Val do Dubra - ORDENANZA DE ACCESO E USO DAS VIVENDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DO VAL DO DUBRA

Publicación provisional: 26/03/2026 BOP Nº: 57
Publicación definitiva: 18/05/2026 BOP Nº: 91
Aplicable dende: 08/06/2026

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As administracións públicas, atendendo á realidade socioeconómica actual, teñen que responder para garantir as necesidades básicas e esenciais de atención residencial dos cidadáns nunha situación de risco de exclusión social. Neste sentido, compete á administración local ofrecer a dita resposta, a cal se materializa na presente regulación de acceso e uso das vivendas de emerxencia social.

A intervención da administración local ampárase na lexislación xeral e específica dos servizos sociais na Lei 13/2008, do 3 de decembro, dos servizos sociais de Galicia a cal establece as competencias, actuacións e funcións dos servizos sociais comunitarios, respecto ao ámbito municipal. No Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais e o seu financiamento, establécese de forma máis ampla o contido de cada un dos programas e servizos sociais comunitarios básicos. Na Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, regúlanse un conxunto de dereitos e recursos específicos para as persoas en situación ou risco de exclusión social, atribuíndolle a competencia as entidades locais para o seu recoñecemento e desenvolvemento.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local modificada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da administración local, establece no seu artigo 25 apartado 1: ¿O municipio exercerá, en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: e) avaliación e información de situación de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social¿.

O Concello de Val do Dubra necesita contar cunha ordenanza que sexa rápida e eficaz, que estableza as bases reguladoras para o acceso e uso das vivendas de emerxencia social para familias que, ante situacións de conflito no seu entorno de convivencia ou outras problemáticas específicas, carezan de aloxamento e medios persoais e familiares para dispoñer de vivenda propia, de tal xeito que, o concello o constitúe como un recurso social municipal de aloxamento alternativo e temporal, cuxa necesidade se constata no ámbito dos servizos sociais municipais.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

O obxecto da presente ordenanza é regular sobre o acceso e utilización das vivendas de emerxencia social que o Concello de Val do Dubra dispón en cada momento, destinadas ao aloxamento alternativo de unidades familiares en risco de exclusión social cando se xustifique o seu carácter de urxencia polos servizos sociais municipais.

Artigo 2. Natureza e finalidade

As vivendas de emerxencia social considéranse un recurso social no marco das prestacións propias dos servizos sociais, formando parte do dispositivo público municipal do aloxamento alternativo. Constitúen un establecemento residencial de carácter temporal, destinado a acoller familias usuarias dos servizos sociais, que se atopan en estado de necesidade social e/ou risco de exclusión, facilitando a normalización da súa convivencia e seu proceso de inserción social.

En consecuencia, serán os servizos sociais os que determinarán a prioridade no acceso ás mesmas, atendendo a criterios e requisitos establecidos na presente ordenanza.

Artigo 3. Determinación de vivendas de emerxencia social

O Concello de Val do Dubra determinará, a petición dos servizos sociais municipais, e en función da súa dispoñibilidade, as vivendas que se destinarán a emerxencia social, mantendo permanentemente actualizado un inventario das mesmas, que estará a cargo das entidades públicas titulares das vivendas, no que se fará constar a súa localización, titularidade, superficie e distribución, dotación e estado de ocupación e demais datos que se consideren precisos.

Artigo 4. Requisitos de acceso

Poderán ser beneficiarias das vivendas, conforme as condicións recollidas na presente ordenanza, aquelas familias residentes no Concello do Val do Dubra que, a proposta dos Servizos sociais municipais, reúnan os seguintes requisitos:

· Ser maior de idade ou ser menor emancipado/a.

· Acreditar empadroamento e residencia de forma efectiva no ámbito municipal de Val do Dubra, cunha antigüidade mínima de 3 meses á data de presentación da solicitude. Excepcionalmente, cando así poidan valoralo os servizos sociais por razón de necesidade, precariedade ou urxencia, terán a condición de beneficiarias aquelas persoas que non reúnan este requisito.

· Carecer de aloxamento adecuado, por causas sobrevidas ou de índole socio familiar.

· Non ter propiedades ou usufrutos de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración, posibilidade de venda ou calquera outra forma de explotación, indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios materiais suficientes para poder ter acceso a aloxamento.

· Non dispoñer de medios persoais ou familiares para acceder a unha vivenda.

· Atoparse enmarcadas voluntariamente nun Plan de inserción social definido polos servizos sociais orientado á normalización da convivencia familiar.

Para a acreditación dos ditos requisitos e valoración da necesidade do aloxamento en vivenda de emerxencia social dos servizos sociais poderase requirir a achega por parte das familias de canta documentación relativa as súas circunstancias persoais e socioeconómicas resulte necesaria, cando estas non consten no seu expediente.

Artigo 5. Documentación

Xunto coa solicitude, cando non se teña iniciado expediente con anterioridade, conforme ao modelo que consta no anexo 1, requírese a presentación da seguinte documentación (sen prexuízo da que poida requirir o departamento de servizos sociais):

1. DNI ou documento de identificación persoal de cada un dos integrantes da unidade familiar.

2. Libro de familia ou, no seu defecto, documento acreditativo de garda, custodia ou tutela.

3. Certificado de empadroamento e de convivencia, no caso de que non se autorice ao concello a facer a consulta de oficio.

4. Certificado de discapacidade, no seu caso.

5. En caso de incapacitación, sentenza de incapacidade.

6. Xustificación da situación económica de cada un dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos:

- Última declaración do IRPF ou, no caso de non ter que presentala, certificado de imputación de rendas.

- No caso de estar traballando con conta allea: fotocopia do contrato e das últimas tres nóminas.

- Certificado acreditativo do INEM en caso de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestación.

- No caso de estar de alta no réxime de autónomos, fotocopia das dúas últimas declaracións trimestrais a conta do IRPF.

- Se perciben algunha pensión ou prestación, certificado expedido polo organismo competente da contía mensual percibida.

- Declaración responsable de ingresos nos caso en que estes non se poidan acreditar documentalmente por parte da unidade familiar.

- Extracto das contas bancarias de todos os membros da unidade familiar onde se reflictan os movementos dos últimos 6 meses.

Artigo 6. Dereitos e deberes das persoas beneficiarias

1. Son dereitos das persoas beneficiarias:

a. Ser informado, polo servizos sociais municipais, con claridade, sobre as condicións de utilización da vivenda de emerxencia e dos seus dereitos e deberes.

b. Dispoñer da documentación precisa respecto ao réxime de ocupación da vivenda.

c. Recibir asesoramento e axuda dos servizos sociais acerca dos recursos que poidan precisar.

d. Dereito á confidencialidade de toda a información sobre a súa estancia e situación persoal e familiar.

e. Ser escoitado polo persoal dos servizos sociais municipais e formalizar peticións, reclamacións e suxestións en relación coa súa estancia.

2. Son deberes das persoas beneficiarias:

a. Destinar a vivenda de emerxencia social a domicilio habitual e permanente dos membros da unidade familiar durante o tempo de vixencia da duración da axuda, que consta no contrato de cesión, evitando o aloxamento de persoas alleas sen coñecemento e autorización previa dos servizos sociais.

b. Respectar as normas básicas de convivencia e aquelas que rexen o funcionamento da comunidade.

c. Manter a vivenda en bo estado de conservación e hixiene, coidando os seus elementos interiores e exteriores e evitando a realización de obras ou reformas sen autorización municipal.

d. Afrontar o pago dos gastos relacionados coa instalación e consumo de subministracións da luz, auga e gas relacionados coa vivenda nos termos establecidos no contrato de cesión, así coma no seu caso, as cotas e derramas da comunidade.

e. Aceptar a visita na vivenda por parte do persoal técnico dos servizos sociais tanto para o seguimento da situación socio-familiar, coma para a comprobación do estado e conservación do inmoble.

f. Comunicar inmediatamente aos servizos municipais calquera variación que poida experimentar a súa situación socio-familiar ou económica.

g. Responder directamente polos danos que poidan ocasionarse ás persoas ou cousas que sexan derivados do mal uso do inmoble e das subministracións da vivenda.

Artigo 7. Procedemento de adxudicación

A tramitación e resolución destas axudas realizaranse seguindo este procedemento:

- Presentación da solicitude conforme ao modelo oficial no Rexistro Xeral do Concello de Val do Dubra, ou por calquera dos medios indicados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, xunto coa documentación que se recolle na presente ordenanza (véxase o artigo 8). A solicitude poderase iniciar de oficio, mediante informe técnico emitido polo propio departamento de servizos sociais.

- Revisión da solicitude e da documentación presentada por parte do departamento de servizos sociais. Se esta non reunise todos os datos ou documentos aos que se fixo referencia anteriormente, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de 10 días, complete ou achegue os documentos que sexan necesarios. No seu defecto, entenderase por desistido na súa petición, co conseguinte arquivo das súas actuacións, tal e como se recolle na lei de procedemento común.

- Estudo e valoración da situación de necesidade por parte do departamento de servizos sociais do concello e elaboración dun informe social.

- Presentación da proposta técnica de valoración á Xunta de Goberno Local para a emisión da resolución correspondente, en todo caso terá que motivarse.

- Unha vez aprobada a mesma, levarase a cabo a súa formalización polo órgano correspondente da entidade pública titular das vivendas, a través da figura do contrato de cesión en precario e/ou medios legalmente establecidos para tal fin.

- Notificación á persoa interesada, no prazo máximo de 10 días hábiles.

Os servizos sociais municipais valorarán as propostas de adxudicación existentes cada vez que haxa vivenda vacante, priorizando entre as propostas presentadas ás familias con maior necesidade e que mellor se adecúen ás características do recurso.

Existirá un rexistro actualizado de familias propostas para a adxudicación de vivenda de emerxencia social e de beneficiarias das mesmas, cos seus correspondentes expedientes, que estará suxeito á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e de garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 8. Da incorporación e a estancia

A incorporación á vivenda, unha vez adxudicado o seu uso, requirirá da aceptación expresa por parte da familia beneficiara dos compromisos de inserción social establecidos polos servizos sociais, así como a formación do correspondente contrato de cesión en precario.

Naquelas situacións nas que se precise o aloxamento inmediato en vivenda de emerxencia social dunha familia, xa proposta polo departamento de servizos sociais, a Alcaldía-Presidencia poderá autorizar provisionalmente a entrada na vivenda da familia con independencia de que simultaneamente se continúe o procedemento establecido no artigo 7.

Artigo 9. Da finalización da estancia

O dereito á estancia ou utilización do recurso de vivenda de emerxencia social cesará por calquera dos seguintes motivos:

· Finalización do período inicial de estancia de 3 meses, ou subseguinte/s sen que exista proposta de prórroga por parte dos servizos sociais.

· Modificación substancial dos requisitos que determinaron o acceso, a criterio dos servizos sociais.

· Incumprimento reiterado dos deberes establecidos no artigo 6.

· Incumprimento dos compromisos adquiridos no Plan de inserción social.

Rescindido o contrato de cesión en precario, as persoas beneficiarias disporán de quince días naturais para abandonar a vivenda, debendo, á desocupación da mesma, formalizar a devolución das chaves á entidade titular e responder sobre o estado da vivenda.

De non producirse o desaloxo, promoverase de inmediato o procedemento xudicial do desafiuzamento.

Disposición Adicional

En todo aquilo que non estea contemplado nesta ordenanza estarase ao disposto na normativa vixente na materia.

Disposición Final primeira

De conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, esta ordenanza entrará en vigor unha vez se publique o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e despois de transcorrer o prazo de 15 días hábiles ao que se refire o artigo 65.2 da mesma lei, permanecendo vixente ata que se acorde súa modificación ou derogación expresa.

ANEXOS

Anexo I. Impreso da solicitude

Anexo II. Contrato Tipo de Cesión en Precario

 ANEXO I. SOLICITUDE DE ACCESO OU USO DE VIVENDA DE EMERXENCIA SOCIAL1

1.- DATOS DO SOLICITANTE

Nome e apelidos:

 

DNI:

 

Data de nacemento:

 

Sexo:

H ¿ M ¿

Enderezo:

 

Código Postal:

 

Teléfono:

 

Ingresos mensuais:

 

Réxime de Vivenda: alugamento, propiedade, outros:

 

Custo mensual:

 

2. -MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR







APELIDOS E NOME

PARENTESCO

IDADE

INGRESOS MENSUAIS

SINATURA

 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


3.- DECLARACIÓN

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados na presente solicitude e quedo informado/a da obrigación de comunicar ao departamento de servizos sociais deste concello calquera variación que puidera producirse no sucesivo, sendo consciente de que a ocultación ou falsidade de datos implicará o impedimento da tramitación da solicitude.

Val do Dubra, de de

(Sinatura)


ANEXO II. CONTRATO TIPO DE CESIÓN EN PRECARIO

Val do Dubra, o día ¿¿do mes¿.. de 202..

REUNIDOS

Dunha parte, e como cedente, o Concello do Val do Dubra, domicilio social na Rúa Arcai, núm. 41, Bembibre, no Concello de Val do Dubra, provincia da Coruña.

Doutra parte, e como cesionario precarista, ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, con DNI núm.¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., domiciliado en ............................................................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..................

O cedente actúa baixo a representación do alcalde¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

Pola súa contra, o cesionario actúa en propio nome e representación, recoñecéndose a ambas partes plena capacidade para o outorgamento do presente contrato.

EXPOÑEN

1º Que o Concello do Val do Dubra, é o propietario da vivenda sita en ¿¿..........................¿...

2º Que o cesionario precarista, de nome.........¿¿ está interesado en que lle sexa cedido en precario o inmoble referido, o que efectúan ambas partes conforme as seguintes:

CLÁUSULAS

Primeira.- O Concello do Val do Dubra, cede a .................................................................., a ocupación ou o uso en precario do inmoble referido, sen que medie prezo ou contraprestación algunha por parte do cesionario.

Segunda.- A cesión nas condicións indicadas efectuarase de forma libre e sometido a un prazo de 6 meses, con posibilidade de prorroga. O cedente propietario poderá dar por finalizada a cesión gratuíta en calquera momento, en atención a uns criterios obxectivos, tendo que comunicar tal circunstancia ao cesionario.

A estes efectos, requirido o cesionario, devolverá de forma inmediata, e en todo caso no prazo máximo de 15 días, a posesión e uso da vivenda. En caso contrario, se non se atendera o dito prazo, practicarase un desafiuzamento fronte ao cesionario.

Terceira.- Mentres o cesionario teña o uso da vivenda, serán do seu cargo os gastos derivados do seu uso (auga, luz, gas, teléfono) e gastos de comunidade, se fora o caso.

De igual xeito, serán a cargo do cesionario as reparacións que esixa o desgaste polo uso ordinario da vivenda, non podendo realizar obras sen permiso do propietario.

Consecuentemente, o cesionario devolverá a vivenda no mesmo estado de conservación que a recibiu.

E en proba de conformidade, firman o presente contrato por duplicado no lugar e data do encabezamento.

O alcalde Cesionario precarista

Diego Luís Díaz Méndez ........................................».