Santa Comba - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO MUNICIPAL DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA E PREVENCIÓN DO DETERIORO COGNITIVO REXENERA-T
Artigo 1. Obxecto
1.1 A presente ordenanza ten por obxecto establecer e regular o réxime xurídico e económico do prezo público correspondente á prestación do Servizo Municipal de Estimulación Terapéutica e Prevención do Deterioro Cognitivo ¿Rexenera-T¿ para persoas maiores do Concello de Santa Comba, de acordo co establecido nos artigos 41 a 49 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 2. Feito impoñible
2.1 Constitúe o feito impoñible deste prezo público a prestación do servizo consistente na realización de sesións terapéuticas destinadas á promoción da autonomía e ao mantemento das capacidades funcionais das persoas maiores.
Artigo 3. Obrigados ao pagamento
3.1 Están obrigadas ao pagamento do prezo público as persoas usuarias admitidas no servizo, ou no seu caso, quen as represente legalmente.
Artigo 4. Nacemento da obriga
4.1 A obriga de pagamento nace dende o momento no que se inicie a prestación do servizo, e devengarase por meses completos, independentemente do número de sesións asistidas.
Artigo 5. Contía
5.1 A asistencia poderá organizarase en tres modalidades:
a) Cinco días á semana (de luns a venres).
b) Tres días á semana (luns, mércores e venres).
c) Dous días á semana (martes e xoves).
5.2 A contía do prezo público establecerase da seguinte maneira:
Nº de días á semana Importe mensual
5 días 100 €
3 días 60 €
2 días 40 €
Artigo 6. Bonificacións
6.1 Poderán aplicarse as seguintes bonificacións, logo de informe técnico dos servizos sociais municipais: 1. Bonificación de ata o 100% da cota cando se acredite situación de especial dificultade económica. 2. Bonificación por concorrencia de membros da mesma unidade de convivencia Cando dous membros ou máis da mesma unidade familiar sexan usuarios do servizo, aplicarase unha bonificación do 25% para cada un.
6.2 As bonificacións terán carácter temporal e serán revisadas anualmente e estas non serán acumulables.
Artigo 7. Normas de Xestión
7.1 A xestión, liquidación e recadación do prezo público corresponderá ao Concello.
7.2 O cobro das tarifas do prezo público recollidas nesta ordenanza farase mediante domiciliación bancaria.
7.3 O impago de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas poderá supor a baixa da persoa usuaria no servizo.
7.4 O desestimeno ou falta de asistencia dos usuarios ao servizo non suporá redución nin exención da obriga de pagamento, non procedendo a devolución das contías ingresadas salvo que por causas non imputables ao obrigado ao pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenrole.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.