seu artigo 4.1.b, e en exercicio das facultades atribuídas polo artigo 106 da citada norma, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 132 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, establécese a taxa por concorrencia ás probas selectivas convocadas polo Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de A Coruña, que se rexerá polos devanditos preceptos e por medio de Ordenanza Fiscal.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade técnica e administrativa conducente á selección de persoal funcionario e laboral entre quen solicite participar nas correspondentes probas de acceso convocadas por este Organismo.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.

Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas que soliciten participar na celebración das probas selectivas para o ingreso definitivo do persoal ao servizo deste Consorcio.

Artigo 4º.- Pagamento.

O pagamento da taxa, producirase pola inclusión nas listas de admitidos das correspondentes probas pero efectuarase o depósito previo do importe total dentro do prazo de presentación de solicitudes,

nos termos previstos no artigo 7 desta ordenanza fiscal.

Artigo 5º.- Beneficios fiscais.

Concederanse as exencións previstas expresamente nas leis ou as derivadas da aplicación dos Tratados Internacionais.

En relación ás tarifas, aplicaranse as seguintes bonificacións:

a) Cando o interesado sexa membro dunha familia numerosa de categoría xeral de acordo á normativa en vigor, aplicarase unha redución do 50% nas cotas.

O interesado deberá de achegar coa solicitude:

· Copia do título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma competente e que deberá de estar vixente o último día do prazo de presentación das instancias do proceso selectivo ao que se presente.

· Documento público de empadroamento ou convivencia da unidade familiar.

b) Cando o interesado sexa membro dunha familia numerosa de categoría especial de acordo á normativa en vigor, aplicarase unha redución do 50% nas cotas.

O interesado deberá de achegar coa solicitude:

· Copia do título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma competente e que deberá de estar vixente o último día do prazo de presentación das instancias do proceso selectivo ao que se presente.

· Documento público de empadroamento ou convivencia da unidade familiar

Artigo 6º.- Cota Tributaria.

A cota tributaria será a que corresponda ao grupo/subgrupo de adscrición ou asimilado da praza, ou categoría convocada a que se opte polo suxeito pasivo, segundo a seguinte táboa:

GRUPO/CATEGORÍA

EUROS

A1

32,10 €

A2

24,05 €

B

20,00 €

C1

16,10 €

C2

12,10 €

AP

9,65 €

SARXENTO-XEFE DE PARQUE

70,14 €

CABO-XEFE DE QUENDA

70,14 €

BOMBEIRO-CONDUTOR

70,14 €

Inscrición nos procesos selectivos convocados exclusivamente para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal (agás bombeiro-condutor, cabo-xefe de quenda e sarxento xefe de parque)

10,00 


Artigo 7º.- Normas de xestión.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.

2. Quen desexe participar nas probas selectivas deste Consorcio, deberán de realizar o ingreso da cota de acordo á presente ordenanza fiscal, antes de presentar a correspondente solicitude dirixida á Presidencia do Consorcio, sen cuxo pago non se iniciará actividade administrativa algunha e determinará a inadmisión do aspirante ás probas selectivas.

3. O contribuínte está obrigado a practicar a autoliquidación, debendo cumprimentar un modelo que estará a disposición dos interesados na sede electrónica do Consorcio.

4. O pagamento realizarase mediante ingreso na conta bancaria que se determine nas bases que rexan o proceso de selección.

5. A solicitude de participación no proceso selectivo deberá de ir acompañada do modelo de autoiquidación debidamente cumprimentado e do xustificante do abono da cota.

6. A taxa por inscrición en probas selectivas só será devolta cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, estas non se realicen. Non procederá por tanto a devolución nos supostos de exclusión das probas selectivas ou non participación por causas imputables ao interesado.

Artigo 8º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo a infraccións tributarias e á súa cualificación, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas na Lei Xeral Tributaria e o Real Decreto 2063/2004, de 15 de Julio, polo que se desenvolve o procedemento sancionador.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza aprobada polo Pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de A Coruña en sesión celebrada o 24.07.2025 e entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e continuará vixente mentres non se acorde a modificación ou derrogación.»