Santa Comba - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS OU REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

Publicación provisional: 06/04/2026 BOP Nº: 62
Publicación definitiva: 28/05/2026 BOP Nº: 99
Aplicable dende: 28/05/2026

Artigo 1.º. Fundamento.

En uso das atribucións conferidas nos artigos 41 ao 47 e 127 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLRFL), este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo ou a realización de actividades de índole cultural.

Artigo 2.º. Concepto.

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que satisfarán os usuarios/as que voluntariamente soliciten a prestación dos servizos ou a realización das actividades de índole cultural prestados polo Concello de Santa Comba.

2.1. Se con posterioridade ao establecemento do presente prezo público, cesasen na prestación do servizo as entidades culturais privadas que actualmente concorren na realización de actividades similares ás que se desenvolven nas instalación municipais ou se prestan polos servizos municipais, o prezo público transformarase en taxa.

2.2. En caso de resultar preceptiva a transformación anterior, o Concello aprobará a Ordenanza fiscal correspondente reguladora da taxa pola prestación de servizos ou a realización de actividades culturais.

2.3. Cando os prezos públicos por servizos ou actividades de índole cultural, de carácter periódico teñan que transformarse en taxa pola causa prevista no apartado 2.º, non será preciso realizar a notificación individual á que se refire o art. 102.3 da lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, sempre que o suxeito pasivo e a cota da taxa coincidan co obrigado ó pago e o importe do prezo público ó que substitúe.

Artigo 3.º. Obrigados ao pagamento.

3.1. A obriga de pagar o prezo público nace desde o momento en que se presta o servizo ou se realiza a actividade, aínda que a Corporación poderá esixir o depósito previo do seu importe total ou parcial, conforme ao artigo 46.1 do TRLRFL.

3.2. No caso de menores de idade actuarán como substitutos da obriga, o pai, a nai ou o titor/a legal da persoa física matriculada.

3.3. Cando por causas non imputables ao obrigado ao pago, o servizo público ou actividade non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente, conforme ao artigo 46.2 do TRLRFL

Artigo 4.º. Contía dos prezos públicos.


4.1. O importe dos recibos deberá cubrir como mínimo, o custo do servizo prestado ou da actividade realizada.

4.2. Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos, deberán consignarse nos orzamentos da entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante, se a houbese.

4.3 A contía dos dereitos a percibir polo prezo público pola prestación de servizos ou actividades culturais será a seguinte:

TÍTULO: ACTIVIDADES CULTURAIS MUNICIPAIS

 


DURACIÓN

PERÍODO DE COBRO

PREZO PÚBLICO/USUARIO

1. ENSINANZAS MUSICAIS

· MÚSICA E MOVEMENTO (3 a 6 anos)

Unha hora semanal de duración

9 MESES

TRIMESTRAL

60 €

· INSTRUMENTO (a partir de 7 anos)

Unha hora semanal de duración e inclúe linguaxe musical

9 MESES

TRIMESTRAL

90 €

· AGRUPACIÓNS MUSICAIS (a partir de 7 anos)

Para os asistentes a Ensinanzas musicais unha hora semanal de duración

Variable

Non aplica

Gratuita

2. OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS

Variable

A DETERMINAR

A determinar de acordo co estudo de costes

3. VIAXES, EXCURSIÓNS E ENTRADAS A EVENTOS FÓRA DO CONCELLO

Variable

A DETERMINAR

A determinar de acordo co estudo de costes

4.4. Entenderanse como OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS aquelas que promovan, difundan e preserven a cultura, as tradicións e as expresións artísticas da nosa comunidade.

4.5. Viaxes, excursións e entradas a eventos fóra do concello. Para a prestación do servizo municipal de organización, xestión e desenvolvemento de excursións, saídas e actividades complementarias de carácter cultural, levadas a cabo no marco dos programas municipais cultura ou en colaboración cos centros de ensino do termo municipal ou as entidades e asociacións culturais, dado o carácter variable dos custos de transporte, entradas e outros gastos inherentes a cada actividade, o prezo público esixible a cada participante determinarase para cada excursión individualmente, de acordo co seguinte criterio:

4.6. A contía do prezo público, a esixir nos puntos dous e tres da táboa, será o resultado de imputar o custo real e total da prestación do servizo, sen ánimo de lucro, repartindo o devandito custo entre o número total de persoas participantes na actividade.

4.6.1 Conceptos computables (Custos Directos)

Para efectos do cálculo do custo total da actividade a repercutir, consideraranse exclusivamente os seguintes custos directos, que deberán ser xustificados e detallados na ficha de cada actividade, excursión ou viaxe:

· Custos de desprazamento: importe real da contratación de autobuses, outros medios de transporte ou combustible.

· Custos de acceso: prezo de adquisición das entradas a museos, espazos culturais, parques ou recintos de interese educativo ou lúdico.

· Custos de Persoal Externo: docencia cursos, honorarios de guías, monitores ou profesionais externos contratados específicamente para o desenvolvemento da actividade, etc

· Outros Custos Directos: gastos de seguros, material específico, comidas e outros gastos debidamente xustificados e necesarios para a realización da excursión, etc.

· Custos indirectos: persoal organizador da actividade, xestión administrativa, recadación, etc.

4.6.2.Procedemento de liquidación e notificación.

A ficha informativa de cada actividade, excursión ou viaxe, que deberá ser aprobada polo órgano municipal competente con antelación á realización da actividade, recollerá o desglose dos custos estimados e o cálculo do prezo por participante de conformidade co establecido nesta Ordenanza.

No caso de viaxes, excursións e entradas a eventos fóra do concello a liquidación provisional farase efectiva antes da saída.

No caso doutras actividades culturais, a liquidación e o período de cobro fixarase segundo o acordado polo órgano competente.

4.6.3.Axustes e devolucións. No caso de que o custo real da excursión ou viaxe, tras a súa execución, resulte ser inferior ao prezo provisionalmente liquidado, o Concello procederá á devolución do exceso cobrado a cada participante.

4.6.4.Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, o órgano competente poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferenza existente.

Artigo 5.º. Normas de xestión e pagamento.

5.1. A obriga de pagamento nace no momento en que se formaliza a solicitude de inscrición na actividade. Unha vez formalizada esta, as cotas trimestrais faranse efectivas por medio de domiciliación bancaria no primeiro mes de cada trimestre (outubro, xaneiro e abril). No caso das cotas mensuais e de sesión, faranse efectivas ao final de cada mes.

5.2. A inscrición en calquera actividade supón a aceptación da domiciliación de recibos a excepción das actividades ou servizos que, pola súa natureza de carácter esporádico, requiriran o pago das persoas usuarias nas contas bancarias que para tal efecto se lles sinale.

5.3. A persoa solicitante da actividade está obrigada a presentar a correspondente solicitude de inscrición nos impresos habilitados para tal efecto nas oficinas municipais competentes.

5.4. As débedas por prezo público poderán esixirse mediante o procedemento administrativo de constrinximento cando se produza o seu vencemento sen que se teña conseguido o cobro a pesar de terse realizado as xestións oportunas.

5.5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade, darase preferencia aos particulares con empadronamento no Concello de Santa Comba e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.

5.6. A baixa da actividade deberá ser solicitada polas persoas interesadas por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos ao mes seguinte, no caso de actividades mensuais e no trimestre seguinte de ser trimestrais.

5.7. Se produce unha alta no medio do trimestre, aplicaráselle a parte correspondente proporcional ó importe do trimestre, de xeito que:

¿Se a data da alta está dentro do 1.º mes do período trimestral, aboarase a tarifa trimestral completa.

¿Se a data da alta está dentro do 2.º mes trimestral, aboarase 2/3 da tarifa trimestral.

¿Se a data da alta está dentro do 3.º mes trimestral, aboarase 1/3 da tarifa trimestral.

5.8. No caso de que por causas non imputables á persoa interesada, esta non poida asistir á actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público previa solicitude e documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de asistir (motivos laborais ou de saúde, traslados e similares). Non será suficiente unha declaración sen aportar xustificación. Será preciso presentar por escrito e ante rexistro unha renuncia da persoa usuaria, con indicación de data de baixa prevista.

5.9. Unha persoa usuaria poderá ser dada de baixa por parte do servizo municipal cando se verifique unha das seguintes situacións:

¿ Perda das capacidades necesarias para a participación na actividade, ou manifestación reiterada de comportamentos antisociais ou incompatibles coa boa marcha do grupo, valorado pola persoa responsable do desenvolvemento da actividade e co visto bo do técnico municipal correspondente.

¿ Incumprimento do pagamento das cotas correspondentes no prazo estipulado, salvo xustificación técnica da situación que o provoca.

¿ Ausencia non xustificada ou non comunicada, superior ó 20% das horas totais da duración prevista da actividade. A estes efectos establécese a obrigatoriedade de control de asistencia nas actividades.

¿ Ceses na prestación do servizo ou actividade por parte do Concello.

As baixas causarán efecto na data indicada na correspondente solicitude, podendo disporse da súa cobertura a través da lista de agarda de forma inmediata.

Artigo 6.º. Exencións e bonificacións

Ao abeiro do artigo 9 do TRLRFL, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.

6.1. Exencións

Non se concederán outras exencións que as previstas legalmente.

Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 44.2 do referido TRLRFL, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes exencións:

6.1.1 Estarán exentas as persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe de servizos sociais do Concello, ata un máximo de 2 actividades por persoa usuaria.

6.2. Bonificacións

Ao abeiro do artigo 44.2 do referido texto refundido, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes bonificacións:

6.2.1. As persoas que acrediten formar parte de familia numerosa terán unha bonificación do 30% na tarifa de cada unha das actividades educativas nas que se inscriban, ata un máximo de 3.

6.2.2. As persoas que acrediten formar parte dunha familia monoparental terán unha bonificación do 30% na tarifa de cada unha das actividades nas que se inscriban, ata un máximo de 3.

6.2.3. As persoas que acrediten un grado recoñecido de discapacidade terán unha bonificación do 30% na tarifa de cada unha das actividades nas que se inscriban, ata un máximo de 3.

6.2.4. As persoas posuidoras do Carné Xove e maiores de 65 anos terán unha bonificación do 20% na tarifa de cada unha das actividades nas que se inscriban. Ata un máximo de 3.

6.3. Ditas bonificacións quedarán suspendidas no caso de alteración das circunstancias persoais con posterioridade ao comezo das actividades, quedando obrigadas as persoas usuarias a comunicarlle ao Concello a variación de ditas circunstancias.

6.4. As bonificacións previstas concederanse por solicitude da persoa interesada, que deberá acreditar a situación específica coa documentación correspondente no momento da inscrición.

6.5. As bonificacións non serán acumulativas.

6.6. O Concello de Santa Comba reservarase o dereito de programar actividades, cursos, obradoiros ou talleres de carácter gratuíto.

6.7. En casos excepcionais, a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos correspondentes, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

Para o non previsto na presente Ordenanza estarase ao disposto no TRLRFL, a Lei 8/1989, de taxas e prezos públicos, a ordenanza de recadación e a Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais, aprobada polo Pleno da Corporación municipal en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de novembro de 2006 (publicada no BOP n.º 8, do 11/01/2007) e outros ingresos de dereito público deste Concello.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, reguladora do prezo público pola prestación de servizos ou realización de actividades culturais, entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, logo de que se publique íntegramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia.