Índice

Melide - ORDENANZA MUNICIPAL Nº 26, REGULADORA DA TENZA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS E DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZA, RENOVACIÓN, INSCRICIÓNS REXISTRAIS E AS SÚAS MODIFICACIÓNS E CANCELACIÓNS POR TENZA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS

Publicación provisional: 01/04/2005 BOP Nº: 72
Publicación definitiva: 19/05/2005 BOP Nº: 112
Aplicable dende: 03/06/2005

Artigo 1º: Obxecto.

1.- A presente Ordenanza ten por obxecto a regulación da concesión e renovación das licenzas administrativas para tenza de animais potencialmente perigosos, a regulación do rexistro municipal de animais potencialmente perigosos, e a inscripción na sección local do Rexistro galego de animais de compañía e das taxas pola prestación destes servizos.

2.- Ao mesmo tempo, crease a Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos (REGIAC), que conterá a infonnación referente ós animais de compañía residentes no concello, que se remita desde o REGIAC.

3.- Quedan excluidos da aplicación da presente Ordenanza os cans e animais pertencentes ás forzas armadas, forzas e corpos de seguridade do Estado, corpos da policía das comunidades autónomas, policía local e empresas de seguridade con autorización oficial.

Artigo 3º: Licenza municipal.

.-A tenza de animais potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente licenza municipal, que se expedirá no concello de residencia habitual do propietario.

2.- Están obrigados á obtención de licenza municipal a tenza de animais clasificados, potencialmente perigosos, os propietarios ou posuidores destes incluídos no padrón de habitantes, así como os establecementos ou asociacións, con sede neste municipio que alberguen animais destas características ós que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro da Comunidade Autónoma Galega e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadoiros, centro de recollida, residencia, centros recreativos e establecemento de venda colocados neste municipio

3.- Os propietarios de animais potencialmente perigosos non aveciíiados neste Concello deberán acreditar, cando se encontren residindo temporalmente neste e mentres permaneza o animal no termo municipal, a tenza da licenza no municipio de orixe

4.-Nos supostos previstos no apartado 2.a) do artigo 2º, o titular do can disporá do prazo dun mes para solicita-la licenza administrativa, a contar desde a resolución ditada para tales efectos.

5.-Nos supostos previstos no apartado 2.d) do artigo 2, o Concello comunicará os feitos á autoridade competente da Consellaría de Medio Ambiente, xuntando os informes esixidos no dito apartado, debidamente motivados. No caso de que se ditara resolución apreciando agresividade, o titular disporá do prazo dun mes, a contar desde a súa notificación, para solicitar a licenza administrativa.

Artigo 13º.-Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos (REGIAC).

1.- Ó amparo dos principios de lealdade institucional, cooperación e colaboración previstos no artigo 4º da Leí 30/1992, do 26 de novembro, crease a Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos, que se nutrirá cos datos remitidos polo REGIAC, dependente da Consellaria de Medio Ambiente.

2.- Cos datos contidos nesta sección formarase, a data 31 do 12 de cada ano, o censo ó que se refine o artigo 27º do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

Artigo 15º. Cans abandonados ou vagabundos.

1.-A Administración local é responsable da recollida e mantemento dos animais vagabundos ou abandonados, segundo se recolle no artigo 11.1º da Lei 1/1993, do 13 de abril, e no artigo 54º do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

2.- Se o animal non está identificado reterase por un prazo de vinte días, transcorrido o cal os centros de recollida poderán darlle o ,destino máis conveniente, e só en último termo o sacrificio.

3.- Se o animal está identificado avisarase ó propietaio, que disporá dun prazo de dez días para recuperalo, unha vez aboados os gastos orixinados polo seu mantenemento. Unha vez transcorrido este prazo, se o propietario non satisfixese o aboamento dos gastos, o centro de recollida procederá de acordo co disposto no punto anterior.

4.- Os animais recollidos serán traslados e mantidos en centros de recollida de animais vagabundos ou abandonados autorizados e rexistrados. As instalacións destinadas a albergar cans potencialmente perigosos deberán reuní-las medidas de seguridade necesarias para evita-las fuxidas sen producir danos ós animais.

5.- Os prazos de estadía previstos serán os que se dan para tódolos individuos da especie canina e que veñen reflectidos nos artigos 53, 57 e 58 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

6.-Estes animais poderán ser cedidos en adopción sempre e cando o novo propietario posúa a licenza administrativa correspondente, e o can supere as probas de socialización que demostren que o animal non é perigoso para a seguridade das persoas.

Artigo 16º: Infraccións.

1.-En materia de infraccións e sancións rexerá o disposto na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xuridico da tenza de animais potencialmente perigosos e na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

2.-As infraccións que se cometan contra o disposto nesta ordenanza clasiflcanse como moi graves, graves e leves.

3.-Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves as previstas no artigo 13.1º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, así como as establecidas no artigo 22º da Lei 1/1993, do 13 de abril.

4.-Terán a consideración de infraccións administrativas graves as previstas no artigo 13.2º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, así como as establecidas no artigo 21º da Lei 1/1993, do 13 de abril.

5.-Son infraccións administrativas leves as previstas no artigo 13.4º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, así como as establecidas no artigo 20º da Lei 1/1993, do 13 de abril.

Artigo 21º.- Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 20 e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por expedición de licenza, renovación, inscricións rexistrais e as súas modificacións e cancelacións.

Artigo 2º. Definición de animal potencialmente perigoso.

1.-Considéranse animais potencialmente perigosos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, todos aqueles que pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona-la morte, ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.

2.-No caso concreto dos cans, entenderase por potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:

a) Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.

b) Cans que foran adestrados para a garda e defensa.

c) Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para garda e defensa, e en concreto, os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Doberman, Dogo Arxentino, Dogo de Bordeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Stafforshire Bull Terrier, Tosa Inu e Atrita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.

d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente da Consellería de Medio Ambiente, de oficio ou logo de notificación ou denuncia, e logo de informe dun adestrados ou veterinario designado para o efecto.

Artigo 4º. Requisitos e documentación para a obtención da licenza municipal.

1.-Para a obtención da licenza municipal será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) -Ser maior de idade.

-Acreditarase mediante fotocopia do DNI ou do pasaporte.

a) Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos.

-Acreditarase mediante certificado de antecedentes penais.

a) -Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xuridico da tenza de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, de ser o caso, renovación da licenza, ter sido sancionado coa suspensión temporal desta, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.

-Acreditarase mediante certificado negativo expedido pola Consellaria de Medio Ambiente.

a) Dispor de certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos, expedido polo director dun centro médico-psicotécnico debidamente autorizado, conforme se recolle nos artigos 4º, 5º e 6º do RD 287/2002, do 22 de marzo.

b) -Acreditación de ter formalizado un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poida causa-lo animal, cunha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberá renovarse anualmente.

-Acreditarase mediante presentación de copia da póliza de seguro claramente detallada ou certificado da compañía aseguradora.

2.- Os requisitos esixidos deberán manterse vixentes durante todo o período da tenza do animal, a perda destes dará lugar á revisión da licenza nos termos recollidos no artigo 7

Artigo 17º: Sancións.

1.-As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas con multas con contías que serán as fixadas no artigo 13.5º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, e no artigo 24º da Lei 1/1993, do 13 de abril.

2.-En todo caso, as infracción graves e moi graves tipificadas no artigo anterior desta Ordenanza, poderán levar como sancións accesorias a confiscación, comiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, a clausura do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licenza de animais potencialmente perigosos ou do certificado de capacitación do adestrador.

Artigo 22º .-Feito impoñible

O feito impoñible da taxa é a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións reguladas na ordenanza municipal reguladora da tenza de animais potencialmente perigosos e nesta ordenanza para a concesión da licenza indicada, a actividade de control que se efectuará nas renovacións que dela deban verificarse, a tramitación, control e custodia que dela se establece e aqueloutros servicios que se recollen nas tarifas desta ordenanza

Artigo 5º: Vixencia e renovación das licenzas

1.-As licenzas terán unha vixencia de cinco anos. Transcorrido este periodo deberán ser obxecto de renovación, por período de igual duración, mediante a presentación da mesma documentación esixida para á súa obtención

2.-A licenza perderá a súa vixencia no momento no que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos no artigo anterior.

Artigo 18º: Responsable.

Considéranse responsables das infraccións os que por acción ou omisión participaran na comisión das mesmas, o propietario ou posuidor dos animais ou, de ser o caso, o titular do establecemento, local ou medio de transporte no que se produzan os feitos, e neste último suposto, ao mesmo tempo, o encargado do transporte.

Artigo 23º.- Suxeito pasivo.

1.- Son suxeitos pasivos da taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no Rexistro municipal e que están obrigados á súa renovación, así como en xeral as persoas fisicas ou xuridicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 18 de decembro, Xeral Tributaria (LXT), que soliciten, provoquen, ou no seu interese redunden as prestacións ás que se refine a presente ordenanza.

2.- En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centros de recollida, residencias, centros recreativos e establecementos de venda.

Artigo 6º: Acreditación da licenza.

A posesión da licenza municipal acreditarase mediante a entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado a solicitude do interesado, e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa expedida polo Concello, onde se fagan constar os seguintes datos:

-Número de licenza municipal.

-Data de resolución do expediente de solicitude da licenza.

-Data de caducidade da vixencia da licenza.

-Nome e apelidos do titular.

-DNI do titular.

-Enderezo do titular.

-Fotografía actualizada do titular.

-Selo do concello.

Artigo 19º: Procedemento sancionador.

O procedemento sancionador aplicable rexerase polo establecido na Lei 50/1999, do 23 de decembro, a Lei 1/1993, do 13 de abril, así como a Lei 30/1992, do 26 de novembro e as normas que as desenvolven.

Artigo 24º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refinen os artigos 41.1 e 42 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os regulados no artigo 43 da LXT, nos supostos e co alcance sinalado no dito artigo.

Artigo 7º: Revisión e revogación da licenza.

1.-Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de 15 días, contados desde a data en que se produza, ó órgano competente do Concello ó que corresponda a súa expedición, para que se proceda a realiza-la revisión correspondente.

2.-A perda polo titular de calquera dos requisitos esixidos no artigo 4º, dará lugar á revogación da licenza municipal outorgada, logo da tramitación de expediente contradictorio.

A revogación da licenza dará lugar á perda do dereito á tenza do animal. O propietario procederá, no prazo máximo de quince días, á entrega do animal a un novo propietario que posúa licenza en vigor. De non atoparse un novo propietario no prazo referido, farase entrega do animal no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do Concello, respectando en todo momento o disposto na Lei 1/1993, do 13 de abril, e nos artigos 53 ó 60 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, que a desenvolve.

En caso de incumprimento da obriga de depósito, procederase á súa execución subsidiaria polo Concello, ou á comunidade autónoma, a través dos seus servizos ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación comporta a cargo e conta do antigo titular da licenza.

O Concello poderá retirar dos espazos públicos e depositar de oficio en establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecia unha situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espazos de uso común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou posuidor.

Igualmente o Concello poderá retirar e depositar nun establecemento axeitado aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñan da correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe ata que se acredite tal circunstancia polo titular deste.

Artigo 20º: Exercicio da potestade sancionadora.

1.-Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos artigos 24.2º da Lei 1/1993, do 13 de abril, serán:

a) Por infraccións leves, o/a alcalde/sa.

b) Por infraccións graves, o director xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente.

c) Por infraccións moi graves, o conselleiro de Medio Ambiente.

2.-A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas como leves correspóndelle ó Concello. Non obstante, a Alcaldía poñerá en coñecemento, de xeito que faga fe, do director xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente, toda acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.

3.-Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o/a alcalde/sa poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.

Artigo 25º.- Devengo.

1.-Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuir cando se presente a solicitude de calquera dos actos ós que se refine o feito impoñible.

2.-A non concesión da licenza, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.

Artigo 26º .-Tarifas.

1.-Licenza de cans potencialmente perigosos: 20 euros.

2.-Ficha identificativa individual: 6 euros.

3.-Renovación de licenzas: 10 euros.

4.-Inscrición no rexistro APP: 15 euros.

5.-Modificacións ou cancelacións rexistrais: 5 euros.

Artigo 27º .-Infraccións e sancións.

1.-En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e imposición das sancións correspondentes rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

A Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurldico da tenza de animais potencialinente perigosos, ditada ó amparo do amigo 149.1.29 da Constitución española, que atribúe ó Estado a competencia exclusiva en materia de seguridade pública, asigna no artigo 3 ós concellos a competencia para conceder a licenza administrativa que habilite para a tenza de animais potencialmente perigosos. Ademais, no seu amigo 6, establece que en cada concello existirá un rexistro de animais potencialmente perigosos.

A Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade impón, no seu artigo 11, ós concellos a obriga de recollida dos animais abandonados, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, no seu artigo 27, obriga a censar a nivel municipal a tódolos animais da especie canina, así como outros que regulamentariamente se determinen.

Ó amparo do artigo 3.2 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a Xunta de Galicia aproba o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.

En consecuencia, de conformidade coas disposicións citadas, e ó amparo da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local, da Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración local de Galicia e da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a Corporación aprobou esta Ordenanza:

CAPÍTULO I- DISPOSICIÓNS XERAIS.

CAPÍTULO II: DA LICENZA MUNICIPAL.

CAPÍTULO III: DO REXISTRO MUNICIPAL.

Artigo 8º: Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

1.-Créase o Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, no que se inscribirán os animais potencialmente perigosos que teñan a súa residencia habitual no Concello.

2.-O Rexistro terá un tratamento informatizado, no que se farán constar, de conformidade co disposto no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, como mínimo, os seguintes datos:

Datos do animal:

-Número de microchip.

-Nome do animal.

-Especie.

-Raza (no caso de cans).

-Sexo.

-Características externas (descrición da capa, tipo e cor da pel, etc.).

-Data de nacemento.

-Aptitude (función do animal): compañía, garda, defensa, caza, etc.

-Causa de inclusión no rexistro (sinalar supostos do artigo 2.2 do Decreto 90/2002).

-Enderezo habitual do animal.

-Data de adquisición do animal.

-Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras: especificar).

-Observacións.

Datos do propietario:

-DNI

-Apelidos

-Nome

-Enderezo habitual.

-Teléfonos de contacto.

-Licenza administrativa: número de licenza, data de expedición e concello de expedición.

-Nome, dirección, número de colexiado e número de veterinario colaborador que realiza a marcaxe.

-Data na que se realiza a implantación da identificación e a entrega do documento ó propietario.

-Certificado sanitario, expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puideran estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.

-Cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade. Na cartilla sanitaria figurará a catalogación de animal potencialmente perigoso.

-Datos do centro de adestramento, se fose o caso

-Incidentes de agresión, se fose o caso

2.-A identificación definitiva con microchip dos animais potencialmente perigosos é obrigatoria sen excepcións. A identificación definitiva con microchip de tódolos cans, independentemente da súa raza ou condición, é obrigatoria a partir do 2 de xullo de 2003, tal e como se recolle na disposición transitoria segunda do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro.

3.-O Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as administracións públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xuridicas que acrediten ter interese lexitimo no coñecemento dos datos obrantes neste. En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no rexistro será conforme ó disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos persoais.

CAPÍTULO IV

Artigo 9º: Inscrición no rexistro.

1.-Os titulares da licenza administrativa están obrigados a efectua-la inscrición do animal no rexistro municipal do Concello de residencia habitual do animal, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licenza, tal e como se recolle no artigo 6.2º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, e no artigo 4.1º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro.

2.-Tamén será obrigatoria, a instancia do propietario, a inscrición do animal no rexistro municipal do Concello correspondente cando se efectúe o seu traslado dun concello a outro por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días a contar dende o inicio da residencia no municipio

3.-Conforme se dispón no artigo 4.3º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, os datos recollidos no rexistro municipal serán remitidos á Consellaría de Medio Ambiente, no prazo máximo de 15 días, contados desde o momento da inscrición dun animal potencialmente perigoso.

CAPÍTULO V

Artigo 10º: Acreditación da inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

A inscrición no rexistro acreditarase mediante entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado a solicitude do interesado, e mediante entrega dunha tarxeta acreditativa, tamaño carné, expedida polo Concello, onde se fagan constar os seguintes datos:

-Número do microchip e data de alta do animal no rexistro municipal.

-Nome, especie, raza, sexo, capa e data de nacemento do animal.

-Enderezo do animal.

-Nome, apelidos do propietario.

-Licenza do propietario (número, data de expedición, concello).

-DNI do propietario.

Artigo 14º. Circulación e permanencia do can en vías públicas e locais.

1.-Os propietarios, criadores ou posuidores deberán manter os animais que estean baixo a súa custodia en axeitadas condicións hixiénico-sanitarias e cos coidados e atencións necesarios de acordo coas necesidades fisiolóxicas e características propias da especie ou raza do animal, en cumprimento da Lei 1/1993, do 13 de abril e do Decreto 153/1998, do 2 de abril, en concreto nos seus capítulos IV, VII e X.

2.- Nas vías públicas e os espazos naturais protexidos os cans irán suxeitos con cadea ou correa.

3.- Os cans guías poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados polo seu dono e cumpran as condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que prevén as ordenanzas.

4.- Queda expresamente prohibida a entrada ou estadía de animais domésticos en toda clase de locais destinados á fabricación, almacenamento, transporte e venda de alimentos.

5.- Queda asemade prohibida a entrada ou estadía de animais domésticos en restaurantes, bares, cafeterías e similares donde estea en lugar visible colocado o sinal identificativo desta prohibición.

6.- Prohíbese a circulación ou estadía de cans e outros animais nas piscinas públicas e locais de espectáculos públicos, deportivos e culturais. Na entrada deste establecementos e en lugar visible deberá colocarse o sinal identificativo desta prohibición.

7.- Quedan exentos da prohibición sinalada nos puntos 4 e 5 os cans guía que acompañen a persoas invidentes

8.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga

9.- Queda prohibido deixa-las deposicións fecáis dos cans nas vías públicas. Os propietarios de cans son responsables de recoller convenientemente os excrementos e deposítalos ou ben en bolsas de lixo domiciliario, ou ben naqueles lugares que a autoridade municipal destine expresamente a esta finalidade.

10.- A presenza de animais potencialmente perigosos en lugares ou espazos públicos esixirá que a persoa que os conduza e controle leve consigo a licenza municipal e a certificación acreditativa da inscrición do animal no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

11.- Os cans potencialmente perigosos, en lugares e espazos públicos, deberán levar obrigatoriamente buceira apropiada para a tipoloxía racial de cada animal.

12.- Os cans potencialmente perigosos deberán ser conducidos e controlados con cadea ou correa non extensible de menos de 2 metros, sen que poida levarse roáis dun destes cans por persoa, e en ningún caso poderán ser conducidos por un menor de 16 anos.

Artigo 11º: Baiga no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos

1.-A baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase a instancia do interesado, logo da acreditación da morte do animal (esta última certificada por veterinario ou autoridade competente).

2.-Igualmente procederase á baixa no rexistro no caso de traslado de residencia habitual do animal a municipio distinto, que así quede acreditado a instancia do interesado. Neste caso o propietario deberá dar de alta ó animal no novo concello de residencia.

3.-A perda ou subtracción do animal, por un prazo superior a tres meses, considerarase baixa definitiva do animal no rexistro.

4.-Farase constar no rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do Concello, como consecuencia da recollida dos mesmos da vía pública, que carezan de dono ou que sendo este identificado non o reclamase no prazo de 10 días do aviso efectuado, conforme o previsto no artigo 53 do Decreto 153/1998, do 2 de abril. Así mesmo, constarán como de titularidade municipal os que foran obxecto de comiso definitivo ó propietario.

CAPÍTULO VI

Artigo 12º.-Comunicacións do propietario de animal ó Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

1.-O propietario do animal deberá comunicar ó rexistro calquera variación dos datos que figuran nel, no prazo de 15 días desde que se producise a modificación.

2.-Deberá comunicarse ó rexistro municipal a venda, traspaso ou doazón do animal.

3.-Calquera incidente producido por animais potencialmente perigosos ó longo da súa vida, coñecidos polas autoridades administrativas ou xudiciais, faranse constar na folla rexistral de cada animal, tal e como se recolle no artigo 6.4º da Lei 50/1999, do 23 de decembro. No caso de agresións recollerase, como mínimo, a seguinte información: data da denuncia, descrición dos feitos e consecuencias xurídicas.

4.-A subtracción ou perda do animal deberá ser comunicada polo titular do animal ó rexistro municipal, no prazo máximo de 48 horas desde que se teña coñecemento destes feitos, tal e como se recolle no artigo 8.6º do RD 287/2002, do 22 de marzo.

5.-Os propietarios de animais potencialmente perigosos deberán comunicar ó rexistro a realización de castración ou esterilización do animal, se esta se producise, remitindo copia da certificación veterinaria correspondente que acredite este feito.

CAPÍTULO VII.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

CAPÍTULO VIII .- DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZA, RENOVACIÓN, INSCRICIÓNS REXISTRAIS E AS SÚAS MODIFICACIÓNS E CANCELACIÓNS.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.

Quedan exentos da obriga de obtención de licenza municipal, aqueles exemplares caninos que foran obxecto de adestramento baixo a supervisión directa de organismos públicos ou privados que utilicen estes animais cunha finalidade social.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza entrará en vigor coa súa publicación íntegra no diario oficial correspondente e transcurso do prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, continuando en vigor ata a súa derrogación expresa polo Concello.