Rois - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL DE SENRA

Publicación provisional: 10/04/2026 BOP Nº: 66
Publicación definitiva: 03/06/2024 BOP Nº: 103
Aplicable dende: 03/06/2024

Artigo 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA

De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R. D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Rois, na súa calidade de administración pública territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, establécese o prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal de Senra e nos espazos anexos.

Artigo 2º. FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible do prezo público a utilización da piscina municipal que realiza este Concello.

Artigo 3º. SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas que resulten beneficiadas ou afectadas polo servizo prestado a que se refire o apartado anterior. Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización da piscina municipal e dos espazos anexos.

Artigo 4º. COTA TRIBUTARIA

A cota tributaria será a cantidade resultante de aplicar a seguinte tarifa:

-ata 4 anos: acceso gratuíto

-de 5 a 17 anos: 1,00 €/día

12,00 €/campaña de verán

- de 18 anos ou máis: 2,00 €/día

25,00 €/campaña de verán

Poderase solicitar a emisión dun carné para toda a unidade familiar e para toda a campaña de verán, cunha tarifa total de 37,00 €/campaña de verán.

Artigo 5º. EXENCIÓNS OU BONIFICACIÓNS

Concederase unha única bonificación do 15% únicamente no carné para toda a campaña de verán (non no caso nos prezos por días soltos) no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con algunha discapacidade recoñecida de máis do 33% e no caso de persoas maiores de 65 anos.

Os membros de Protección Civil e as persoas voluntarias terán acceso libre á piscina municipal para o desempeño das súas funcións de vixilancia, protección e seguridade e das tarefas de solidariedade cidadá en beneficio da comunidade, e poderán facer uso gratuíto das instalacións.

Artigo 6º. DEVINDICACIÓN

Devindícase o prezo público e nace a obriga de contribuír desde que se preste o servizo municipal que constitúe o seu feito impoñible.

Artigo 7º. DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO

O cobro do prezo público correspondente efectuarase:

a) No momento da expedición dos carnés que se soliciten.

b) No momento de entrar ao recinto, nos demais casos.

Como xustificantes do pago emitiranse os recibos oportunos.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza consta de sete artigos e dunha disposición final.

Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo disposto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.