Índice

Frades - Prezo público das actividades de Campamento Municipal de Semana Santa 2026

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 25/03/2026 BOP Nº: 56
Aplicable dende: 25/03/2026

Tarifas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Frades, en Sesión Ordinaria o 18 de marzo de 2026, aprobou o prezo público das actividades de Campamento Municipal de Semana Santa 2026, que se deberá aboar según o seguinte detalle:

ACTIVIDADE: CAMPAMENTOS MUNICIPAIS DE SEMANA SANTA/ CONCILIACIÓN

Nº DE USUARIOS: 40 usuarios

DURACIÓN: Do 30 de marzo ao 6 de abril (inclusive)

HORARIO: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 14:00

GRUPO MÍNIMO: 30 usuarios

PREZO PÚBLICO ANUAL: 10€ por usuario

O pago do prezo público deberá realizarse no momento da inscrición na actividade, é dicir con carácter previo, en aplicación do artigo 10 e 11 da Ordenanza reguladora do prezo público.

Soamente procederá a devolución do prezo público aboado, segundo o establecido na Ordenanza reguladora: ¿Cando por causas no imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenvolva, procederase á devolución do importe correspondente.¿