Vimianzo - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE VIMIANZO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
A Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, 6/2018, de 3 de xullo, permitía que as Administracións Públicas, determinasen previa negociación colectiva e de acordo cunhas regras, as retribucións a percibir polo persoal ao seu servizo en situación de incapacidade temporal.
Deste xeito a Disposición adicional 54ª UNO LPXE 2018 establecía o seguinte:
Cada Administración Pública poderá determinar, previa negociación colectiva, as retribucións a percibir polo persoal ao seu servizo, ó dos organismos e entidades públicas dependentes, en situación de incapacidade temporal e no caso do persoal funcionario ao que se lle expedise licenza por enfermidade, de acordo coa seguintes regras:
1ª respecto ao persoal funcionario incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social e ao persoal estatutario e laboral, se poderá establecer un complemento retributivo desde o primeiro día de incapacidade temporal que, sumado á prestación do réxime xeral da seguridade social, alcance ata un máximo do cen por cen das súas retribucións fixas do mes de inicio da incapacidade temporal.
2ª respecto ao persoal funcionario incluído no réxime de mutualismo administrativo, de acordo co réxime retributivo establecido na súa normativa, ademais do subsidio de incapacidade temporal, cada administración pública poderá acordar, previa negociación colectiva, para o período de tempo que non comprenda a aplicación do subsidio de incapacidade temporal, a percepción de ata o 100% das retribucións básicas e complementarias correspondentes as súas retribucións fixas do mes de inicio da incapacidade temporal. Durante a percepción do subsidio por incapacidade temporal, este poderá ser complementado polo órgano encargado da xestión de persoal, previa negociación colectiva, ata alcanzar como máximo o 100% das retribucións que o funcionario houbera percibido o mes de inicio da incapacidade temporal.
Para o período de tempo no que se aplique o subsidio por incapacidade temporal, estarase ao previsto na súa actual normativa reguladora.
DOS. Para a determinación do previsto nos apartados anteriores poderán, no seu caso, establecerse diferentes escenarios retributivos en función do tipo de continxencia que houbera dado lugar á incapacidade temporal ou á duración da mesma, sen que en ningún caso o réxime de seguridade social de pertenza poda xustificar un trato mais prexudicial para ou ou outro colectivo, computando para elo tanto as prestacións ou subsidios á que se teña dereito como as retribucións que se aboen pola administración respectiva, para o cal dita administración deberá aprobar, de acordo co previsto no apartado anterior, o abono de unhas retribucións que permitan garantir esta equivalencia de percepcións.
Os supostos de incapacidade temporal derivados de continxencias profesionais, así como os que afecten á muller xestante, deberán ter necesariamente o trato mais favorable dos acordados pola administración respectiva.
TRES. Polas distintas administracións públicas deberá regularse a forma de xustificación das ausencias por causa de enfermidade ou que dean lugar á unha incapacidade temporal, mediante a esixencia do correspondente parte de baixa ou documentación acreditativa, segundo proceda, dende o primeiro día de ausencia.
CUATRO. Cada Administración pública deseñará un plan de control do absentismo, que deberá ser obxecto de difusión pública, a través do respectivo Portal de Transparencia. No dito portal será igualmente obxecto de publicación os datos de absentismo, clasificados pola súa causa, con unha periodicidade polo menos trimestral.
O Concello de Boimorto adoptou diversos acordos relativos á mellora voluntaria da acción protectora da Seguridade Social en situación de incapacidade temporal do persoal ao seu servizo, sendo o último deles o adoptado con data do 31 de outubro de 2024.
Non obstante, á vista da experiencia acumulada na súa aplicación e da necesidade de clarificar e regular determinadas cuestións non recollidas de maneira expresa nos acordos anteriores, considérase conveniente aprobar un novo acordo que substitúa e actualice a regulación existente, garantindo unha aplicación homoxénea, clara e segura do complemento retributivo correspondente ás situacións de incapacidade temporal.
O presente acordo adóptase ao abeiro do artigo 43 e dos artigos 238 e seguintes do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro; da disposición adicional quincuaxésima cuarta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para 2018 xa citada; dos artigos 37 e 38 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; e dos artigos 4 e 146.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, na redacción dada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
CAPÍTULO I. OBXECTO E DETERMINACIÓN DAS PARTES.
Artigo 1.- Obxecto.
O presente Acordo adóptase ao abeiro do disposto no capítulo IV do Título III do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e pola disposición adicional 54ª UNO LPXE 2018, e ten como obxecto regular os complementos que se aboarán aos empregados e empregadas do Concello de Boimorto en concepto de mellora voluntaria da acción protectora da Seguridade Social, nas situacións de incapacidade temporal.
Artigo 2.- Determinación das partes que o concertan.
As partes que concertan este acordo son o Concello de Boimorto, no exercicio da súa autonomía local e os/as representantes legais do persoal funcionario e laboral do Concello do Boimorto.
CAPÍTULO II. ÁMBITO, VIXENCIA E CONDICIÓNS DE APLICACIÓN.
Artigo 3.- Ámbito persoal
De acordo co previsto no artigo 38.8 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, as normas contidas neste acordo son de aplicación ao conxunto dos empregados/as do Concello de Boimorto.
Artigo 4.- Ámbito funcional
O presente acordo é de aplicación ao conxunto de actividades e servizos prestados polo Concello de Boimorto en canto afecten ao persoal incluído no artigo anterior.
Artigo 5.- Ámbito territorial
O acordo aplicarase no ámbito territorial do Concello de Boimorto, en todos os centros de traballo deste, sempre que neles preste servizo o persoal referido no artigo 3.
Artigo 6.- Ámbito temporal
O presente acordo entrará en vigor unha vez cumpridos os trámites legais necesarios e manterá a súa vixencia mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
O preceptos contidos no presente acordo serán de aplicación ao persoal funcionario, laboral e temporal que presta servizos no Concello de Boimorto ou que se incorpore durante a vixencia deste acordo.
CAPÍTULO III.- MELLORA DA ACCIÓN PROTECTORA DA SEGURIDADE SOCIAL NAS SITUACIÓNS DE INCAPACIDADE TEMPORAL
Artigo 7.- Retribucións nos supostos de incapacidade temporal.
O Concello de Boimorto aboará ao persoal ao seu servizo un complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal que, sumado á prestación do réxime xeral da Seguridade Social, acade o 100% das retribucións fixas do mes de inicio da incapacidade temporal.
Para estes efectos, entenderanse comprendidas dentro das retribucións fixas tanto as retribucións ordinarias de carácter periódico como a parte proporcional das pagas extraordinarias, co único obxecto de garantir que a situación de incapacidade temporal non produza minoración das retribucións fixas anuais que corresponderían á persoa empregada de permanecer en servizo activo, sen que en ningún caso poida producirse duplicidade de aboamentos nin superar o 100% das ditas retribucións anuais.
Artigo 8.- Referencia para o cálculo do complemento salarial.
Para o cálculo das retribucións a percibir durante os períodos de incapacidade temporal teranse en conta unicamente as retribucións básicas e complementarias correspondentes as súas retribucións fixas no mes de inicio da situación de incapacidade temporal, sen computar en ningún caso as percibidas en concepto de gratificacións, horas extraordinarias, produtividade ou calquera outro complemento que non sexa fixo ou que teña carácter extraordinario.
Cando a persoa empregada teña concedida unha redución de xornada con redución proporcional de retribucións, os complementos ou retribucións a percibir calcularanse sobre as que lle correspondesen de acordo con dita redución proporcional de retribucións.
As pagas extraordinarias aboaranse na contía que corresponda conforme á normativa aplicable e ao seu período de devindicación, sen que a situación de incapacidade temporal poida determinar unha minoración das retribucións fixas anuais, nin tampouco un aboamento superior ao límite previsto no presente acordo.
Artigo 9.- Ausencia por enfermidade.
As ausencias por enfermidade ou aquelas que dean lugar a unha situación de incapacidade temporal deberán xustificarse desde o primeiro día de ausencia. Nos supostos de incapacidade temporal estarase ao sistema oficial de comunicación dos partes médicos e á información remitida polos órganos competentes da Seguridade Social, sen prexuízo da obriga da persoa empregada de comunicar ao Concello, coa maior brevidade posible, a súa imposibilidade de acudir ao posto de traballo. Nos supostos de ausencia por enfermidade que non dean lugar a baixa médica, deberá achegarse a documentación xustificativa que proceda conforme ás instrucións municipais vixentes.
CAPÍTULO IV.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO.
Artigo 10.- Comisión de seguimento.
Coa finalidade de asumir o seguimento, interpretación e aplicación do presente Acordo, articularase un órgano de participación/composición por parte dos asinantes. Así, trala entrada en vigor do presente Acordo, constituirase unha Comisión Paritaria de Seguimento e Interpretación do mesmo que, formada polos traballadores/as do Concello e as seccións sindicais de representación no Concello.
A súa composición concreta determinarase no momento da súa constitución, garantindo a presenza da representación municipal e da representación legal ou sindical do persoal que resulte lexitimada. Corresponderalle á Comisión o seguimento da aplicación do acordo, a interpretación das dúbidas que poidan xurdir e a proposta das adaptacións que resulten necesarias. A Comisión reunirase cando o solicite calquera das partes e, en todo caso, cando existan cuestións interpretativas relevantes relacionadas coa súa aplicación.
Artigo 11. Plan de control do absentismo.
No prazo máximo de 1 mes dende a entrada en vigor deste acordo, o Concello deseñará un plan de control do absentismo, que deberá adecuarse, en todo caso, as instrucións/ criterios fixados ao efecto en cada momento no Concello de Boimorto así como ao sistema de control de presenza vixente.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.
Para todo o non previsto neste Acordo, será de aplicación a lexislación básica estatal e a normativa autonómica que resulte de aplicación.
Á marxe das posibles modificacións puntuais que, por acordo das partes asinantes, se poidan adoptar, o presente Acordo será obxecto de modificación cando se produzan novidades normativas con afectación directa dos seus contidos, e/ou que obriguen á súa revisión.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.
Para unha maior garantía e transparencia do pactado, e tendo en conta, asemade, a súa natureza de acordo colectivo, o presente Acordo será obxecto de remisión á autoridade laboral competente para a súa inscrición, rexistro e publicación oficial.
DISPOSICIÓN DEROGARORIA ÚNICA
Queda derrogado o acordo plenario do 31 de outubro de 2024, así como calquera outro acordo, instrución ou criterio municipal anterior que se opoña ao disposto no presente acordo.
DISPOSICIÓN FINAL.
O presente acordo será de aplicación dende o día seguinte da súa aprobación polo Pleno do Concello de Boimorto, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Enviarase dito acordo á autoridade laboral competente, de cara a que realice as actuacións pertinentes para a súa inscrición, rexistro e, si procede, publicación oficial.