Bergondo - ORDENANZA N.º 13 REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL PÚBLICA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE, POLA ACOMETIDAÁ REDE XERAL DE ABASTECEMENTO E Á REDE XERAL DE SANEAMENTO, ASÍ COMO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE REDE DE SANEAMENTO E DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS DO CONCELLO DE BERGONDO

Publicación provisional: 05/11/2025 BOP Nº: 212
Publicación definitiva: 31/12/2025 BOP Nº: 250
Aplicable dende: 23/01/2026

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

No uso das facultades concedidas polo artigo 142 da Constitución e polo artigo 84.1 la Lei 7/85, do 2 de Abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e ó abeiro do disposto no artigo 20.6, en relación cos artigos 15 a 19 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto 2/2004 de 5 de marzo, e a disposición adicional primeira da Lei 58/2003 de 17 de decembr, Xeral Tributaria, este Concello establece a prestación patrimonial de carácter público no tributario, polo subministro de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, así como pola prestación do servicio de rede de saneamento e de depuración de augas residuais, que se regularán pola presente Ordenanza, por tratarse dun servizo municipal que se presta en réxime de concesión

ARTIGO 2º.- PRESUPOSTO DE FEITO.

Constitúen os presupostos de feito destas tarifas:

a) A prestación do servizo de subministro de auga potable que está reservado pola Lei en favor das Entidades Locais e considérase imprescindible para a vida privada dos usuarios do mesmo.

b) A realización das acometidas á rede xeral municipal de abastecemento ou á rede xeral de saneamento.

c) A prestación do servizo de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de saneamento municipal, e a conseguinte depuración das devanditas augas pola Depuradora de Augas Residuais. O servicio de evacuación de escretos, augas negras, residuais e pluviais e o servizo de depuración das mesmas na Depuradora serán de recepción obrigatoria, desde o momento da efectiva prestación do servicio, devengándose as tarifas correspondentes.

ARTIGO 3º.- OBRIGADOS Ó PAGO.

1.- Están obrigados ó pago, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario.

2.- Sen prexuizo do establecido anteriormente, poderase reclamar o pago ó propietario das vivendas ou locais, os que poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da tarifas.

ARTIGO 4º.- RESPONSABILIDADE SOLIDARIA E SUBSIDIARIA.

1. Responderán solidariamente das prestacións patrimoniais as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41.1 e 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades reguladas e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5º .- CONTÍA.

A contía da prestación patrimonial virá determinada polos m3 de auga consumida, verquida ou depurada.

No caso da realización das acometidas, a contía da prestación patrimonial virá determinada polos metros de distancia dende o límite da propiedade privada ata a rede xeral de abastecemento ou á de saneamento. O custo será por metro de acometida executada, e será un custo medio dacordo cos distintos diámetros da Rede de Distribución. Incluirá no mesmo, a execución da acometida, totalmente executada, e probada, dentro do dominio de uso público. Igualmente, a tarifa terá en consideración a reposición do pavimento existente no momento da sua realización.

ARTIGO 6º.- TARIFAS.

A contía das prestación patrimonial regulada nesta Ordenanza, será fixada polas tarifas seguintes:

A) Servizo de subministración de auga potable.

Subministración doméstica

a) Cota de mantemento do servizo 17,10 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,33 euros/m3

- De 31 m3 ata 60 m3 0,85 euros/m3

- > de 60 m3 1,40 euros/m3

Subministración Industrial:

a) Cota de mantemento do servizo 37,36 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,52 euros/m3

- De 31 m3 ata 100 m3 1,14 euros/m3

- > de 100 m3 1,65 euros/m3

Subministración Obras:

a) Cota de mantemento do servizo 38,00 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,44 euros/m3

- De 31 m3 ata 100 m3 1,14 euros/m3

- > de 100 m3 1,65 euros/m3

Subministración a comunidades de abastecemento de auga preexistentes á posta en funcionamento do servizo municipal da auga.

a) Cota de mantemento do servizo 18,98 euros

b) Cota de consumo: 0,67 euros/m3

B) Servizo de saneamento

Saneamento doméstico:

a) Cota de mantemento do servizo 2,53 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,26 euros/m3

- De 31 m3 ata 60 m3 0,52 euros/m3

- > de 60 m3 0,88 euros/m3

Saneamento industrial:

a) Cota de mantemento do servizo 8,88 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,38 euros/m3

- De 31 m3 ata 100 m3 0,64 euros/m3

- > de 100 m3 1,00 euros/m3

Saneamento Obras:

a) Cota de mantemento do servizo 8,88 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,38 euros/m3

- De 31 m3 ata 100 m3 0,64 euros/m3

- > de 100 m3 1,00 euros/m3

Saneamento sen auga:

a) Cota de mantemento do servizo 16,46 euros

C) Servizo de depuración:

Depuración doméstico:

a) Cota de mantemento do servizo 16,46 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,26 euros/m3

- De 31 m3 ata 60 m3 0,52 euros/m3

- > de 60 m3 0,88 euros/m3

Depuración industrial:

a) Cota de mantemento do servizo 115,85 euros

b) Cota de consumo:

- Hasta 30m3 0,64 euros/m3

- De 31 m3 ata 100 m3 1,14 euros/m3

- > de 100 m3 1,65 euros/m3

Depuración Obras:

a) Cota de mantemento do servizo 29,12 euros

b) Cota de consumo:

- Ata 30m3 0,34 euros/m3

- De 31 m3 ata 100 m3 1,05 euros/m3

- > de 100 m3 1,65 euros/m3

Depuración sen auga:

a) Cota de mantemento do servizo 26,59 euros

D .- Realización das acometidas (no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de abastecemento ou á de saneamento coincidirá exactamente co importe do presuposto material da obra, presupostado pola empresa concesionaria do servizo e aprobado polo Órgano Municipal Competente).

D.1.- Acometidas á rede xeral de abastecemento: O material empregado na súa realización será polietileno reticulado, apto para o uso alimentario, e cunha presión nominal de traballo de 10 atmósferas. Tódalas acometidas levarán como mínimo, unha chave de toma na beirarrúa, co seu correspondente rexistro e arqueta, que non poderá ser manipulada polo abonado, e outra chave situada inmediantamente antes do contador.

Os diámetros das acometidas, serán os seguintes: 3/4¿, 1¿, 1 1/4¿, 1 1/2¿ e 2¿, e determinaranse polo Servicio, en función do tipo e número de subministros que deberán de servirse da mesma.

No caso de ter que realizar, unha cometida de diámetro superior a 2¿, terá que facerse un presuposto, exclusivo para esa acometida, e non estará suxeito a esta tarifa.

So se realizará unha única acometida por cada edificio, ou vivenda unifamiliar, debendo ser distribuida a auga, desde ésta, mediante a correspondente batería de contadores, que deberá ter capacidade para cada unha das vivendas do edificio, ademais de, para cada 50 m2 de baixo, tal como indica a orde do 9 de Decembro de 1975 do Ministerio de Industria. Tendo en conta ademais, que no caso de vivendas da baixo e planta, será necesario poñer dous contadores, sempre que o baixo sexa usado como vivenda independente do piso, ou se realice calquera tipo de actividade industrial, ainda que ámbolos dous (baixo e piso), sexan do mesmo propietario.

No caso de non existir rede xeral de distribución no frente do domicilio solicitante, terá que ser feita unha extensión da rede xeral de distribución, ata acadar o domicilio de suministro. Dita extensión da rede de distribución non estará suxeita a esta tarifa, debendo ser reflexada esta circunstancia na solicitude do peticionario, co obxeto de realizar o presuposto da ampliación correspondente, condicionando a aprobación da solicitude á realización da extensión da rede xeral.

D.2.- Acometidas á rede xeral de saneamento: O material empregado na súa realización será PVC liso SN4 apto para sistemas de evacuación. Todas as acometidas irán dende una arqueta de inspección e limpeza, sita na beirarrúa e ao pé da propiedade do usuario, ata o pozo de rexistro (da rede xeral) existente nas inmediacións da parcela co obxecto de facilitar os traballos de limpeza da acometida. De non existir un pozo próximo á parcela terá que instalarse un novo salvo que existan condicións técnicas que impidan súa execución en cuxo caso se optará pola conexión directa á rede xeral a través dun enxerto tipo click.

Os diámetros das acometidas serán de 160 e 200 mm., e determinaranse, polo Servicio, en función do tipo e número de usuarios que deberán de servirse da mesma.

No caso de ter que realizar, unha cometida, de diámetro superior a 200 mm., terá que ser feito un presuposto, exclusivo para esa acometida, e non estará suxeito a esta tarifa.

A arqueta de inspección e limpeza, será cuadrada, de 40 x 40 cm., e servirá ademais, para que o usuario, acometa a toma da súa vivenda.

So se realizará, unha única acometida por cada edificio, portal, ou vivenda unifamiliar, debendo ser canalizadas interiormente as distintas baixantes de augas fecais, hacia unha toma común, tendo en conta ademais, que no caso de vivendas unifamiliares, compostas de baixo e planta, consideraranse dous abonados sempre que o baixo sexa usado como vivenda independente do piso, ou se realice, calquera actividade industrial, ainda que ámbolos dous (baixo e piso), sexan do mesmo propietario.

Non se poderán canalizar hacia a rede de saneamento, as baixantes de augas pluviais, reboses de pozos, manantiais ou calquera outro tipo de augas que non sexan de carácter residual doméstico.

Os talleres ou industrias, que empreguen no seu cometido, calquera tipo de hidrocarburos, ou sustancias consideradas altamente contaminantes, deberán de ter, de acordo coa normativa vixente, o seu correspondente tanque separador de aceites e grasas, ou sistema de depuración previa, estando totalmente prohibido, realizar ningún tipo de verquidos directos á rede de saneamento de calquera destes productos.

No caso de existir, na vivenda onde se vai a realizar unha acometida de saneamento, unha fosa séptica, ésta, como posible foco de contaminación, deberá de ser clausurada, de acordo coa normativa Sanitaria vixente, non puidéndose realizar ningún verquido, á rede Xeral, a través dela, e debendo por tanto, a acometida ser independente da mesma.

As tarifas serán as seguintes:

Á rede Xeral de abastecemento:

 


Diámetro da acometida

 


3/4

1

1 1/4

1 1/2

2

Mínimo (4m.):

459,02 euros

500,45 euros

561,79 euros

611,52 euros

758,98 euros

Por m. engadido:

91,17 euros

96,13 euros

97,77 euros

99,43 euros

114,35 euros

Á rede Xeral de saneamento (acometida e pozo):

 


Diámetro da acometida

 


160 mm.

200 mm.

Mínimo (4m):

633,99 euros

664,44 euros

Por m. engadido:

99,43 euros

107,38 euros

Dereitos de enganche ------------------------------- 99,43 euros

E.- Aplicación do I.V.E. As contías do presente artigo incrementaranse co IVE vixente no momento da realización da acometida ou o que sexa de aplicación á prestación dos demais servicios.

Os precios das presentes tarifas incrementaranse tódolos anos, con data 1 de Xaneiro, dacordo co I.P.C. resultante do ano anterior.

ARTIGO 7º.- CRITERIOS XENERICOS DE CAPACIDADE ECONÓMICA.

Ás tarifas indicadas no parágrafo anterior e referidas ó apartado D, aplicaráselles unha reducción do 50%, no caso de que os contribuíntes, persoas físicas que teñan escasez de recursos económicos ou persoas xurídicas sen ánimo de lucro ou con fins sociais ou benéficos, sempre que así o acredite un informe dos Servicios Sociais do Concello e previa solicitude individualizada en cada caso.

ARTIGO 8º.- DEVENGO.

1.- O prestación patrimonial considerarase devengada dende que naza a obriga de contribuir a teor do establecido no artigo 2º .

2.- No caso da tarifa polo subministro, devéngase o primeiro día de cada trimestre natural. Nos casos de alta, computarase o trimester natural completo nos que aquela se producira.

3.- No caso de acometida á rede xeral de abastecemento ou saneamento, devéngase a tarifa e nace a obriga de contribuir no momento no que se autoriza polo órgano competente a execución da acometida correspondente á solicitude de licencia de enganche formulada polo suxeito pasivo, ou dende que teña lugar a acometida efectiva se se levase a cabo sen autorización.

ARTIGO 9º.- EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS FISCAIS LEGALMENTE APLICABLES.

De conformidade co disposto no artigo 9.1 do Texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, non se recoñecen outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación do Tratados Internacionais.

ARTIGO 10º.- LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN.

1.- As liquidacións polo subministro de auga potable serán aprobadas rematado cada trimestre natural polo órgano competente do Concello, unha vez confeccionados os correspondentes padróns polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas de contadores do devandito período. O cobro dos recibos realizarase nas oficinas do Servicio ou ben mediante xestión bancaria. Anualmente elaborarase un padrón xeral de abonados que sera aprobado polo Pleno Municipal e que sera exposto ó público para posibles reclamacións.

2.- A liquidación da tarifa pola acometida á rede xeral de abastecemento e de evacuación ou saneamento, será aprobada polo órgano competente do Concello simultáneamente ó outorgamento da licencia de enganche e baseándose no presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio. A recadación levarase a cabo polo concesionario do servicio, unha vez realizada a notificación ó suxeito pasivo segundo o disposto no art. 102.2 da Lei Xeral Tributaria. O prazo para o ingreso no período voluntario será o previsto no art. 62.2, 62.3 e 62.4 da Lei Xeral tributaria.

3.- As liquidacións pola prestación dos servizos de rede de saneamento e depuración de augas residuais serán aprobadas polo órgano competente do Concello, unha vez confeccionados os correspondentes padróns polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas de contadores do devandito período. O cobro dos recibos realizarase nas Oficinas do Servicio ou ben mediante xestión bancaria. Anualmente elaborarase un padrón xeral de abonados que sera aprobado polo Pleno Municipal e que sera exposto ó público para posibles reclamacións.

4.- Dada a unidade de xestión e mantemento dos servicios integral da auga, rede de saneamento e depuración, poderase expedir un recibo único que incorpore a facturación trimestral das correspondentes tarifas.

Os usuarios do servizo de saneamento e depuración que non o sexan do servizo de abastecemento da auga pagarán a cuota trimestral, segundo a tarifa establecida no artigo 6 desta Ordenanza, para os citados supostos.

5.- No caso de paralización ou avaría dun contador, que as súas indicacións non poidan servir de base para unha liquidación correcta, liquidarase o consumo con arreglo ó que se producira en igual periodo no ano anterior. De non existir este dato, tomaráse a media aritmética dos dous trimestres inmediatamente anteriores.

ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

No tocante a calificación das infraccións e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable que a desenrola.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A presente Ordenanza derroga a aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 27 de novembro de 2024, publicada definitivamente no BOP núm.19 de data 29 de xaneiro de 2025.

O que se publica para coñecemento xeral, tendo transcorrido xa o prazo previsto nos artigos 65.2 en relación co 56.1 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.