Boqueixón - Ordenanza municipal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Boqueixón

Publicación provisional: 18/03/2026 BOP Nº: 52
Publicación definitiva: 19/05/2026 BOP Nº: 92
Aplicable dende: 19/05/2026

Artigo 1º. Obxecto

O Concello de Boqueixón, no uso das facultades recoñecidas no artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e ao amparo dos artigos 41 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, cuxas normas reguladoras recóllense nesta Ordenanza.

Artigo 2º. Concepto

Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polas persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, entendido este como un servizo público de carácter local nos termos e condicións que se regulan na Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Boqueixón.

Artigo 3º. Persoas obrigadas ao pagamento

Estarán obrigadas ao pagamento do prezo público regulado nesta Ordenanza as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este concello, en calquera das súas modalidades de prestación.

Artigo 4º. Contía do prezo público

A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza será determinada en termos de prezo/hora.

O prezo por hora será o que determine a cláusula que corresponda do contrato en vigor para a prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Boqueixón; o seu importe publicarase no perfil do contratante do concello e no Portal de Transparencia da entidade.

Artigo 5º. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo por dependencia

1.- A capacidade económica das persoas en situación de dependencia, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2.- O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas en situación de dependencia valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, así como a participación no custo do servizo, de conformidade co artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

3.- Establécese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais e quedará integramente á disposición do seu perceptor unha contía equivalente ao 49% dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual.

Garantiráselle á persoa usuaria unha dispoñibilidade anual mínima de 2.653 euros, no suposto de que a persoa usuaria traballe nun centro especial de emprego; este importe será actualizado anualmente de acordo á variación interanual do IPREM.

4.- Nos ingresos da persoa usuaria non se terán en consideración como renda a contía das prestacións de análoga natureza e finalidade recollidas no artigo 31 da Lei 39/2006, do 14 de decembro. As ditas prestacións sumaranse á contía calculada de acordo cos criterios de participación do servizo ata o 100% do custe de referencia do servizo.

Artigo 6º. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo por libre concorrencia

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006 do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados segundo as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991 do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991 do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 7º. Participación no financiamento do servizo das persoas en situación de dependencia con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM), ata

Grao I de 20 a 37h

Grao II de 38 a 64h

Grao III de 65 a 94h

100.00%

0,00%

0,00%

0,00%

115,00%

4,52%

9,61%

14,70%

125,00%

5,41%

11,50%

17,58%

150,00%

5,55%

11,79%

18,03%

175,00%

5,65%

12,00%

18,35%

200,00%

5,72%

12,16%

18,60%

215,00%

6,03%

12,82%

19,61%

300,00%

6,24%

13,26%

20,29%

350,00%

6,42%

13,63%

20,85%

400,00%

6,54%

13,90%

21,25%

450,00%

6,63%

14,09%

21,55%

500,00%

6,70%

14,25%

21,79%

>500,00%

6.73%

14,36%

21,97%

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM), ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia e terapia ocupacional

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia e terapia ocupacional

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia e terapia ocupacional

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

 


<=15

<=28

<=45

100,00%

0,00%

12,87%

13,76%

0,00%

22,73%

24,29%

0,00%

35,51%

37,95%

115,00%

5,98%

13,10%

14,00%

10,56%

23,12%

24,71%

16,50%

36,13%

38,61%

125,00%

7,15%

13,39%

14,31%

12,63%

23,64%

25,26%

19,73%

36,94%

39,47%

150,00%

7,34%

13,52%

14,44%

12,95%

23,87%

25,50%

20,24%

37,29%

39,85%

175,00%

7,47%

13,61%

14,54%

13,18%

24,03%

25,67%

20,60%

37,54%

40,12%

200,00%

7,57%

13,76%

14,70%

13,36%

24,29%

25,96%

20,87%

37,96%

40,56%

215,00 %

7,68%

13,83%

14,78%

13,56%

24,42%

26,09%

21,18%

38,16%

40,77%

250,00%

7,98%

13,96%

14,91%

14,09%

24,64%

26,33%

22,01%

38,50%

41,14%

300,00%

8,25%

14,06%

15,02%

14,57%

24,82%

26,52%

22,77%

38,78%

41,44%

350,00%

8,48%

14,16%

15,13%

14,98%

25,00%

26,72%

23,40%

39,07%

41,74%

400,00%

8,65%

14,35%

15,33%

15,27%

25,33%

27,06%

23,85%

39,57%

42,29%

>400,00%

8,77%

14,48%

15,48%

15,48%

25,57%

27,32%

24,19%

39,95%

42,69%


Artigo 8.- Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias do servizo por libre concorrencia

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo con base no cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido nesta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custo do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,00 IPREM

10%

Maior de 1,00 e menor ou igual a 1,25 IPREM

15%

Maior de 1,25 e menor ou igual a 1,50 IPREM

20%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 1,75 IPREM

25%

Maior de 1,75 e menor ou igual a 2,00 IPREM

30%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,25 IPREM

40%

Maior de 2,25 e menor ou igual a 2,50 IPREM

50%

Maior de 2,50 IPREM

75%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Artigo 9. Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos

De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Boqueixón en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

Artigo 10. Nacemento da obriga de pagamento

O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza nace, en xeral, desde que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1.- Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e, con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.

2.- Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria para que se efectúe o pagamento.

Artigo 11. Normas de xestión

1.- Cando unha persoa usuaria, dentro do mes natural, cambie de modalidade de prestación do servizo (de libre concorrencia a dependencia) emitiranse dous recibos correspondentes ao período de desfrute do servizo en cada unha das modalidades.

2.- O cobro das tarifas do prezo público xestionarase a partir dun padrón constituído polos recibos comprensivos das persoas obrigadas ao pagamento, tarifas aplicables e número efectivo de unidades de prestación do servizo no período impositivo. Este padrón aprobarase mensualmente dentro dos trinta días seguintes á finalización do período impositivo correspondente e publicarase o anuncio no taboleiro municipal de edictos

3.- O medio de pago ordinario será o de domiciliación bancaria nas contas sinaladas polas persoas obrigadas ao pago, producíndose o cargo dentro dos dez primeiros días desde a aprobación do padrón correspondente.

Artigo 12. Infraccións e sancións

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003 do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real decreto 939/2005 do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación e, no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Disposición adicional primeira

As horas aboadas serán as efectivamente prestadas no domicilio da persoa usuaria.

Disposición adicional segunda

No prazo máximo de catro meses desde a aprobación desta Ordenanza procederase á revisión da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar pola modalidade de libre concorrencia co obxecto de actualizar a súa participación económica no custo deste.

Disposición derrogatoria

Esta ordenanza derroga expresamente a Ordenanza fiscal reguladora do servizo de axuda no fogar no Concello de Boqueixón, aprobada no Pleno da Corporación do 9 de setembro de 2015 e publicada no BOP número 2015 de data 10 de novembro de 2015.

Disposición final

Esta ordenanza entrará en vigor logo da súa aprobación definitiva polo Pleno da Corporación e, cando, publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.