Cerceda - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 18, REGULADORA DA TAXA POLO USO DAS INSTALACIÓNS INTEGRANTES DO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

Publicación provisional: 06/03/2026 BOP Nº: 44
Publicación definitiva: 28/04/2026 BOP Nº: 78
Aplicable dende: 29/04/2026

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola entrada e uso das instalacións do parque acuático de Cerceda.

Artigo 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo a entrada e o uso das instalacións que integran o parque acuático de Cerceda.

Artigo 3. Obriga de contribuir

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a utilización, mediante a entrada ó recinto.

Artigo 4. Suxeitos pasivos

Están obrigados ó pago as persoas naturais e xurídicas usuarias das instalación.

Artigo 5. Base impoñible e liquidable

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada.

Artigo 6. Cota tributaria

As tarifas a aplicar serán as seguintes:

Público en xeral

Luns a venres

Sábados, domingos e festivos

Abono semanal

Adultos

12,00

13,00

52,00

5-12 anos

9,00

10,00

37,00

0-4 anos

1,00

2,00

10,00

Artigo 7.- Normas de xestión.

7.1- Con carácter xeral, a cota tributaria aboarase no momento da entrada ó parque, agás no caso do grupos que poderán tramitar e aboar as entradas con anterioridade.

Artigo 8. Exencións e reduccións.

8.1 As persoas que acrediten a condición de familia numerosa terán as seguintes cotas:

Familias numerosas

Luns a venres

Sábados, domingos e festivos.,

Abono semanal

Adultos

10,00

11,00

42,00

5-12 anos

7,00

8,00

27,00

0-4 anos

0,00

1,00

5,00

Para a obtención dos descontos por familia numerosa, é imprescindible a acreditación desta condición no momento de aboar a entrada ó parque acuático, mediante a presentación do título de familia numerosa.

8.2 As persoas que acrediten a condición de discapacidade superior a un 33% mediante a presentación do correspondente certificado de minusvalía, gozarán das mesmas bonificacións que as familias numerosas.

Artigo 9. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICION FINAL

A presente modificación entrará en vigor o día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.