Carral - Ordenanza fiscal nº 22, reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais do Concello de Carral
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
De conformidade co previsto no artigo 57 e 20.4.o) do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais (aprobado por Real Decreto 2/2004), este Concello establece a Taxa pola Utilización das instalacións deportivas e culturais municipais.
Artigo 2.-Feito imponible.
Constitue o feito imponible da taxa o uso das instalacions deportivas municipais e utilización das instalacións culturais e centros sociais con carácter individual o retributivo.
Artigo 3.-Obrigado tributario.
1. É obrigado tributario, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral tributaria, que solicite a utilización das instalacións e quen as utilice aínda sen ser obtida a preceptiva autorización.
2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria, as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4.-Base Impoñible.
A determinación da contía a pagar realizarase emdiante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte.
Artigo 5.-Tarifas.
A contía da taxa determinarase aplicando as seguintes tarifas:
EPÍGRAFE 1: PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS: | |
Aluguer ou adestramentos sen iluminación. | 12,00 € |
Aluguer ou adestramentos con iluminación. | 16,00 € |
Bono de 10 alugueres (caducidade trimestral) | 140,00 € |
Adestramentos federados de categorías inferiores (ata cadete) | 12,00 € |
Aluguer para actividades físico-deportivas (campus, cursos, actividades docentes ou actividades similares) | 12,00 €/h (sen matrícula) 20,00 €/h (con matrícula) |
Competicións federadas sen venta de entradas | 12,00 €/h |
Competicións federadas con venta de entradas | 24 ,00 €/h |
Maratóns deportivos non municipais | 300 €/día |
Actos non deportivos sen venda de entradas. | 100 € ata 3h e despois 30€/h |
Actos non deportivos con venda de entradas. | 200 € ata 3h e despois 50€/h |
Descontos voluntarios de protección civil. | - 37 % do prezo. |
Descontos por grupos de 3ª Idade ou persoas con discapacidade | - 37 % do prezo. |
Clubs ou asociacións cos que exista un convenio (ata 3 h á semana/categoría) | De balde |
NOTA: - O aluguer inclúe 15 minutos de vestiario, 60 minutos de xogo na pista e outros 15 minutos de vestiario. - Os menores de idade deberán estar acompañado en todo momento por un adulto responsable. - Tamén poderanse aplicar os descontos sinalados á persoas cun informe favorable do departamento de servizos sociais. |
PISTAS MUNICIPAIS DE PÁDEL: | |
Aluguer hora e media de pista de pádel (non aboados complexo deportivo) | 16,00 € |
Aluguer hora e media de pista de pádel (aboados complexo deportivo)(*) | 8,00 € |
Aluguer das palas de pádel (por hora e media) | 1 €/ unidade |
Adquisición de bote de pelotas de pádel | 6 €/bote |
(*) Deberán ser aboados dous dos xogadores que vaian a gozar da pista. |
PISTAS MUNICIPAIS DE TENIS: | |
Equipos/xogadores federados locais. | 1,50 €/h |
Equipos/xogadores locais non federados. | 3,00 €/h |
Aluguer con uso de luz | 4,50 €/h |
Bono de 10 horas sen luz (caducidade trimestral) | 24,00 € |
Bono de 10 horas con luz (caducidade trimestral) | 36,00 € |
Aluguer persoas de 3ª Idade ou persoas con discapacidade | 1,50 €/h |
Aluguer voluntarios de protección civil. | 1,50 €/h |
NOTA: - Tamén poderanse aplicar os descontos sinalados á persoas cun informe favorable do departamento de servizos sociais. |
PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS: | |
Entrada libre diaria xeral | 3,00 €/día |
Entrada libre diaria reducida (menores de 18 anos, 3ª idade e persoas con discapacidade) | 2,00 €/día |
Abono individual tempada de verán. | 13,00 € (toda a tempada) |
Abono familiar tempada de verán (aboado/a, cónxuxe e fillos/as menores de 25 anos) | 22,00 € (toda a tempada) |
Abono individual reducido (menores de 18 anos, 3ª idade e persoas con discapacidade) | 10,00 € (toda a tempada) |
Aluguer de carrís da piscina. | 10 €/calle/sesión |
Descontos voluntarios de protección civil. | Entrada individual gratuíta |
Menores de 3 anos | De balde |
Fianza pola tarxeta de acceso dos socios | 3,00 €/tarxeta |
Notas: - Exencións de pago: por situacións socio-económicas determinadas previo informe favorable dos servicios sociais municipais, ou para eventos deportivos-recreativos municipais de carácter puntual (visita dos nenos e nenas dos campamentos, eventos municipais de carácter recreativo,... previo informe técnico). - A tempada de verán determinarase polo Departamento Municipal de Deportes en función da apertura estival das piscinas. - Os menores de 10 anos deberán estar acompañado en todo momento por un adulto responsable. |
CAMPO DE FÚTBOL DOS CAPELOS | |
Adestramentos ou aluguer medio campo sen luz | 40,00 € |
Adestramentos ou aluguer medio campo con luz | 45,00 € |
Adestramentos ou aluguer campo completo sen luz | 60,00 € |
Adestramentos ou aluguer campo completo con luz | 70,00 € |
Competicións federadas sen venda de entradas | 60,00 € |
Competicións federadas con venda de entradas | 100,00 € |
Bono 10 alugueres medio campo | 250,00 € |
Bono 10 alugueres campo completo | 450,00 € |
NOTA: - O aluguer inclúe 15 minutos de vestiario, 105 minutos de xogo ou adestramento no campo e outros 15 minutos de vestiario. - Os menores de idade deberán estar acompañado en todo momento por un adulto responsable. |
COMPLEXO DEPORTIVO | |
MATRÍCULAS | |
Matrícula Aboado ximnasio | 20,00 € |
Matrícula Aboado Familiar | 30,00 € |
Matrícula Aboado 3ª Idade | 20,00 € |
Matrícula Aboados <18 años | 20,00 € |
ABONOS | |
Aboado ximnasio | 17,00 €/mes |
Aboado Familiar* | 26,00 €/mes |
Aboado 3ª Idade | 17,00 €/mes |
Aboados <18 años | 17,00 €/mes |
ENTRADAS LIBRES | |
Entrada libre Adulto | 3,50 € |
Entrada libre 3ª Idade | 2,50 € |
Entrada libre <18 anos | 2,50 € |
OUTROS SERVIZOS | |
Substituír tarxeta de acceso socios | 4 €/ tarxeta |
Aluguer da Sala de Actividades do ximnasio | 20,00 € /h |
* Aboado/a, cónxuxe e fillos/as menores de 25 anos. |
INSTALACIÓNS CULTURAIS E CENTROS SOCIAIS | |
Dereito de uso da aula de música do Local Social de Ans | 20,00 € (por membro/ano) |
Utilización da sala de exposicións ou auditorios para uso particular non promovidas polo Concello ou as entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. | 45,00 €/día 30,00 €/medio día |
Utilización dos locais sociais para actividades retribuídas | 20,00 €/h. |
PUBLICIDADE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS | ||
Anuncios publicitarios pavillón Colexio | 1,50 €/m2/mes (18 €/m2/ano) | |
Anuncios publicitarios pavillón do Espiño | 1,50 €/m2/mes (18 €/m2/ano) | |
Anuncios publicitarios pistas de tenis ou análogas | 1,50 €/m2/mes (18 €/m2/ano) | |
Anuncios publicitarios piscinas descubertas | 1,50 €/m2/mes (18 €/m2/ano) | |
Anuncios publicitarios Campo de Fútbol dos Capelos | 2,00 €/m2/mes (24 €/m2/ano) | |
Anuncios publicitarios pistas polideportivas descubertas | 1,00 €/m2/mes (12 €/m2/ano) | |
Anuncios publicitarios Centro Deportivo | Estática | 1,50 €/m2/mes (18 €/m2/ano) |
Audiovisual (pases diario) | 35,00 €/mes (fraccións 30 segundos) | |
Bono publicidade en tódalas instalacións deportivas ou culturais ou centros sociais | 1,35 €/m2 máis 30,00 €/mes (audiovisual) | |
NOTA: - O cartel publicitario e a súa instalación correrán a cargo do anunciante. O deseño da publicidade audiovisual será a cargo do anunciante. - Os pagos realizaranse anualmente, a comezo das tempadas deportivas. - A Xunta de Goberno Local poderá ceder de xeito gratuíto para actos puntuais as instalacións deportivas recollidas nesta ordenanza. - Todos estes prezos poderanse ver modificados no caso de que o Concello asine convenios de colaboración con algúns dos clubs deportivo do municipio. |
Artigo 6 .-Deivindicación.
Deivindícase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a utilización das instalacións contidas nesta ordenanza.
Artigo 7 .-Normas de xestión.
1.-Unha vez que se autorice a utilizacion das instalacions ou que se conceda a participacion na actividade, o suxeito pasivo debera practica-la declaracion/liquidacion (autoliquidacion) correspondente conforme o sinalado nesta ordenanza.
2.-O importe da taxa realizarase por ingreso directo nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello e sempre antes de inicia-la ocupacion da instalación deportiva ou cultural. O resgardo de pago deberase presentar ao responsable da instalacion para poder iniciar a practica.
Artigo 8 .-Infraccions e sancions.
As infraccions e sancions en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e da sua normativa de desenvolvemento.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
As cotas tributarias fixadas no artigo 5 desta ordenanza modificaránse anualmente de acordo coa variación do Índice de prezos ao Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto á centena superior ou inferior.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA
Coa presente ordenanza queda derogada a Ordenanza Reguladora da taxa por utilización de instalacións deportivas e pola prestación doutras actividades deportivas e culturais, publicada no Bop nº 135 de 21 de agosto de 2020.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo pleno da corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provinicia¿