Pontes de García Rodríguez As - TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL BAROSA
artigo 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co artigo 20 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, o Concello das Pontes de García Rodríguez establece a Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil municipal ¿Barosa¿, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.
Artigo 2º.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servizo de Escola Infantil Municipal, consistente en atención á infancia, educación, comedor e outros complementarios.
Artigo 3º.-Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñible desta Taxa.
2.- Tendo en conta que os usuarios do servizo gravado por esta Taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais e, no seu defecto, os familiares ou titores legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.
Artigo 4º.- Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
Artigo 5º.-Período impositivo e retribución
1. O período impositivo coincide co mes natural de prestación do/s servizo/s. A cota tributaria resultante da aplicación do cadro de tarifas non poderá reducirse aínda cando a prestación non teña lugar durante todo o mes natural.
2. Todo o alumnado matriculado ten a obriga de aboar as cotas correspondentes aos servizos prestados non exentos ou bonificados. Aqueles alumnos e alumnas que causen baixa deberan avisar con 15 días antes da finalización do mes, senón ten obriga de abonar a cota do seguinte mes.
3. A taxa retribúese co inicio do mes natural e ten a consideración de débeda de vencemento periódico e notificación colectiva, polo que a xestión tributaria e recadadora desenvolverase mediante a formación do padrón mensual e a súa posterior notificación colectiva. Será obrigatorio o pagamento mediante domiciliación bancaria.
Artigo 6º.-Cota tributaria
Establécese unha bonificación do 100 por cento do prezo correspondente á atención educativa dos meses de setembro a xullo, ambos incluídos, nos termos sinalados na Orde do 22 de xullo de 2022 pola que se regulan as bases que rexeran o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal ou na normativa que o substituía. As familias que desexen servizos complementarios, comedor e horario ampliado, aboaran en función da renda.
A atención educativa do mes de agosto non goza da bonificación ao 100% polo que a cota de asistencia do/da menor á escola debe ser aboada polas familias, de acordo coas tarifas xerais incluídas nesta ordenanza.
No período de vacacións dos/das menores a cota verase reducida proporcionalmente aos días de atención educativa do mes correspondente.
Para a determinación do importe a pagar, aplicaranse as regras e definicións do artigo 4 do Decreto da consellería de traballo e benestar nº 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 ou norma que o substitúa.
a) Atención educativa
Tramo de renda per cápita | Xornada Completa (8 horas) | Media Xornada (4 horas) |
Renda inferior ao 30% do IPREM | 0 €/mes | 0 €/mes |
Renda comprendida entre o 30% e inferior ao 50% do IPREM | 0 €/mes | 0 €/mes |
Renda comprendida entre o 50% e inferior ao 75% do IPREM | 34,91 €/mes | 17,46 €/mes |
Renda comprendida entre o 75% e inferior ao 100% do IPREM | 69,81 €/mes | 34,91 €/mes |
Renda comprendida entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM | 112,13 €/mes | 56,06 €/mes |
Renda comprendida entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM | 133,29 €/mes | 66,65 €/mes |
Renda comprendida entre o 150% e inferior ao 200% do IPREM | 147,05 €/mes | 73,52 €/mes |
Renda superior ao 200% do IPREM | 169,26 €/mes | 84,63 €/mes |
b) Comedor e horario ampliado:
Tramo de renda per cápita | Comedor | Horario ampliado |
Renda inferior ao 30% do IPREM | 0 € | 21,16 €/hora |
Renda comprendida entre o 30% e inferior ao 50% do IPREM | 17,45 € | 21,16 €/hora |
Renda comprendida entre o 50% e inferior ao 75% do IPREM | 17,45 € | 21,16 €/hora |
Renda comprendida entre o 75% e inferior ao 100% do IPREM | 26,45 € | 21,16 €/hora |
Renda comprendida entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM | 37,02 € | 21,16 €/hora |
Renda comprendida entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM | 52,89 € | 21,16 €/hora |
Renda comprendida entre o 150% e inferior ao 200% do IPREM | 63,47 € | 21,16 €/hora |
Renda superior ao 200% do IPREM | 74,05 € | 21,16 €/hora |
No caso de menores que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados, desexen utilizar o sevizo algún día solto, o prezo será de 4,23 euros por día.
Aplicaranse as seguintes bonificacións no comedor e horario ampliado:
Familia numerosa | 50% |
Familia monomarental ¿ monoparental | 20% |
Ingreso despois do 15 do mes | 50% |
Estas bonificacións, cando concorran nunha mesma persoa, serán acumulables sumando as porcentaxes de bonificación correspondentes.
Artigo 7º.- Infraccións e sancións
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolvan.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da publicación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.