Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 17, reguladora da taxa por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, deportivas e análogas de titularidade municipal

Publicación provisional: 07/08/2025 BOP Nº: 149
Publicación definitiva: 26/09/2025 BOP Nº: 184
Aplicable dende: 26/09/2025

Artigo 1º.- Fundamentos de dereito

De acordo co previsto nos artigos 57 e 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (de aquí en diante TRLRFL), e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 do citado texto legal, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos e utilización das instalacións culturais, deportivas e análogas de titularidade municipal que se rexerán pola presente ordenanza.


Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servizos e utilización das instalacións culturais e deportivas especificados nas tarifas contidas no artigo 6.º da presente ordenanza.


Artigo 3º.- Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien da utilización ou dos servizos ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.


Artigo 4º.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria, responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias nas citadas entidades.

3. Os administradores das persoas xurídicas que non fagan os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias daquelas, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda exixible.

c) nos supostos de cese da actividade da sociedade, do importe das obrigacións tributarias pendentes na data do cese.

4. A responsabilidade exixirase en todo caso, nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria.


Artigo 5º.- Beneficios fiscais

. Para as actividades correspondentes ao epígrafe 1 contemplase as seguintes bonificacións:

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.

· Para as actividades correspondentes ao epígrafe 2 contémplanse as seguintes bonificacións:

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que pertenzan ao colectivo de persoas con 65 anos ou máis.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que pertenzan á mesma unidade familiar e o número total de inscricións sexa superior a 2 ou máis por unidade familiar.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que se inscriban a máis de 2 actividades.

· Para as actividades correspondentes ao epígrafe 4 contémplanse as seguintes bonificacións:

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que pertenzan ao colectivo de persoas cun grao de discapacidade superior ao 33%.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que pertenzan ao colectivo de persoas menores de 18 anos.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que pertenzan ao colectivo de persoas con 65 anos ou máis.

· Bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas nas Tarifas a aqueles suxeitos pasivos que estean en posesión do carné xove.

· Supostos de non suxeición e beneficios fiscais para os epígrafes 1 e 2.

· Non están suxeitos ao pago dos prezos públicos, as persoas propostas desde o Departamento de Servizos Sociais, que participan activamente en programas de intervención familiar ou inclusión social. O Departamento emitirá informe social para cada persoa proposta, que indique a idoneidade da súa participación na actividade, obradoiro, campamento ou curso, así como a súa situación familiar e económica.

· Gozarán dunha bonificación do 100% do importe da cota tributaria sinalada na epígrafe 3 as entidades deportivas e culturais sen ánimo de lucro que estean incluídas no Rexistro Municipal de Entidades, sempre que se considere que a actividade a desenvolver é de interese xeral para o municipio.

· Os distintos descontos recollidos na presente ordenanza terán carácter non acumulable entre si. No caso de que unha persoa ou unidade familiar cumpra os requisitos para acollerse a máis dun desconto, aplicarase exclusivamente aquel que supoña maior beneficio económico para o suxeito pasivo, sen que poidan acumularse entres si.

· Definición de unidade familiar a efectos de aplicación de descontos fiscais

Para os efectos da presente ordenanza, entenderase por unidade familiar aquela conformada por:

· A formada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese:

a. Os/as fillos/as menores de idade, agás que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan de maneira independente.

b. Os/as fillos/as maiores de idade, que estean cursando estudios e dependan economicamente dos seus proxenitores, ata unha idade máxima de 25 anos.

c. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente e sometidos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

· Na ausencia de vínculo matrimonial, a formada por:

a. Un proxenitor (pai ou nai), e

b. A totalidade dos/as fillos/as que reúnan os requisitos sinalados no apartado anterior e que convivan con el/ela.

Artigo 6º.- Cota tributaria

A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

Epígrafe 1: Actividades deportivas e culturais de verán. Tarifas

Actividade

Euros

Campamento Vimiverán

50€ / Quenda

Curso natación

15€ / Curso

Desconto Familia Numerosa

25%

Para poder beneficiarse do desconto por condición de familia numerosa, será requisito imprescindible acreditar tal condición mediante a presentación do título oficial de familia numerosa en vigor.

A documentación deberá presentarse no momento de solicitar o desconto e deberá estar vixente durante o período no que se pretenda aplicar a bonificación.

 


Epígrafe 2: escolas deportivas e culturais. Tarifas

Actividade

Euros / mes

Escola deportiva ou cultural (2 horas semanais)

10€

Escola deportiva ou cultural (1 hora semanal)

5€

Desconto xubilados

25%

Desconto aplicado a persoas xubiladas ou pensionistas. Será efectivo dende a primeira actividade na que se inscriba, sen que sexa necesario acadar un número mínimo de actividades nas que se inscriba.

 


Desconto Familiar

25%

Desconto por unidade familiar no caso de que o número total de inscricións supere as 2 actividades

 


Desconto por actividades

25%

Desconto aplicado a inscricións de un único usuario (non unidade familiar) no caso de que o número total de inscricións supere as 2 actividades

 


Desconto por Familia Numerosa

25%

Para poder beneficiarse do desconto por condición de familia numerosa, será requisito imprescindible acreditar tal condición mediante a presentación do título oficial de familia numerosa en vigor.

A documentación deberá presentarse no momento de solicitar o desconto e deberá estar vixente durante o período no que se pretenda aplicar a bonificación.

 


Epígrafe 3: utilización de instalacións municipais. Tarifas

Instalación

 


Euros

Pavillóns polideportivos

Uso libre

10€/h (ou fracción)

Uso con fins lucrativos

250€/día

Pista de pádel

Uso libre

5€/h

Casa da Cultura: Auditorio

Uso con fins lucrativos sen técnico de son

250€/día

Uso con fins lucrativos con técnico de son

500€/día

Casa da Cultura: Sala de conferencias

Media xornada (4 horas)

40€/ media xornada

Xornada completa (8 horas)

60€/ xornada compl.

Aula da natureza do Val de Baiñas

 


50€/ día

Local de Bamiro

 


50€/día

Escolas unitarias

 


25€/día

Centro social e cultural de Baiñas

 


25/día

A efectos do cobro das tarifas do epígrafe 3 defínense os tipos de uso previstos para as distintas instalacións:

· Uso libre: para a veciñanza de xeito individual ou en grupo que empregan as instalacións para a práctica deportiva (no caso das instalacións deportivas), cultural ou lúdica (para o caso das demais instalacións) sen ánimo de lucro, sen público e sen venda de entradas.

· Uso con fins lucrativos: para a organización de eventos deportivos, culturais ou lúdicos nos que existe venda de entradas, produtos ou calquera outra forma de ingreso derivado da actividade organizada.

Epígrafe 4: utilización do ximnasio. Tarifas

Para poder ser aboado/a da instalación, é requisito imprescindible estar en posesión dun NIF (Número de Identificación Fiscal) ou NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) válido. Este requisito é necesario para garantir a correcta identificación das persoas usuarias, facilitar a xestión administrativa e cumprir coa normativa vixente en materia fiscal e de control de accesos.

Tipo de abono

Euros / mes

Matrícula

10€

Abono individual adulto

20€

Persoas con 18 anos ou máis que usa a instalación sen limitacións de días e franxas horarias.

 


Abono individual matinal

15€

Persoa con 18 anos ou máis que usa as instalacións na franxa horaria de mañá (ata as 14:00)

 


Bonificacións de abonos

 


Bonificación xubilados

Desconto 25%

Persoa xubiladas ou pensionistas

 


Bonificación xuvenil

Desconto 25%

Persoa menor de 18 anos

 


Bonificación discapacitado

Desconto 25%

Persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

 


Bonificación Familia Numerosa

Desconto 25%

Persoa que está en posesión do título de Familia Numerosa

 


Bonificación Carné Xove

Desconto 25%

Abonados (ata 30 anos) que están en posesión do Carné Xove no momento de facer a matrícula

 


Entrada libre

Euros / sesión

Entrada libre adulto

3,50€

Entrada diaria que permite o uso das instalacións sen limitación horaria en dita xornada. Prezo establecido para persoas entre os 18 e 64 anos.

 


Entrada libre especial

2,50€

Entrada diaria que permite o uso das instalacións sen limitación horaria en dita xornada. Prezo establecido para persoas menores de 18 anos, persoas xubiladas ou pensionistas, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, ou persoas que teñen en vigor o Carné Xove ou o título de Familia Numerosa.

 


Adestramento de grupos reducidos

Euros / mes

Adestramento grupos reducidos (2 horas semanais)

8€ aboados

15€ non aboado

Adestramento de grupos reducidos en horario de pouca afluencia (horario de mañá, ata as 14h. e horario de tarde, ata as 18h).

Grupo mínimo de 5 persoas e máximo de 10.

Sesións de 60 minutos, 2 días semanais.

 


Adestramento grupos reducidos (3 horas semanais)

15€ aboados

20€ non aboado

Adestramento de grupos reducidos en horario de pouca afluencia (horario de mañá, ata as 14h. e horario de tarde, ata as 18h).

Grupo mínimo de 5 persoas e máximo de 10.

Sesións de 60 minutos, 3 días semanais.

 


Actividades dirixidas

Euros / mes

Outras actividades dirixidas (2 horas semanais)

10€ x actividade

Actividades dirixidas como complemento da oferta deportiva do ximnasio municipal (pilates, ioga e outras de similares características) na que poden inscribirse tanto persoas aboadas como non aboadas.

As persoas abonadas ao ximnasio terá preferencia sobre as non aboadas á hora de ocupar as prazas ofertadas para os distintos cursos.

 


Outras actividades dirixidas (3 horas semanais)

15€ aboados

20€ non aboado

Artigo 7.- Devengo e período impositivo

A taxa devengarase no momento no que se conceda a utilización das instalacións ou se preste o servizo correspondente.


Artigo 8.- Normas de xestión e ingreso:

·O usuario poderá formalizar o pago das seguintes formas:

· Nun único ingreso previo ao inicio da actividade. Neste caso deberá facer o pago nas oficinas municipais por medio da tarxeta de crédito, ou facer unha transferencia bancaria.

· Domiciliación bancaria mensual.

· A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará á persoa obrigada ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

· Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento, tivera alteracións na súa organización, por causas imputables a Administración.

· Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento non chegara a desenvolverse por causas imputables a esta Administración.

· No caso de que a persoa usuaria desexe darse de baixa do servizo, deberá solicitalo por escrito ante esta Administración para que deixen de emitirse os recibos correspondentes ata o remate do curso.

A solicitude de devolución deberá tramitarse conforme ao procedemento establecido na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección tributaria.

A baixa na actividade deberá ser comunicada formalmente cun mínimo de 5 días naturais de antelación respecto ao remate do mes en curso. No caso de non respectarse este prazo, entenderase que a persoa usuaria continúa inscrita e procederase ao cobramento da seguinte mensualidade, con independencia de que participe ou non na actividade durante ese período.

· Límite de actividades: establécese un límite máximo de 5 actividades por usuario no cómputo global das inscricións de actividades culturais e deportivas para as correspondentes ás indicadas no epígrafe 2.

· Inicio do curso non mensual: no caso de que o inicio da actividade non coincida co inicio dun mes natural, aplicarase a parte proporcional da cota mensual que corresponda polos días efectivamente prestados.

Usos con fins lucrativos: o uso con fins lucrativos estará suxeito á correspondente autorización administrativa, mediante resolución da Alcaldía ou órgano delegado, sen prexuízo doutras esixencias normativas que resulten de aplicación.