Toques - Ordenanza reguladora da concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen fin de lucro do concello de Toques.
Publicación provisional:
04/03/2008
BOP Nº:
53
Publicación definitiva:
04/03/2008
BOP Nº:
53
Aplicable dende:
05/04/2008
1.-OBXECTO
O Concello de Toques concederá axudas e subvencións para promover, fomentar e difundir aquelas actividades educativas, culturais ou artísticas concretas, deportivas e de ocio e tempo libre que organicen as persoas físicas ou xurídicas e que sexan de interese municipal.
A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.
2.- BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas :
a) Asociacións e entidades sen fins de lucro con domicilio social no municipio de Toques.
b) Persoas físicas representativas de ámbitos territoriais inferiores ao propio municipio (alcaldes de barrio, agrupacións veciñais... )
3.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, PRAZO E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Concello, e presentaranse no rexistro xeral no prazo de 30 días a partir do seguinte o da súa convocatoria anual.
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:
-Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da Entidade.
-Fotocopia do DNI do representante legal.
-Fotocopia do DNI do representante no caso de persoas físicas representativas de ámbitos territoriais inferiores ao municipio.
-Declaración Xurada de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
-Memoria detallada das actividades a realizar e orzamento estimado das mesmas. Declaración na que conste si se solicitaron outras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
-Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.
4.- VALORACIÓN E CONCESIÓN
Para a adxudicación das axudas teranse en canta os seguintes criterios:
1.- Difusión da actividade
2.- Interese da actividade no ámbito municipal, valorando a participación nas actividades organizadas polo concello .
3.- Número de beneficiarios, directos ou indirectos.
4.- Conservación dos valores educativos, culturais, deportivos, artísticos, ...
As propostas de concesión de axudas someteranse á Xunta de Gobemo Local a proposta do concelleiro de cultura e deportes.
O órgano competente poderá resolver ao longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circustancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non poideran presentarse dentro dos prazos establecidos.
O conxunto das axudas recibidas para a mesma actividade non poderá superar o 100% do custo da mesma.
5.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Unha vez realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificar con facturas, recibos e documentos fidedignos os gastos realizados, así como a memoria da mesma antes do 31 de decembro do ano en curso.
O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.
O incumprimento das condicións establecidas dará lugar á revocación da subvención.
6.- DISPOSICION FINAL
Para o non regulado nestas bases estarase o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da sua publicación no Boletín Oficial da Provincia e estará en vigor hasta a sua modificación ou derogación.-
ANEXO
SOLICITUDE DE SUBVENCION E AXUDAS ECONOMICAS A ASOCIACIONS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES
1.- DATOS DA ASOCIACIÓN:
¿ Nome:.................................................C.I.F.: ......................
¿ Domicilio Social:................................................................
¿ Persoa responsable:...............................Tfno:....................
¿ Cargo que ostenta na Asociación:.....................................
2.- SOLICITUDE:
¿ Actividades a realizar:.......................................................
¿ Importe total:...........................................................Euros
¿ Número de posibles beneficiarios:....................................
3,- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Proxecto ou memoria explicativa das actividades a realizar e orzamento das mesmas.
- Fotocopia do CIF da Asociación
- Fotocopia do DNI do representante legal
- Declaración Xurada de non ter débedas coa Facenda e coa Seguridade Social
- Declaración na que conste si se solicitaron outras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da Conta Bancaria a nome da entidade peticionaria.
Toques, de de 2008
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE TOQUES