Paderne - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por servicios no recinto feiral do Telleiro con motivo da celebración de feiras ou festas

Publicación provisional: 14/07/2001 BOP Nº: 161
Publicación definitiva: 14/07/2001 BOP Nº: 161
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1.-Fundamento legal.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e do artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co artigo 58, en relación co artigo 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Paderne establece a taxa por servicios no recinto feiral do Telleiro, con motivo da celebración de feiras ou festas.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación no recinto feiral do Telleiro dos seguintes servicios:

a) Subministro de auga.

b) Subministro de enerxía eléctrica.

c) Reserva de espacio para instalación de postos ou estáns.

d) Publicación na revista da feira dun espacio publicitario para o expositor.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Artigo 4.-Xeración de obrigas.

Xérase a obriga de pagamento da taxa cando se inicie a prestación do servicio ou actividade.

Artigo 5.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria, que responderán en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, e nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 6.-Bases de imposición e tipos de gravame.

As bases de imposición e tipo de gravame son os contidos na seguinte tarifa:

Polo uso dos servicios de auga, electricidade e anuncio en publicación feira e reserva de espacio para instalación de postos ou estáns, dos que dispón a instalación municipal, por módulos ocupados:

- De tipo A: ata 4 m2: 30,05 euros

- De tipo B: de 4 m2 ata 5 m2: 60,10 euros

- De tipo C: de 5 m2 ata 6 m2: 120,20 euros

Estas tarifas enténdense sen prexuízo da repercusión legal, que no seu caso, deba realizarse polos impostos indirectos que graven a prestación do servicio ou acto suxeito.

O suxeito pasivo pode renunciar a calquera dos servicios mencionados sen que isto supoña reducción ningunha na tarifa.

O que se fai público para os efectos de vixencia e coñecemento xeral.

Artigo 7.-Normas de xestión.

O uso dos servicios recollidos no artigo 4 autorizaranse polo señor alcalde, previa instancia de parte interesada, dos seus apoderados ou representantes legais, que haberán presentala por escrito ante o Concello de Paderne. Á dita instancia acompañarán declaración-liquidación nos impresos facilitados para tal efecto, sinalando o tipo de módulo de servicios solicitados de acordo co artigo 6.

A resolución habida será notificada ó interesado, informándolle do lugar no que deberá instalarse para facilitarlle os servicios.

Artigo 8.-Gastos de reconstrucción e indemnizacións.

1.-Cando a utilización dos servicios, como consecuencia de dolo ou culpa do suxeito pasivo, leve aparellada a destrucción dos elementos ou obxectos postos á súa disposición, este, sen prexuízo do pagamento da taxa a que houber lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación, e do depósito previo do seu importe.

2.-Se os danos fosen irreparables, o Concello será indemnizado en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danos.

3.-O Concello de Paderne non poderá condonar, total nin parcialmente, as indemnizacións e reintegros a que se refire o resente artigo.

Disposición final.

Esta ordenanza entrará en vigor ó día seguinte á súa publicación no BOP.