Índice

Cabana de Bergantiños - PREZO PÚBLICO POLA ACTIVIDADE DE CAMPAMENTO MENIÑEIRO (VERÁN 2026)

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/06/2026 BOP Nº: 104
Aplicable dende: 04/06/2026

Tarifas

Conforme o disposto nos artigos 41, 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e na Ordenanza reguladora do prezo público por actividades educativas, culturais e deportivas (BOP nº 184 do 26 de setembro de 2014) faise público a efectos de coñecemento xeral e publicidade que a Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 28 de maio de 2026 acordou o establecemento do prezo público pola actividade de campamento de verán, Programa Meniñeiro:

PREZO PÚBLICO PROGRAMA MENIÑEIRO VERÁN 2026 DESTINATARIOS: MENORES ESCOLARIZADOS EN INFANTIL E PRIMARIA

IMPORTE TARIFA XERAL

(PREZO POR MENOR E QUENDA)

1ª QUENDA: do 1 ao 15 de xullo de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 20,00 €

2ª QUENDA: do 16 ao 31 de xullo de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 20,00 €

3ª QUENDA: do 3 ao 14 de agosto de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 20,00 €

4ª QUENDA: do 17 ao 28 de agosto de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 20,00 €

PREZO PÚBLICO PROGRAMA MENIÑEIRO VERÁN 2026 DESTINATARIOS: MENORES ESCOLARIZADOS EN INFANTIL E PRIMARIA

IMPORTE TARIFA MENORES FAMILIAS MONOPARENTAIS, MENORES CON GRAO DE DISCAPACIDADE SUPERIOR AO 33%, E CANDO ASISTAN VARIOS IRMÁNS O SEGUNDO E SUCESIVOS

(PREZO POR MENOR E QUENDA)

1ª QUENDA: do 1 ao 15 de xullo de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 11,25 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

2ª QUENDA: do 16 ao 31 de xullo de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 11,25 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

3ª QUENDA: do 3 ao 14 de agosto de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 11,25 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

4ª QUENDA: do 17 ao 28 de agosto de 2026

- De 10:00 a 14:00 h. ¿ 11,25 €

- De 9:00 a 14:00 h. ¿ 15,00 €

*Para menores pertencentes a familias monoparentais se achegará certificado de familia monoparental e para menores cun grao de discapacidade superior ao 33% se achegará certificado do grao de discapacidade.

As solicitudes de inscrición realizaranse a través da plataforma de xestión de actividades https://cabana.gal/menineiro-veran-2026/ ou excepcionalmente, ante o departamento correspondente, reservándose o Concello a posibilidade de abrir novos prazos de inscricións.

O abono do prezo público realizarase unha vez confirmada a obtención de praza, a través dos medios habilitados polo Concello, principalmente a través de tarxeta bancaria e no seu defecto, a través de domiciliación bancaria do recibo correspondente.