Toques - Ordenanza municipal de axudas para situacións de emergencia social no concello de Toques

Publicación provisional: 04/03/2008 BOP Nº: 53
Publicación definitiva: 04/03/2008 BOP Nº: 53
Aplicable dende: 05/04/2008

1. - FUNDAMENTACIÓN LEXISLATIVA

De conformidade co disposto na Lei 38/2003 xeral de subvencións, do 17 de novembro, é obxecto destas bases a regulación das axudas municipais para paliar situacións de emerxencia social de persoas ou familias residentes no Concello de Toques.

2. - DEFINICIÓN

Considéranse axudas de emerxencia social ao conxunto de axudas e prestacións económicas non periódicas destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e a previr situacións de exclusión social. A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade xeradas por emerxencia individual e familiar derivadas de gastos específicos, relativo a necesidades básicas.

3. - BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou unidades familiares residentes no municipio de Toques, cunha antigüidade mínima dun ano, o estado de necesidade do cal se atope recoñecido no momento da solicitude e que cumpra os requisitos establecidos no art. 4 desta Ordenanza.
Enténdese por unidade familiar o núcleo de convivencia que estea composto por duas ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou por outra forma de relación estable análoga á conxugal, por parentesco de consanguinidade ata o terceiro grao e por afinidade ata o segundo grao.
Os perceptores da axúda poderán ser:
¿ Os propios beneficiarios
¿ As persoas asignadas para a súa percepción, así como os provedores dos bens ou servizos para os que se conceda a axuda, debendo ser en tales casos, autorizado o pagamento polo beneficiario, ou cando así o considere o equipo de servizos sociais de atención primaria.

4. - REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

¿ Ser maior de idade, ou menor emancipado legalmente ou, no seu defecto, iniciar o trámite legal de emancipación.
¿ Estar empadroado no termo municipal de Toques cunha antelación mínima dun ano á solicitude. Deste período mínimo están exentos os solicitantes que acrediten unha situación de emigrante retornado ou os que anteriormente estivesen acollidos en recursos de aloxamento institucional.
¿ Non ter acceso a axudas polo mesmo concepto por parte doutros organismos, entidades ou administracións públicas que cubran a totalidade da necesidade pola que se solicite a prestación.
¿ Non solicitar ningún membro da unidade familiar estas axudas para situacións de emerxencia social durante o mesmo exercicio económico, salvo en casos excepcionais nos que a necesidade sobrevida requira atención urxente e inmediata.
¿ Non dispoñer de bens mobles ou inmobles distintos dos da vivenda habitual, sobre os que se posúa dereito de propiedade, usufruto ou calquera outro, que polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios abondos para atender a necesidade para a que se solicita a axuda.
¿ Que o cómputo total dos ingresos anuais da unidade familiar da que forma parte o solicitante sexan inferiores ao SMI vixente, incrementándose o cómputo nun 10% máis por cada membro da unidade familiar a partir do terceiro. Incrementarase un 10% máis por cada menor ou por cada persoa que teña recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
Para o cómputo dos ingresos, o Concello terá en conta a parte xeral e especial da base impoñible da última declaración do IRPF. No caso de que a persoa non estea obrigada a presentar a declaración do IRPF acreditará os ingresos anuais a través de nóminas, certificados do INEM, certificados da Seguridade Social (tendo en conta por ingresos os ingresos líquidos nestes casos), percepción de subvencións, certificados de intereses bancarios ou de calquera outra forma que os servizos sociais de atención primaria considere necesaria para acreditar os ingresos. A estes ingresos descontaránselles os gastos de aluguer ou amortización da vivenda habitual.
¿ Atoparse en situación de emerxencia social a xuízo técnico dos servizos sociais de atención primaria municipais.

5. - TIPOLOXÍA E CONTÍA DAS AXUDAS

Con carácter xeral, as axudas tramitaranse por un único concepto ao ano, e só con carácter excepcional poderán especificarse dous conceptos, en cuxos casos o importe máximo a subvencionar da axuda será o que corresponda á suma de ambos os dous conceptos, sempre que a devandita cantidade non supere o 300% do SMI mensual vixente.
Tipos de axudas:
¿ Necesidades básicas (alimento e vestido). Por unha contía máxima igual ao 100% do SMI mensual vixente, podendo incrementarse esta cantidade nun 10% por cada menor da unidade familiar.
¿ Axuda para alimentación infantil (leite) e adquisición de cueiros: axuda por importe máximo igual ao 50% do SMI mensual, incrementándose nun 25% máis a partir do segundo menor.
¿ Axudas para adquisición de menciñas, material oftalmolóxico e buco-dental (establecida por prescrición facultativa da Seguridade Social). Axuda como máximo ata o 75% do SMI mensual
¿ Axudas para pagamentos de aluguer, fianza desafiuzamento e aquelas que por valoración técnica se considere necesario no referente ao mantemento e conservación da vivenda. Contía máxima de ata dous meses o importe de aluguer e por importe máximo de 75% o SMI mensual noutros casos.
¿ Axudas para pagamentos do uso básico da vivenda habitual: acometida de auga, subministración de enerxía eléctrica e gas. Contía máxima de ata dous meses o importe do pagamento destas subministracións.
¿ Axudas para adquisición de equipamento básico de primeira necesidade para a vivenda habitual. Axudas por importe máximo do 100% do SMI mensual.
¿ Axudas para reparacións ou adaptación da vivenda habitual para proporcionar niveis mínimos de habitabilidade (inclúense eliminación de barreiras arquitectónicas). Contía máxima de 200% de SMI mensual
¿ Axudas para o pagamento dun lugar alternativo e temporal de aloxamento. O beneficiario achegará o 75% dos seus ingresos. O Concello completará a contía necesaria derivada do custo do aloxamento ata un 50% do SMI mensual como máximo.
¿ Axuda económica de transporte para asistir a tratamentos rehabilitadores de toxicomanías. Contía máxima de 75% do SMI mensual
¿ Axudas para libros e material escolar. Contía máxima do 35% do SMI mensual
¿ Axudas para a atención de situacións de urxente e grave necesidade que non poidan ser atendidas por ningún dos conceptos contemplados nos epígrafes anteriores ou para calquera outro tipo de prestación ou axuda, tales como: limpeza extraordinaria en domicilios cando exista risco sanitario, enterramentos, desprazamento para operacións cirúrxicas, etc... ou calquera outras que sexan consideradas polos servizos sociais de atención primaria. Axustarase a contía da axuda á necesidade formulada.

6. - DOCUMENTACION

¿ Solicitude de axuda, segundo modelo, debidamente cumprido.
¿ Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante e dos maiores de 16 anos da unidade familiar
¿ Fotocopia do libro de familia
¿ Certificado de empadroamento do solicitante de máis dun ano no Concello de Toques
¿ Compromiso de destinar a axuda á finalidade para a que é concedida, segundo modelo.
¿ Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos, segundo modelo.
¿ No caso de persoas con minusvalidez, presentarase certificado do grao de minusvalía
¿ Xustificante de vivenda: Fotocopia do contrato de aluguer, fotocopia do recibo de aluguer ou xustificante de empréstito hipotecario
¿ Xustificantes de ingresos económicos da unidade familiar:
1. Fotocopia da declaración do IRPF dos membros da unidade familiar con obriga de presentala, no caso de non a presentar declaración xurada neste sentido.
2. Tarxeta de demanda de emprego e/ou certificado do INEM das prestacións por desemprego
3. Nóminas dos dous últimos meses e fotocopia do contrato de traballo dos que realicen unha actividade laboral.
4. Certificado de pensións
5. Certificado de banco ou caixa de aforros que acredite os rendementos efectivos xerados por capital mobiliario do ano anterior dos maiores de 18 anos.
6. Outros documentos específicos segundo as circunstancias ou necesidade
7. Calquera outra documentación que para a correcta valoración da solicitude lle poida ser requirida durante a tramitación
8. Documento de domiciliación bancaria (fotocopia da libreta de aforro a nome do titular da axuda, onde aparezan os vinte díxitos que compoñen o código de conta cliente) se é pagamento directo. Se é un pagamento indirecto factura do provedor.

7. - FORMA, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES

A solicitude acompañada da documentación complementaria especificada no artigo 6, presentarase no rexistro de entrada do concello de Toques e dirixida ao Alcalde - Presidente.
De xeito excepcional, os expedientes poderán ser presentados de oficio, cando concorran circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto todo o ano.

8. - TRAMITACION

Unha vez recibida a solicitude, e en caso necesario, requirirase ao interesado para que proceda á subsanación de erros ou para a achega da documentación necesaria nun prazo de 10 días, facéndolle saber que no caso contrario se terá por desestimada a súa petición (de conformidade co establecido no art. 71 da lei 30/1992 e do 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común), procedéndose ao arquivo do expediente.
O/a traballador/a social dos servizos sociais de atención primaria despois de comprobar as circunstancias socioeconómicas do interesado mediante valoracións cualitativas (visitas, entrevistas,...) e cuantitativas (comprobación de requisitos económicos), elaborará a oportuna proposta sobre a procedencia de denegar ou conceder a axuda solicitada, e a contía da axuda neste caso.

9. - RESOLUCION E NOTIFICACION AOS INTERESADOS.

A solicitude, coa documentación adxunta, o correspondente informe social, e logo de fiscalización de Intervención, será elevado a Alcaldía ( ou ao órgano de goberno que nese momento teña delegada a competencia) para que emita a resolución correspondente, na que polo menos quedará reflectido: beneficiario, concepto, contía e forma de pagamento.
En todo caso, a axuda concederase en función dos créditos dispoñibles neste Concello para estas prestacións. Por iso, non abondará para recibir a axuda con que o solicitante reúna os requisitos e condicións anteriormente sinalados, senón que será necesario, ademais, que a súa solicitude poida ser atendida tendo en conta as dotacións presupostarias existentes.
Naqueles supostos en que a situación do beneficiario presente extrema urxencia e gravidade poderá ditarse Resolución provisional ata que sexa completado o expediente. Se transcorrido o prazo establecido non completase o expediente, ou non se confirmase a urxencia, se procederá á revogación da axuda e reclamación do diñeiro percibido provisionalmente.
A resolución adoptada será notificada ao interesado no domicilio que para os efectos de notificacións figure no expediente no prazo de tres meses.
Contra a resolución ditada poderán interpoñerse os recursos pertinentes conforme á lei.

10. - FORMA DE PAGAMENTO

A forma de pagamento das axudas concedidas serán en metálico, como se determine na resolución, podendo ser:
¿ Directas, é dicir, a favor do solicitante da axuda, por medio de transferencia bancaria ou cheque nominativo
¿ Excepcionalmente poderán ser indirectas, é dicir, a favor do provedor e tras a comprobación da factura correspondente, cando así fágase constar no informe do/da traballador/a social.

11. -XUSTIFICACION DA SUBVENCION

 xustificación das cantidades subvencionadas farase de forma previa ao seu pagamento mediante:
1. Factura con todos os requisitos complementarios
2. Contrato ou documento probatorio da prestación en caso de servizos prestados por persoas ou entidades non obrigadas a facturar.
Excepcionalmente, a xustificación poderá ser posterior á percepción do pagamento cando concorran circunstancias graves ou urxentes que aparezan reflectidas no informe técnico. Neste caso, o beneficiario xustificará a axuda ante o Concello nun prazo máximo dun mes da recepción do importe.
3. Se non se ten xustificada a axuda antes do 15 de decembro de cada exercicio económico entenderase que o beneficiario renuncia á axuda solicitada.

12. - OBRIGAS DOS INTERESADOS

¿ Comunicar ao departamento de servizos sociais todas aquelas variacións habidas na súa situación sociofamiliar, que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.
¿ Destinar a cantidade percibida aos fins para os que foi concedida
¿ Reintegrar os importes concedidos cando non se apliquen para os fins para os que se concedeu.

13. - EXTINCION

Serán causa de extinción da axuda concedida:
¿ Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito á axuda
¿ Desaparición das circunstancias que deron orixe á súa concesión
¿ Baixa do padrón municipal
¿ Non presentación de facturas que deron lugar á axuda concedida
¿ Falecemento do beneficiario

14. - INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

O réxime de infraccións e sancións será o establecido no título IV da lei 38/2003.
O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos doutras Administracións Públicas, constituirán causa determinante para a revogación da subvención concedida, coa conseguinte devolución dos créditos obtidos.
Igualmente o falseamento ou ocultación dos datos esixidos dará lugar á cancelación da subvención e a obriga de reintegro das cantidades recibidas.

DISPOSICION FINAL

Para o non regulado nestas bases estarase o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da sua publicación no Boletín Oficial da Provincia e estará en vigor hasta a sua modificación ou derogación.-