Coristanco - Prezos públicos actividades conciliación curso 26-27

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 09/06/2026 BOP Nº: 107
Aplicable dende: 09/06/2026

Tarifas

1. Tarifas para a actividade madrugadores curso 2026/2027 (días lectivos):

- 1/2 hora: 8,5 €/mes

- 1 hora:17 €/mes

- 1,5 hora: 25,50 €/mes.

- PREZO DÍA SOLTO: 2 € DÍA.

2. Tarifas para a actividade aula lúdica curso 2026/2027 (días lectivos):

- 1 hora: 12,50 €/mes

- 2 horas: 25 €/mes

- 3 horas: 37,50 €/mes

- PREZO DÍA SOLTO: 2 €/DÍA

3. Tarifas para as actividades extraescolares curso 2026/2027:

- 10 € por actividade/mes.

As tarifas esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo sinalar o interesado no momento da súa solicitude se opta polo pagamento previo conxunto para toda a actividade ou pola modalidade de pagamento rateado por trimestres con carácter anticipado ao inicio de cada trimestre natural.

· Unicamente procederá a devolución das cotas aboadas por adiantado nos casos en que non se preste o servizo por causas imputables ao Concello, rateando no seu caso polo tempo no que non se puido prestar o servizo.

Bonificacións

Bonificacións a aplicar nas tarifas anteriores:

BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS

 


A- SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR

PUNTOS

Mulleres víctimas violencia xénero

2

Familia monoparental

2

Familia numerosa

2

Dous o mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar

2

Calquera outra situación socio-familiar susceptible de valoración

1

B-SITUACIÓN ECONÓMICA MEMBROS UD. FAMILIAR (RENDA PCAP.)

 


Menor ou igual ao 75 % do IPREM (12 meses)

5

Menor ou igual ao 125 % do IPREM (12 meses)

4

Menor ou igual ao 175 % do IPREM (12 meses)

3

Superior ao 175 % do IPREM (12 meses)

2

- A bonificación que se aplicará se determinará en función da suma dos puntos do apartado anterior e conforme o seguinte:

PUNTUACIÓN

REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA

De 10 puntos en diante

50%

De 8 a 10 puntos

25%

Menos de 8 puntos

sen reducción

As persoas usuarias que pretendan a aplicación das bonificacións recollidas no apartado anterior deberán presentar a documentación xustificativa coa súa solicitude de participación na actividade.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outro tipo de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convidencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por familia monoparental, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non convivan con outra persoa coa que manteña unha situación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu substento.