Negreira - REGULAMENTO DO PROGRAMA NEGREIRA CONCILIA (MADRUGADORES E MERENDAS), DIVERVERÁN, CAMPAMENTO URBANO RESPIRA E NADAL LÚDICO

Publicación provisional: 16/03/2026 BOP Nº: 50
Publicación definitiva: 13/05/2026 BOP Nº: 88
Aplicable dende: 04/06/2026

Introducción

Segundo o 14.8 A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo , un dos criterios xerais de actuación dos poderes públicos será o establecemento de medidas que aseguren a conciliación do traballo e da vida persoal e familiar das mulleres e dos homes, así como o fomento da corresponsabilidade nos labores domésticos e na atención á familia.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, no capítulo dedicado á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, prevé, entre outras actuacións, que se promova a ampliación do horario de apertura dos centros educativos públicos durante os días lectivos establecidos polo calendario escolar para atender ao alumnado menor de doce anos, en colaboración coas asociacións de pais, nais e os concellos.

O Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021 (Plan Galego C+C) ten por finalidade a posta en marcha de actuacións de distinta índole que incidan na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar poñendo o foco nun reparto equitativo das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes.

O V Plan de Igualdade do Concello de Negreira 2024-2027 dentro da liña de acción 6.3 de desenvolvemento económico en igualdade e conciliación responsable aposta por desenvolver programas que apostan pola conciliación para as familias nicrarienses reforzando a estratexia de conciliación.

Artigo 1. Obxecto

Estas normas teñen por obxecto regular o funcionamento do Programa Negreira Concilia Madrugadores,Merendas,Concilia Entroido, Concilia Semana Santa, Campamento Urbano Respira, Diververán e Concilia Nadal.

Artigo 2. Definición do Programa

Negreira Concilia é un programa que ten a función de coidado e atención, de carácter lúdico, social e educativo, que o Concello de Negreira lles ofrece ás familias do municipio con necesidade de conciliar a vida familiar e laboral.

Está dirixido a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos de idade no caso de Madrugadores e Merendas e nos outros programas (Concilia Entroido, Concilia Semana Santa, Campamento Urbano Respira, Diververán e Concilia Nadal ) a idade abarcara dos 4 a 12 anos.

E condición indispensable de acceso ao servizo no caso do Concilia Madrugadores e Merendas que os menores estean matriculados no CEIP O Coto de Negreira e no Programa Concilia Entroido, Concilia Semana Santa, Campamento Urbano Respira, Diververán e Concilia Nadal que os menores teñan cumpridos 4 anos.

Abarca dous períodos:

1. Servizos en períodos lectivos:

Negreira Concilia Madrugadores:

Contidos/prestacións a satisfacer: Facilitar , durante os días lectivos do curso escolar a conciliación familiar e laboral os pais e nais do alumnado do CEIP O Coto admitidos/as no mesmo (en adiante usuarios/as) de xeito que estes conten cun servizo de coidado e atención dende as 7:30 horas ata o inicio das clases , período no que realizarán actividades lúdico educativas variadas e durante o que poderán recibir ademais e si o solicitan o almorzo, ofrecéndolle a posibilidade de que cada usuario poida levar o seu almorzo.

Período: durante todos os días lectivos do curso escolar.

Horario habitual: Dende as 7: 30 horas ata o inicio das clases no centro escolar CEIP O Coto.

Opcións de uso polos/as usuarios/as: Todos os días lectivos por tramos horarios. Non se permiten usuarios ocasionais nin en días fixos.

N.º máximo de usuarios: 80 prazas totais.

Persoal mínimo requirido : O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

E un destes monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.

A disposición das familias durante todo o período lectivo do ensino infantil e de primaria, en horario dende as 7:30 horas ata o inicio das clases. Consiste na ampliación do horario de apertura do centro escolar, prestando atención e coidado ao alumnado. As familias deben incorporarse ao servizo, como mínimo 30 minutos antes de comezar a xornada escolar.

Negreira Concilia Merendas:

Contidos/prestacións a satisfacer: Facilitar , durante os días lectivos do curso escolar a conciliación familiar e laboral os pais e nais do alumnado do CEIP O Coto admitidos/as no mesmo (en adiante usuarios/as) de xeito que estes conten cun servizo de coidado e atención dende as 16:30 horas ata as 19:30 horas , período no que realizarán actividades lúdico educativas variadas e obradoiros de coidado.

Período: durante todos os días lectivos do curso escolar.

Horario habitual: Dende as 16: 30 horas ata as 19:30 horas no centro escolar CEIP O Coto.

Opcións de uso polos/as usuarios/as:Todos os días lectivos por tramos horarios. Non se permiten usuarios ocasionais nin en días fixos.

N.º máximo de usuarios: 40 prazas totais (non se permiten usuarios ocasionais nin en días fixos).

Persoal mínimo requirido : O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

Un dos monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.No servizo de Concilia Merendas terase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

2. Servizos en período non lectivo.

Concilia Entroido:

Contido/prestación a satisfacer: Obradoiros/actividades de coidado e atención lúdico-educativa que abarcan todo o período non lectivo das vacacións escolares de Entroido.

Realizárase durante todos os días non lectivos das vacacións de Entroido do curso escolar. (excluídos días festivos) cun horario contemplado dende as 8:00 as 15:00 horas.

Lugar habitual : Nas instalacións determinadas/ habilitadas ao efecto polo Concello.

Opcións de uso: Non cabe o uso en días soltos.

N.º máximo de prazas: 40 prazas.

Persoal mínimo requirido:O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

Un dos monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.

No servizo de Concilia Entroido terase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

Concilia Semana Santa:

Contido/prestación a satisfacer: Obradoiros/actividades de coidado e atención lúdico-educativa que abarcan todo o período non lectivo das vacacións escolares de Semana Santa.

Realizárase durante todos os días non lectivos das vacacións de semana santa do curso escolar (excluídos días festivos) cun horario contemplado dende as 8:00 as 15:00 horas.

Lugar habitual : Nas instalacións determinadas/ habilitadas ao efecto polo Concello.

Opcións de uso: Non cabe o uso en días soltos.

N.º máximo de prazas: 40 prazas.

Persoal mínimo requirido:O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

Un dos monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.

No servizo de Concilia Semana Santa terase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

Diververán:

Contido/prestación a satisfacer: Actividades de coidado, ocio e tempo libre e atención lúdico-educativa durante as vacacións de verán dende o remate do curso escolar ata o inicio do seguinte curso. Desenvolvéranse en 6 quendas durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en horario de 10.00 a 12.00 e de 12.00 a 14.00 horas, dúas horas diarias (dous grupos segundo idade) nas seguintes quendas:

- 1ª Quenda: Dende o remate do curso escolar ata o 30 de xuño.

- 2ª Quenda: Desde o 1 ao 15 de xullo.

- 3ª Quenda: Desde o 16 ao 31 de xullo.

- 4ª Quenda: Desde o 1 ao 15 de agosto.

- 5ª Quenda: Dende o 16 de agosto ao 31 de agosto.

- 6ª Quenda: Dende o 1 de setembro ata o comezo do curso escolar.

Lugar habitual : Nas instalacións determinadas/ habilitadas ao efecto polo Concello.

Opcións de uso: Non cabe o uso en días soltos, nin por días fixos.

N.º máximo de prazas: 40 prazas en cada quenda.

Persoal mínimo requirido:O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

Un dos monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.

No servizo de Diververán terase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

Concilia Nadal:

Contido/prestación a satisfacer: Obradoiros/actividades de coidado e atención lúdico-educativa que abarcan todo o período non lectivo das vacacións escolares de Nadal

Realizárase durante todos os días non lectivos de Nadal do curso escolar (excluídos días festivos) cun horario contemplado dende as 8:00 as 15:00 horas.

Lugar habitual : Nas instalacións determinadas/ habilitadas ao efecto polo Concello.

Opcións de uso: Non cabe o uso en días soltos(só se admitirán usuarios fixos).

N.º máximo de prazas: 40 prazas

Persoal mínimo requirido:O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

Un dos monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.

No servizo de Concilia Nadal, terase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

Campamento Urbano Respira:

Contido/prestación a satisfacer: Actividades de coidado, ocio e tempo libre e atención lúdico-educativa durante as vacacións de verán dende o remate do curso escolar ata o inicio do seguinte curso. Desenvolvéranse en 6 quendas durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en horario de 8:00 a 15:00 horas e serán as seguintes quendas:

- 1ª Quenda: Dende o remate do curso escolar ata o 30 de xuño.

- 2ª Quenda: Desde o 1 ao 15 de xullo.

- 3ª Quenda: Desde o 16 ao 31 de xullo.

- 4ª Quenda: Desde o 1 ao 15 de agosto.

- 5ª Quenda: Dende o 16 de agosto ao 31 de agosto.

- 6ª Quenda: Dende o 1 de setembro ata o comezo do curso escolar.

Lugar habitual : Nas instalacións determinadas/ habilitadas ao efecto polo Concello.

Opcións de uso: Non cabe o uso en días soltos, nin por días fixos.

N.º máximo de prazas: 100 prazas en cada quenda.

Persoal mínimo requirido:O monitorado será segundo a ratio establecida por lei.

Un dos monitores terá que exercer como coordinador/a cuxa existencia resulta obrigada, e neste caso terá a condición de coordinador/a Monitor/a. No caso de ausencia do coordinador por causa xustificada deberá delegar esta función nunha persoa designada ao efecto que exerza as mesmas funcións.

No servizo de Campamento Urbano Respira terase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

- Os días do calendario laboral marcados como festivos locais, autonómicos e estatais, non se prestarán os servizos.

Artigo 3. Persoas usuarias

Enténdense como persoas usuarias do servizo aos responsables das rapazas e rapaces (persoa ou persoas que teñan atribuída a patria potestade, tutela ou representación legal, de acordo co Código civil e normativa complementaria) e aos propios menores.

As idades dos menores estará comprendida entre os 3 anos e os 12 anos (escolarizados no CEIP O Coto no caso do programa madrugadores e merendas) e de 4 a 12 anos no resto de programas establecidos na presente ordenanza no artigo 2.

Non se permiten usuarios ocasionais nin por días fixos en ningún dos programas.

A baixa nos servizos do programa é libre e pódese presentar en calquera momento por escrito perante as oficinas municipais encargadas de supervisar o servizo, segundo o establecido nas distintas convocatorias.

Solicitarase informe médico que acredite o nivel de autonomía.

Artigo 4. Dereitos e deberes das persoas usuarias

1. Son dereitos das persoas usuarias do programa:

a) O acceso aos servizos segundo os requisitos e condicións que establecen estas normas; sen discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

b) A protección dos seus datos persoais de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais

c) A asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.

d) A dispor de información comprensible sobre o funcionamento dos servizos e das medidas que se adopten respecto dos rapaces e de canto afecte á súa educación.

f) Aprender hábitos alimenticios sans, normas básicas de hixiene e comportamento.

2. Son deberes das persoas usuarias:

a) Cumprir as normas de funcionamento dos servizos.

b) Facilitar unha información veraz e manter actualizados os datos necesarios para alta, permanencia nos servizos.

c) Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no mutuo respecto.

d) Comunicar a baixa cando proceda.

e) Responsabilizarse daquelas situacións en que por motivos de saúde e malestar, sexa necesario a recollida do menor usuario dos servizos.

Artigo 5. Prestación dos servizos

a) Período lectivo: ¿Negreira Concilia Madrugadores¿ e ¿Negreira Concilia Merendas¿.

· Negreira Concilia Madrugadores: Prestarase de luns a venres, días lectivos, durante o período escolar, no ¿CEIP de O Coto¿. O horario abarca dende as 7:30 h ata o inicio das clases.

· Negreira Concilia Merendas : Prestarase de luns a venres, días lectivos, durante o período escolar, no ¿CEIP de O Coto¿. Consiste na ampliación do horario de saída do centro escolar tras o servizo de comedor en tres horas durante o período lectivo de setembro a xuño.

b) Período non lectivo. Abarcará varios servizos: ¿Concilia Entroido¿ ¿Concilia Semana Santa¿ ¿Campamento Urbano Respira¿ e ¿Concilia Nadal¿. En horario de 8:00 a 15:00h e ¿Diververán¿ , en horario de 10.00 h a 14.00h, distribuído en dúas quendas.

Os servizos inclúen as accións que se relacionan a continuación e que deberán diferenciarse en función do menor, estas estarán a cargo do monitorado:

· Garantir hábitos de hixiene.

· Planificar e realizar actividades lúdico-educativas.

· Apoio na realización das tarefas escolares.

· O monitorado será o vínculo coas familias. Informaranlles a elas e ao Concello das incidencias que se produzan.

· Controlar as asistencias ou ausencias dos rapaces e rapazas a través dos modelos normalizados.

· Custodiar a documentación persoal das persoas usuarias do servizo.

· Deixar recollidas as instalacións e limpo o mobiliario e os utensilios usados, así como os espazos utilizados para a realización de actividades complementarias.

· Facilitarlle ás coordinadoras municipais toda a documentación que sexa requirida para o desenvolvemento dos servizos.

· Realizar as demais funcións que se lles atribúan desde o Concello para o seu correcto funcionamento.

Artigo 6. Tramitación de acceso ao servizo e número de prazas.

1. Requisitos de acceso ó servizo de:

· Madrugadores, merendas, Concilia Entroido, Conciia Semana Santa, Campamento urbano Respira, Diververán e Concilia Nadal (Poderán acceder o mesmo sempre que cumpran os dous requisitos:

· Familias empadroadas no Concello de Negreira.

· Familias nas que ambos proxenitores ou titores legais estean traballando ou en situación de busca activa de emprego ou formación laboral.

No caso dos servizos de Madrugadores e Merendas, poderán acceder a estes servizos aqueles/as nenos/as que estean matriculados/as no CEIP O Coto.

Resto de servizos:

· Familias empadroadas no Concello de Negreira.

2. Tramitación de acceso aos servizos de Madrugadores, Merendas, Concilia Entroido, Concilia Semana Santa, Diververán, Campamento urbano Respira e Concilia Nadal e número de prazas.

A solicitude de admisión axustarase ao modelo normalizado que estará dispoñible na sede electrónica do Concello de Negreira e será tramitado na sede electrónica ou no Rexistro do Concello xunto coa documentación complementaria, que será a seguinte:

· Modelo normalizado de ficha de inscrición

· Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos proxenitores.

· Xustificante da situación de emprego (Certificado de empresa, pago do último recibo de autónomos, e no caso de desempregados, certificado de demandante de emprego ).

· Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria ( certificado de empresa que acredite horario laboral , certificado de demandante de emprego xunto co xustificante de realizar unha busca activa de emprego e xustificante de asistencia a accións de formación de emprego oficiais coincidentes co horario do desenvolvemento dos programas ofertados na presente ordenanza).

3. O persoal técnico responsable do servizo, unha vez analizadas e aceptadas as solicitudes, publicará unha listaxe provisional para requirir a documentación complementaria ou adicional que se precise.

4. No caso de que as solicitudes superen o número de prazas ofertadas, e todas cumpran previamente os criterios sinalados , realizarase unha selección das familias por orde de inscrición.

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios:

1º criterio.- Familias que aporten Informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.

2º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas da violencia de xénero (con acreditación).

3º criterio.-Familias monoparentais (con acreditación).

4º criterio.-Familias con menores en réxime de acollida (con acreditación).

5º criterio.- Familias numerosas (con acreditación).

6º criterio.-Familias nas que os proxenitores ou algún deles teñan acreditado nivel de grado de dependencia III , debendo acreditar dita circunstancia cun informe de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo.

7º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores desenvolvan o seu posto de traballo como empregado público na administración local Concello de Negreira.

Artigo 7. Publicación da listaxe de admitidos no servizo.

A listaxe de admisión do servizo será publicada no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Negreira indicando os motivos da exclusión.

Artigo 8 . Listaxe de espera

De non haber prazas suficientes para satisfacer a demanda do servizo, trala listaxe definitiva, elaborarase unha listaxe de espera. Os rapaces en situación de espera irán accedendo ao servizo na orde na que figuren nesa listaxe.

Artigo 9. Casos especiais

As persoas usuarias do servizo deberán notificar calquera problema de saúde (alerxias e intolerancias a calquera tipo de alimento) que serán atendidas especificamente.

Se o menor se ten que medicar, deberá achegar un informe médico no que se especifique a cantidade e o medicamento, así como unha autorización do responsable. Non se lle administrarán medicamentos sen o cumprimento destes requisitos.

Os menores que padezan febre (a partir dos 37,5º) nas 24 horas anteriores ou enfermidades contaxiosas non poden acceder ao servizo.

Artigo 10. Persoal

Os programas serán desenvolvidos por:

* Coordinador/a-monitor/a e responsable da actividade que deberá contar con:

· Titulación superior en Pedagoxía, Psicopedagoxía ou titulación media de Mestre/a ou grao en Educación Infantil e/ou Primaria ou Coordinador de Actividades de Tempo Libre.

· Formación en prevención de riscos laborais.

· Experiencia mínima en función de coordinación de dous anos.

· Entre as súas funcións figuran:

· Coordinación co monitorado responsable da actividade.

· Posta en funcionamento e correcto desenvolvemento das actividades.

· Seguimento das actividades.

· Comunicación co persoal técnico do Concello de Negreira de todas as incidencias que ocorran durante a execución do contrato.

· Aclaración de dúbidas e apoio ao monitorado.

· Atención ás familias dos e das participantes (aclaración de dúbidas, remisión de circulares, etc).

· Exercerá, ademais, funcións propias do monitorado na atención de menores e desenvolvemento da programación.

* Monitores/as: o monitorado encargado da prestación do servizo nos distintos centros estarán en posesión, como mínimo, do titulo de monitor/a de ocio e tempo libre.

Naqueles lugares nos que se desenvolvan os distintos programas nos que a ratio determine a contratación de mais dun monitor ou monitora, unha destas persoas exercerá as funcións de coordinación e a interlocución coas familias de dito centro. No caso no que solo haxa un monitor ou monitora, esta persoa será a encargada destas funcións, ademais das inherentes ao desenvolvemento das actividades. Aos efectos da adscrición do persoal requirido e necesario para a execución do contrato non se considerarán monitores/as computables os que se atopen en período de prácticas.

* Monitores/as para atención dos e das menores con diversidade funcional: estas persoas deberán contar con titulación superior en Pedagoxía ¿ Psicopedagoxía, Psicoloxía ou titulación media de Mestre/a e/ou grao en Educación Infantil e/ou Primaria, e con formación e experiencia demostrada en atención á diversidade.

A totalidade do equipo de traballo disporá de:

· Formación en igualdade de xénero.

· Así mesmo, deberán presentar informe médico de estar capacitado para o desenvolvemento dos servizos e certificado acreditativo de non ter antecedentes penais en delitos sexuais.

Artigo 11. Extinción dos servizos

1. Serán causas de baixa nos servizos:

a) O incumprimento dos requisitos establecidos.

b) A solicitude da persoa responsable do menor.

c) A comprobación da falsidade nos documentos ou datos achegados, con independencia das infraccións administrativas e/ou penais que a devandita conduta constitúa.

d) A falta de asistencia continuada sen causa xustificada, mais de 5 días continuos.

e) A falta de pagamento das cotas establecidas tal e como figura no artigo art. 7 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar.

O pago farase efectivo unha vez publicada a listaxe de admitidos , ou antes do comezo do servizo.

f) O Concello de Negreira resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva do servizo aos menores que se comporten de forma incorrecta ou cuxos responsables non respecten as normas de funcionamento do mesmo.

Antes de adoptar esa decisión, daráselle audiencia, durante o prazo de tres días hábiles, ás persoas responsables dos/as menores e solicitarase o informe preceptivo do/a Educador/a Familiar.