Tordoia - Ordenanza fiscal núm. 13, reguladora do prezo público pola prestación do servicio público da piscina municipal

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 15/07/2019 BOP Nº: 132
Aplicable dende: 15/07/2019

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.b), ámbolos da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o concello de Tordoia establece o prezo público pola prestación do servicio público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2º.- Obrigados ao pago.

Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.- Contía.

droado no Concello de Tordoia.

A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza será fixada na tarifa expresada no apartado seguinte:

1) NON ABONADOS:

a) Residentes no Concello:

- Prezo de entrada na piscina ¿¿. 1,00€

b) Non residentes no Concello:

- Prezo de entrada na piscina ¿¿. 1,50€

2) BONO INDIVIDUAL (tempada):

a) Residentes no Concello:

- Adultos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿ 6,00€

- Nenos ata 12 anos: ¿¿¿¿¿¿. 3,00€

b) Non residentes no Concello:

- Adultos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 10,00€

- Nenos ata 12 anos: ¿¿¿¿¿¿ 10,00€

3) BONO FAMILIAR:

- Tempada só para as persoas que estean empadroadas no Concello de Tordoia: ¿¿¿¿¿¿.. 10,00€

- Tempada só para as persoas que non estean empadroadas no Concello de Tordoia: ¿¿.....¿. 20,00€

Os nenos menores de 5 anos poderán entrar gratis sempre que estean acompañados.

Artigo 4º.- Obriga do pago.

1) A obriga do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se presta ou realice calquera dos servicios ou actividades especificados nos artigos anteriores.

2) O pago do prezo efectuaranse no momento de entrar no recinto da piscina municipal.

DISPOSICIÓN FINAL.-

 A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 24 de Xuño de 1999 e entrará en vigor o día da súa publicación no boletín oficial da provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.