Rianxo - Prezo público para o Campamento de Verán 2026
Tarifas
A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o día 07.05.2026, acordou a aprobación de prezo público para o Campamento de Verán 2026 tal e como se indica a continuación:
1 Aprobar as seguintes cotas de matrícula, tendo en conta os períodos de inscrición e as diversas circunstancias familiares:
· Prezo
· Completo: 150 euros
· Un mes (xullo ou agosto): 75 euros
· Familias nas que participen 2 irmáns:
· Completo: 140 euros
· Un mes (xullo ou agosto): 70 euros
· Familias con tres ou mais irmáns participantes, coa condición de familia numerosa ou familias monoparentais.
· Completo: 130 euros
· Un mes (xullo ou agosto): 65 euros
2 Establecese a gratuidade de 12 prazas para aquelas familias derivadas do departamento dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo.
3 As condicións para a xestión recadadora do evento serán as que establece a normativa municipal sobre prezos públicos; en todo caso, o ingreso do prezo público polo usuario realizarase con carta de pago emitida pola Recadación municipal a partir dos datos emitidos polo departamento xestor unha vez pechado o período de pre-inscrición, e en todo caso sometidas ao criterio da Tesourería municipal.