Cariño - PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA ACTIVIDADE DE CAMPAMENTO CONCILIA CARIÑO TODO O ANO 2026

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 06/03/2026 BOP Nº: 44
Aplicable dende: 06/03/2026

Datas:

Se realizará no Concello nas seguintes datas:

- Semana Santa: 30 e 31 marzo, e 1 e 6 de abril de 2026

- Verán: do 1 de xullo ao 31 de agosto 2026

- Nadal: os días 21, 22, 23, 28, 29, 30, 31 de decembro 2026; e 1, 4 e 5 de xaneiro de 2027

Feito impoñible:

O feito do que deriva a obriga do pagamento é a asistencia dun menor ao citado campamento.

Suxeitos pasivos:

Os suxeitos pasivos do prezo público son os pais/nais ou titores legais.

Tarifas:

O prezo por asistencia ao Campamento é de:

*Para Semana Santa (cota por todo o campamento): 1º membro da unidade familiar: 16 €; 2º membro da unidade familiar (12 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (9 €).

*Para o verán (cota semanal): 1º membro da unidade familiar: 20 €; 2º membro da unidade familiar (15 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (12 €),

*Para o Nadal (cota por todo o campamento): 1º membro da unidade familiar: 25 €; 2º membro da unidade familiar (19 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (15 €).

Exencións:

Establecer a exención do pago do prezo previa recomendación polo Departamento de Servizos Sociais, trala acreditación da situación de asistencia aos campamentos e da imposibilidade de asumir a cota por parte da familia.