Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL Nº 6 REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS.
Artigo 1- Fundamento Legal
Artigo 2- Obriga de Contribuir.
1- Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal desenvolvida con motivo da apertura de establecementos comerciais, industriais e semellantes, tendenete a verificar se os mesmmos reúnen as condicións requerida para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario par ao outorgamento da preceptiva licencia municipal.
2- Obriga de contribuir. A obriga de contribuir nace con petición da licencia ou desde a data na que debeu solicitarse, no suposto de que fora preceptivo.
3- Suxeito psivo. Están obrigados o pagamento da taxa en concepto de contribuintes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, solicitantes da licencia ou as que viñesen obrigadas a súa solicitude, como titulares de establecementos que se produza algún dos seguintes feitos:
a) Primeiro Instalación.
b) Translado de Local.
c)Cambio de actividade.
d) Calesquera outros de apertura ou modificación de características de establecementos.
Artigo 3- Base impoñible e cota tributaria.
1- Determinarase a base impoñible da presente taxa pola natureza das actividades que se desenvolverán nos locais para os cales se solicitan a licencia de apertura.
2-A Cota tributaria determinarase por aplicación da seguinte tarifa:
Concepto: Pesetas
Epígrafe 1. Espectáculos.
1.1 Cinematógrafos: 25.000
1.2 Salas de festas: 140.000
1.3 Pubs, discotecas e semellantes: 140.000
Epígrafe 2. Actividades de fabricación e semellantes.
2.1 Fábricas de cales, cementos, ladrillos, fundicións, xelos, conservas, salazóns, madeiras e semellantes: 175.000
2.2 Fábricas de gaseosas, bebidas refrescantes e semellantes: 50.000
2.3 Cerralerías, garaxes reparación de vehículos e semellantes: 50.000
2.4 Fornos de Pan, repostería e semellantes: 50.000
Epígrafe 3- Oficinas e despachos.
3.1 Axencias, Sucursais ou delegacions de compañías aseguradoras: 30.000
3.2 Oficinas bancarias e semellantes: 150.000
3.3 Despachos profesionais, axencias de negocios e semellantes: 30.000
3.4 Outros despachos e oficinas: 30.000
Epígrafe 4- Servicios.
4.1 Axencias de Transporte: 30.000
4.2 Fondas, pensións e hospedaxes: 50.000
4.3 Hoteis de luxo e primeira clase: 150.000
4.4 Hostais e outros hoteis: 75.000
4.5 Bares. café bar, cafeterías e semellantes: 50.000
4.6 Restaurantes: 50.000
4.7 Perruquerías e semellantes: 25.000
4.8 Campings e semellantes: 50.000
4.9 Almacens e establecementos de venda ó por maior: 50.000
4.10 Pequenos comercios e establecementos de venda o por menor: 30.000
4.11 Estacións de servicios e semellantes: 150.000
As actividades non incluidas no epígrafes anteriores tributarán por asimilación con algunhas das actividades mencionadas.
3- Os establecementos adicados a actividades cualificadas regulamentariamente como melestas, insalubres, nocivas ou perigosas aboarán o imposte da taxa establecida no apartado 2 anterior, ó que se engadirá a cantidade de 25.000 pesetas.
Artigo 4- Exencións e bonificacións.
Artigo 5- Administración e cobranza.
1- A autorización outorgarase a instancia de parte.
2- O pagamentos da cota efectuarase previa liquidación polos servicios munipais, no momento da presentación da solicitude de licencia. Non se comezará a tramitación de expedientes algún no que non obre a necesaria xustificación do pagamento da taxa.
3- O Concello poderá practica-la liquidación da taxa sen solicitude do interesado como resultado da actuación dos servicios de inspeccións e policía administrativa, sen que documentación complementaria exista dereito algún, por parte do interesado, á obtención da correspondiente licencia.