Laracha A - PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS E XUVENÍS DE VERÁN 2026

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 18/05/2026 BOP Nº: 91
Aplicable dende: 18/05/2026

Tarifas

ACTIVIDADE

DATA

Nº PRAZAS

PREZO PÚBLICO PARTICIPANTE

CUSTO TOTAL
PARTICIPANTE

CUSTE TOTAL
ACTIVIDADE

Campamento Pirata
(Anos de nacemento 2020-2022)

29/06 ao 3/07

50

30€

61.6€

3080€

Campamento Pirata

(Anos de nacemento 2020-2022) servizo madruga

 


 


35€

72,6€

3630€

Campamentos Caión

(Anos de nacemento 2014-2016)

29/06 ao 3/07

50

75€

200€

10.027€

Campamentos Caión (Anos de nacemento 2017-2019)

06/07 ao 10/07

50

75€

200€

10.027€

Campus de fútbol
(Anos de nacemento 2011-2021)

20/07/ ao 14/08

100

20€

36€

3600 €

Campamento multideporte

(Ed. Infantil e Primaria)

27/07 ao 3/07

50

30€

77.90€

3895€

Campamento multideporte

(Ed. Infantil e Primaria) Servizo madruga

 


 


35€

84,2€

4120€

Campus de baloncesto
(Anos de nacemento 2010-2020)

03/08 ao07/08

80

20€

34,30€

2744€

Campamentos Divercamp

Ed. Infantil e Primaria

03/08 ao 07/08

50

30€

86€

4300€

Saída Penaventura Park (Portugal)

13/14 xullo

13-14 de xullo

40

100€

169,3€

6775€

Obradoiro construción dun Karts

1º quenda

15-16 de xullo

16

20€

40,62€

650€

Obradoiro construción dun Karts

2º quenda

29-30 de xullo

16

20€

40.62€

650€

Ruta a cabalo

(Anos nacemento 2020-2015)

17/07/2026

40

10€

25,3€

1010€

Realidade Virtual ( 12+)

28/07/2026

36

10€

52€

1875.50€

Ruta Kaiak Ézaro (12+)

31/07/2026

34

20€

36,1€

1230€

Xornada multiaventura

(parque aventuras Padrón)

Anos nacemento (2020-2015)

10/08/2026

50

25€

33,8€

1690€

Rafting Rio Ulla (12+)

12/08/2026

30

20€

49,8€

1495

Urban Planet Oleiros

Anos de nacemento (2017-2021)

13/08/2026

50

10€

17,2€

860€

Barranquismo Río Almoferi (12+)

19/08/2026

30

20€

57,9€

1739€

Paintball

Anos de nacemento

(2018-2015)

20/08/2026

30

10€

26,3

790€

TOTAL ACTIVIDADES PROGRAMA DE VERÁN

 


56.439€


Condicións de participación

· Para participar nas actividades e obrigatorio estar empadroado/a no Concello da Laracha. Se quedaran prazas libres poderán inscribirse pola seguinte orde de prioridade (os casos excepcionais, deben poñerse en contacto co Concello para ser avisados no caso de quedar prazas libres):

o Alumnado dos colexios do termo municipal da Laracha que non estean empadroados no Concello.

o Menores non empadroados na Laracha, pero que teñen algún dos proxenitores empadroados no Concello.

o Fillas e fillos das empregadas e empregados municipais.

· As actividades terán que ter un mínimo de 15 participantes para levarse a cabo.

a) Para a inscrición dos campamentos e na Saída Penaventura Park (pendentes de sorteo),se establecen as seguintes regras:

· As inscricións poden realizarse desde o luns 18 de maio ás 09:00 horas ata o domingo 24 de maio ás 23:59 horas en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00h ou en liña la web alaracha.gal/actividades.

· No caso de ter máis solicitudes que prazas, outorgaranse por sorteo público a realizar o día 25 de maio ás 11:00 h no Viveiro de empresas.

· O pago de estas actividades, pendentes de sorteo , non ser fará no momento da inscrición. O prazo para realizalo será do 25 ao 27 de maio. No caso de non abonar o custo no prazo estipulado, suporá a renuncia á praza e pasará á seguinte persoa na lista de agarda (que terá un prazo de 2 días hábiles para realizar o pago).

· Unha vez resolto o sorteo, a formalización do pago poderá realizarse, dentro dos prazos estipulados, presencialmente no Concello, na Casa da Cultura ou mediante transferencia bancaria.

· A acta do sorteo coa listaxe de admitidos e os participantes que queden en lista de agarda será publicada o 25 de maio na páxina web do Concello (alaracha.gal) xunto cos números de conta para facer o ingreso no caso de realizar o pago mediante transferencia. (Non se realizarán chamadas telefónicas, será o propio participante o que terá que mirar a lista de admitidos na web e xestionar o pago no prazo e forma indicados)

A ter en conta:

· No Campamento Divercamp terán prioridade as persoas empadroadas no concello da Laracha cun grao de discapacidade recoñecida e acreditada igual ou superior ao 33%.

Estes casos deberán presentar a documentación acreditativa presencialmente na Casa da Cultura ou a través do correo cultura@alaracha.gal antes do día do sorteo (25 de maio). A documentación presentada con posterioridade ao sorteo non será válida.

No caso da saída ao Penaventura Park tanto os participantes como pai/nai ou titor/a legal deberán aceptar ás seguintes condicións de participación:

· Os teléfonos móbiles retiraranse durante ás horas nocturnas ou en calquera momento que o considere o persoal ao cargo.

· Cada pai/nai titor/a deberá entregar o mesmo día da saída unha declaración responsable facilitada polo Concello no que se informa se leva o teléfono móbil á actividade. O engano dos datos facilitados nesta declaración poden dar lugar á penalización en futuras actividades, así como tamén o non cumprimento das normas de convivencia dos participantes.

b) Para os campus deportivos e resto das actividades (por orde de inscrición)

· O prazo de inscrición será dende o martes 26 de maio ás 9.00h ata 2 días hábiles anteriores á realización da actividade ou ata completar as prazas dispoñibles.

· A praza na actividade considérase confirmada unha vez formalizada a inscrición e realizado o pago, presencialmente no Concello, na Casa da Cultura ou mediante transferencia bancaria.

· As prazas dispoñibles outorgaranse por estrita orde de inscrición.

· Para poder participar nas actividades de rafting e kaiak é imprescindible saber nadar.

Réxime de xestión

· O ingreso do prezo público levarase a cabo en réxime de autoliquidación.

· O ingreso do prezo público levarase a cabo a través dun pago único anticipado no momento de facer a inscrición telemática ou presencial, agás nos casos das actividades suxeitas a sorteo.

· Admítese como medio de pagamento, tanto o ingreso en tarxeta nas dependencias municipais como o ingreso nas contas correntes de titularidade municipal ou outros medios electrónicos de pagamento.

· A desistencia ou a falta de asistencia do usuario á actividade, non suporá redución nin exención da obriga de pagamento, agás causas médicas xustificadas que impidan realizar a actividade e comunicadas previamente.

· No suposto de que, por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do ingresado na parte proporcional ás prestacións realmente efectuadas. Se a actividade non chegase a iniciarse por causas non imputables ao interesado procederá a devolución completa do importe ingresado.