Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO DE AUGA.

Publicación provisional: 18/12/2025 BOP Nº: 242
Publicación definitiva: 13/02/2026 BOP Nº: 30
Aplicable dende: 13/02/2026

Artigo 1. Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da lei 39/1988 de 28 de decembro regulador das facendas locais, este concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.-

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servizos a que se refire esta ordenanza.

Artigo 4. Responsables.-

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os coparticipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da lei xeral tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da lei xeral tributaria

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria .-

A base impoñible estará constituída por:

- As acometidas á rede xeral : o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual .

- No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo.

- A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nos seguintes tarifas:

- A) TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

Abonados domésticos

 


 


Tarifa servizo

E&D

Canon Concello

 


 


€/ab.mes

€/ab.mes

€/ab.mes

Cota fixa

 


5,236

4,092

1,144

Consumo

 


 


 


 


1º Bloque

0 a 10 m3/ab.mes

0,377

0,295

0,081

2º Bloque

máis de 10 a 20 m3 /ab.mes

0,472

0,368

0,104

3º Bloque

máis de20 ma 40 m3 / ab.mes

1,426

1,115

0,311

Excesos

máis de 40 m3/ab.mes

1,519

1,186

0,333

Aboados industriais, comerciais e obras

 


Tarifa servizo

E&D

Canon Concello

 


€/ab.mes

€/ab.mes

€/ab.mes

Cota fixa

6,999

5,469

1,530

Consumo

€/m3

€/m3

€/m3

Por cada m3 consumido

0,805

0,629

0,176

Ganderías

 


 


 


Terán un desconto do 50 % sobre as cotas industrial e comercial

 


 


 


2 Altas de contratos

 


€/ud

Por vivenda

59,30 €

Por local comercial

118,62 €

Por planta baixa sen dividir

118,62 €

O importe obterase de multiplicar polo n.º de vivendas que corresponda por planta

 


Industrias situadas fora do polígono industrial

 


Ata 2 obreiros

118,62€

Máis de 2 e ata 20 obreiros

355,88 €

Máis de 20 e ata 50 obreiros

593,13 €

Máis de 50 obreiros

1.186,26 €

Naves industriais situadas nos Polígonos industriais

 


Ata 500 m2

593,13 €

Máis de 500 m2 e ata 2000 m2

1.186,26 €

Máis de 2000 m2

1.779,38 €

Promotores de 2 ou máis vivendas unifamiliares *

609,14 €

Promotores de vivendas colectivas (edificios colectivos)

609,14 €

* O aboamento da taxa efectuarase pola empresa promotora da edificación e será por cada vivenda no caso de promoción de vivendas unifamiliares e por cada vivenda no caso de promoción de vivendas colectivas

3 Cota por conservación de contadores e acometidas

 


€/ud

Cota

0,830

4 Xestión de cobros a impagados

Cobro aos aboados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pagamento

4,75 €

5 Desprecintado de contador

Desprecintado de contador

19,596 €

6 Conexión á rede de abastecemento e precintado de racores

Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servizo

21,772 €

B) PREZO DE ACOMETIDAS E CONTADORES DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

1 Prezo de acometidas do servizo de abastecemento

Faise o cálculo á acometida normal de 5 m. de lonxitude máxima (1 a 5 m.)

Materiais

- Ud. de collarín de toma

- Ud. de enlaces

- Tubaxe de P.E.B.D.: 1 a 5 m

- Ud. de chave de paso

- Tapa de función de 15x25 cm

Obra civil

- Ud. de arqueta para colocación de tapa de 15x25

- 1 a 5 m.l. de gabia (apertura, peche e reposición de pavimento)

Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro e do tipo de reposición a realizar na gavia

Ø Acometida

Terra (A)

Asfalto (B)

Baldosa-acera (C)

¿

406,90

456,59

499,10

1

432,38

490,84

520,86

1¿-1¿

475,80

529,95

581,05

2

524,33

575,99

629,64

Incremento do prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m.

 

Acometidas de más de 5 m.

¿

1

1¿-1¿

2

(A) incremento Eur. por m.

10,74

12,58

17,89

30,14

(B) incremento Eur. por m.

19,83

25,52

30,81

42,53

(C) incremento Eur. por m.

28,37

30,26

35,54

47,02

2 Prezo instalación de contador

2.1 Instalación do contador de 15/20 mm en batería de contadores ou similar

- Contador

- Válvula antiretorno

- Pezas de conexión

Prezo contador instalado (€/ud):

 


€/ud

Contador de 15 mm

86,22

Contador de 20 mm

108,26

2.2 Contadores de diámetro superior a 20 mm

Farase orzamento para cada caso.

2.3 Tarifas de contadores (sen colocación) [€7ud]

Ø mm.

€/ud

Ø15 mm.

63,60

Ø20 mm.

85,65

Ø25 mm.

139,44

Ø30 mm.

194,95

Ø40 mm.

410,22

Ø50 mm.

660,30

Ø65 mm.

818,60


Artigo 6. Devengo.

Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licencia , debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.

A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:

Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.

Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servizo e a súa facturación e cobramento , efectuarase con periodicidade bimensual.

O prezo de dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo subministro de auga ó obrigado moroso.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 da lei 39/1988 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

Artigo 8. Reducións.

Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da lei 39/1988, establécese unha redución do 50% da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.

Artigo 9. Infraccións e Sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que ós mesmos correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da lei xeral tributaria.

Disposición Adicional Primeira. Declaración de alta

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta no censo ou no padrón da taxa e surtirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearase, no seu caso, por meses.

Disposición Adicional Segunda. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e surtir efecto no período natural seguinte ó da presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearase por meses.

Disposición Final.

A ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, logo da súa publicación íntegra e manterá a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.