Aranga - ORDENANZA FISCAL N.º 7 REGULADORA DA TAXA POR TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS NO CONCELLO DE ARANGA
Artígo 1.- Fundamento e Natureza.
No uso da facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo pola que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regúlase a Taaxa por expedición de documentos admistrativos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito Impoñible.
1.Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación e expedición, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou autoridades municipais que se indican no artigo 6 desta ordenanza.
2.Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.
3.Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos ou expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais asi como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou aproveitamento especial de bens do dominio público municipal que esten gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.
Artigo 3.- Suxeito Pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 do 17 de decembro Xeral Tributaria que soliciten , provoquen ou en cuxo interes redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.- Responsables.
O réxime de responsabilidade axustaráse ao previsto nos artigos 41 a 43 da lei 58/2003 xeral tributaria.
Artígo 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas tarifas que se conteñen no artigo seguinte.
A cota da tarifa corresponde a tramitación completa , en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
Artigo 6.- Tarifas.
A taxa á que se refire esta ordenanza rexiráse polas seguintes tarifas:
Certificación de acordos municipais ou expedientes administrativos | 15,00 € |
Certificados de empadroamento para os que sexa necesario consultar padróns de habitantes anteriores ao ano 1996 | 10,00 € |
Certificados ou informes de calificación urbanística ( por cada parcela) | 5,00 € |
Licenzas de segregación de parcelas | 60,00 € |
Licenzas de primeira ocupación | 60,00 € |
Fotocopias de documentos | 0,10 € |
Expedientes incoados a instancia de parte relativos a infraccións legais ( urbanísticas, prevención incendios¿) que requiran informe técnico de inspección no lugar dos feitos | 100,00 € |
Artigo 7.- Devengo.
1.Devengase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos ou expedientes suxeitos ao tributo.
2. Ademáis o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta iníciese sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 8.- Declaración e Ingreso.
1.A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación . O ingreso realizaráse nas contas bancarias autorizadas polo concello.Os interesados na expedicion do documento ou na tramitación do expediente, presentarán, xunto coa solicitude, a acreditación de ter efectuado o ingreso que corresponda.
2.Os escritos recibidos a que se refire o artigo 66 da lei 39/2015 de procedemento administrativo común que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente pero non se lles dará curso sen que se corrixa a deficiencia, para o que se requirirá ao interesado co fin de que, no prazo de dez dias, abone as cotas correspondentes, co apercbimiento de que, transcorrido devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 9.- Infraccións e Sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, asi como das sancioens que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICION FINAL.-
A presente Ordenanza Fiscal, deroga a anterior ordenanza publicada no Boletín Oficial da Provincia do 27/12/2001 e entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia , permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.