Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL Nº 5 REGULADORA DA TAXA POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDAN OU DE QUE ENTENDAN A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES LOCAIS
Artigo 1. Fundamento e réxime.
Este Concello conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Réxime Local y de acordo co previsto no artigo 20.4 a) do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que establece a Taxa por Documentos que expida a Administración ou as Autoridades Locais a instancia de parte, regularase por esta Ordenanza, redactada conforme ao disposto no artigo 16 do Texto Refundido citado.
Artigo 2. Feito Impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible a actividade municipal desenvolvida como consecuencia da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expidan ou de expedientes que entendan a Administración ou Autoridades Municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, as consultas tributarias, expedientes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades da competencia municipal e a utilización privativa ou aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polo que se esixa un prezo público por este Concello, e aquelas establecidas por leis especiais.
Tampouco estará suxeita a expedición de certificados esixidos na tramitación de expedientes no Concello de Malpica de Bergantiños para a concesión da axudas e outros beneficios asistenciais de carácter social.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos de esta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que provoquen ou resulten beneficiadas pola tramitación ou expedición dos documentos a que se refire o artigo 2.
Artigo 4. Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito ou de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e liquidadores de sociedades e entidades, adquirentes de bens afectos por lei ao pago da débeda tributaria e as persoas ou entidades que contraten ou subcontraten a execución das obras ou a prestación de servicios correspondentes a súa actividade económica principal, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable.
Artigo 6. Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo, coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas, incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.
Artigo 7. Tarifa.
Epígrafe Primeiro: Censos de poboación de habitantes: 1 euro.
Epígrafe Segundo: Certificacións e compulsas.
- De documentos e acordos: 1 euro.
- Dilixencias de cotexo e compulsa:
* Primeira: 0,50 euros.
* Segunda: 0,15 euros.
- Certificacións e informes en licencias de traspaso:1 euro.
- Bastanteo de poderes:20 euros.
- Por cada documento que se expida en fotocopia.
* En tamaño DIN A-4: 0,05 euros.
* En tamaño DIN A-3 ou superior: 0,15 euros.
- Por certificacións non comprendidas noutros supostos: 1 euro.
- Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, bens ou servizos, segundo contía do contrato a proporción de 6.000 euros: 30 euros.
Epígrafe 3: Documentos relativos a servicios urbanísticos.
- Expediente de declaración de ruína de edificios: 150 euros.
- Por cada certificación urbanística: 15 euros.
- Por cada informe sobre características de terreos: 20 euros.
- Por cada copia de plano tamaño folio ou inferior: 0,50 euros.
- Ídem, tamaño A-3 ou superior: 1 euro.
Epígrafe 4: Participación en procesos selectivos de persoal.
- Posto de traballo grupo A o asimilados: 18 euros.
- Posto de traballo grupo B o asimilados: 15 euros.
- Posto de traballo grupo C o asimilados: 12 euros.
- Posto de traballo grupo D o asimilados: 9 euros.
- Posto de traballo grupo E o asimilados: 6 euros.
Artigo 8. Exencións e bonificacións.
Non se recoñecen máis beneficios fiscais ca os derivados de norma con rango de lei ou da aplicación dos Tratados Internacionais. Calquera bonificación ou exención deberá ser interesada ao tempo de solicitar a oportuna licenza.
Artigo 9. Devengo.
Devéngase a taxa, e nace a obriga de contribuír de pago no momento no que se presente a solicitude que inicie a tramitación dos expedientes e documentos suxeitos á taxa. No caso de iniciación de oficio, a taxa devéngase no momento da expedición do documento, ou do inicio da tramitación do expediente de que se trate.
Artigo 10. Declaración e ingreso.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal e matriz adherido ao escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa ou ben mediante impresión mecánica nos mesmos. Se aboará en efectivo nas oficinas municipais no momento de presentar a solicitude de expedición do documento ou inicio do expediente. Nos casos de expedientes iniciados ou documentos expedidos de oficio, esixirase no momento da notificación ou entrega da documentación ao interesado. Ningunha actuación do Concello pola que se devengue esta taxa surtirá efecto algún mentres non se realice o abono correspondente.
2. As solicitudes recibidas polos medios a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992 de 26 de novembro que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuio fin requirirase ao interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorridos dito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 11. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como nas sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 191 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Disposición final.
Esta Ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión do día 14 de xaneiro de 2005, e entrará en vigor unha vez aprobada e publicada o texto íntegro da mesma no BOP.
A súa entrada en vigor suporá a derrogación da Ordenanza fiscal vixente, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.