Rianxo - Prezo público do Plan Madruga Verán 2026
Tarifas
A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o día 07.05.2026, acordou a aprobación de prezo público para o Plan Madruga Verán 2026 tal e como se indica a continuación:
1.- Aprobar as seguintes cotas de matrícula, tendo en conta os períodos de inscrición:
· Completo: 40 euros
· Bloque xullo ou agosto: 20 euros por bloque
2.- Establecese a gratuidade de 05 prazas para aquelas familias derivadas do departamento dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo.
3.- As condicións para a xestión recadadora do evento serán as que establece a normativa municipal sobre prezos públicos; en todo caso, o ingreso do prezo público polo usuario realizarase con carta de pago emitida pola Recadación municipal a partir dos datos emitidos polo departamento xestor unha vez pechado o período de pre-inscrición, e en todo caso sometidas ao criterio da Tesourería municipal.