Coirós - PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL DE COIRÓS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/06/2026 BOP Nº: 119
Aplicable dende: 26/06/2026

Artigo 1º. Obxecto

De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R. D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécese o prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal de Coirós.

Artigo 2º. Descrición dos servizos

A prestación do servizo de piscina municipal constitúe un servizo público de carácter deportivo e

recreativo, orientado ao fomento da actividade física, á promoción da saúde e ao interese xeral da

poboación do municipio.

A piscina municipal de Coirós presta os seguintes servizos durante a tempada de verán:

· Baño libre e abonos para todos os usuarios, suxeito ao aforo e horario establecidos.

· Cursos de natación, nas seguintes modalidades:

- Cursos infantís (iniciación e perfeccionamento).

- Cursos de aquagym adultos

Artigo 3º. Persoas obrigadas ao pagamento

Están obrigadas ao pagamento as persoas físicas que resulten beneficiadas ou afectadas polo servizo prestado a que se refire o apartado anterior.

Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos no presente acordo regulador ou que procedan á utilización da piscina municipal.

Artigo 4º. Tarifas

4.1. Entradas e abonos piscina

MODALIDADE

PREZO

Actividades municipais

De balde

Menores de 3 anos (3 anos cumpridos no ano natural)

De balde

Entrada diaria Baño libre

3€

Abonos individuais mensuais (xullo ou agosto)

10€

Abonos individuais tempada completa

15€

Abonos familiares mensuais (xullo ou agosto)

15€

Abonos familiares tempada completa

25€

4.2. Cursos de natación

Modalidade

Duración

Prezo

Curso infantil de iniciación

1 mes (xullo)

15,00 €

Curso infantil de perfeccionamento

1 mes (xullo)

15,00 €

Aquagym adultos

1 mes (xullo)

15,00 €

*Cada curso comprende un mínimo de 8 sesións por mes. O Concello resérvase o dereito de non iniciar un curso se non se acada o número mínimo de inscritos.

Artigo 5º. Descontos

5.1. En aplicación da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, na que se recoñecen as familias numerosas e as familias monoparentais como familias de especial consideración, así como dos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal recollidos na normativa estatal e autonómica en materia de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, establécese unha bonificación do 50% sobre o prezo público dos abonos mensuais de acceso á piscina municipal.

Dita bonificación será aplicable ás familias numerosas, ás familias monoparentais e ás persoas que acrediten ter ao seu cargo unha persoa con discapacidade, como medida de apoio ás unidades familiares con maiores cargas e situacións de especial vulnerabilidade.

A bonificación será de aplicación exclusiva aos bonos mensuais, non sendo extensible á modalidade de baño libre nin cursos de natación, e estará condicionada á acreditación da condición correspondente conforme á normativa vixente.

5.2. Establécese unha bonificación do 100% sobre o prezo público dos abonos mensuais de acceso á piscina municipal para persoas en situación de desemprego. A bonificación non é extensible á modalidade de baño libre nin cursos de natación, e estará condicionada á acreditación da condición correspondente conforme á normativa vixente.

Artigo 6º. Cobramento

O cobramento do prezo público correspondente efectuarase:

a) No momento da expedición dos abonos que se soliciten.

b) No momento de entrar ao recinto, nos demais casos.

Como xustificantes do pagamento emitiranse os recibos oportunos.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente texto regulador consta de seis artigos e dunha disposición final.

Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.