Índice
Toques - Regulamento orgánico do concello de Toques
Publicación provisional:
04/03/2008
BOP Nº:
53
Publicación definitiva:
04/03/2008
BOP Nº:
53
Aplicable dende:
25/03/2008
Capítulo I. Dereitos dos concelleiros
Artigo 6.-
Os concelleiros teñen dereito ás honras, prerrogativas e distincións propias do cargo que establezan as Leis do Estado ou da Comunidade Autónoma Galega.
Artigo 7.-
1. Os concelleiros teñen dereito a asistir con voz e voto ás sesións do Concello Pleno e ás daqueles outros órganos colexiados dos que formen parte.
2. Tamén terán dereito a asistir, con voz e sen voto, ás sesións dos órganos complementarios do Concello nos que a Lei establece o dereito á participación de todos os grupos políticos.
3. Salvo xusta causa que o impida, as ausencias do término municipal de duración superior a oito días, deberán de ser comunicadas ao Alcalde por escrito, ben persoalmente ou a través do Portavoz do grupo político, concretándose en todo caso a duración previsible da mesma.
Artigo 8.-
Os concelleiros teñen dereito a percibir a retribución que acorde o Pleno da Corporación cando desempeñen o seu cargo con dedicación exclusiva ou parcial. Neste caso serán dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, asumindo a Corporación o pago das cotas empresariais correspondentes ou, no seu caso, das cotizacións das mutualidades obrigatorias, incluídas as cotas de clases pasivas.
Artigo 9.-
1. Os concelleiros sen dedicación parcial ou exclusiva teñen dereito a percibir asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación dos que formen parte, na contía que estableza o Pleno da Corporación.
2. Todos os concelleiros teñen dereito a percibir indemnizacións polos gastos efectivos ocasionados no exercicio do seu cargo, sempre que estes sexan xustificados debidamente segundo as normas de aplicación xeral nas Administracións Públicas.
Artigo 10.-
O Concello consignará no seu presuposto o crédito ou créditos necesarios para o pago das retribucións ou indemnizacións a que se refiren os artigos anteriores, dentro dos límites que con carácter xeral se estableza.
Artigo 11.-
1. Todos os concelleiros teñen dereito a obter do Alcalde e da Xunta de Goberno Local o acceso a todos os antecedentes, datos e información que, obrando en poder dos servicios municipais, resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.
2. Este dereito só poderá ser limitado, total ou parcialmente, nos seguintes casos:
a) Cando o coñecemento ou difusión dos documentos ou antecedentes poda vulnerar o dereito constitucional á honra, á intimidade persoal ou familiar e á propia imaxe das persoas.
b) Cando se trate de materias relativas a seguridade cidadana, a publicidade das cales puidese incidir negativamente na mesma.
c) Cando se trate de materias amparadas por segredo estatístico ou que incidan no ámbito protexido pola lexislación que limita o acceso aos bancos de datos informáticos.
d) Cando se trate de antecedentes que se atopen incorporados a un proceso xudicial penal, mentres permanezan baixo segredo sumarial.
3. A petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo en caso de que o Alcalde ou a Xunta de Goberno Local non dicten resolución ou acordo denegatorio no término de cinco días, a contar desde a data da solicitude.
4. En todo caso, a denegación do acceso a documentación informativa haberá de se facer a través de resolución ou acordo motivado.
Artigo 12.-
Non obstante o disposto no número 1 do artigo anterior, os servicios administrativos municipais ou os funcionarios correspondentes estarán obrigados a facilitar a información sen necesidade de que o concelleiro acredite estar autorizado nos seguintes casos:
a) Cando se trate do acceso dos concelleiros que ostenten delegacións ou responsabilidades de xestión á información propia das mesmas.
b) Cando se trate do acceso de calquera concelleiro á información e documentación correspondente aos asuntos que haxan de ser tratados polos órganos colexiados de que formen parte, así como ás resolucións ou acordos adoptados por calquera órgano municipal.
c) Cando se trate do acceso dos concelleiros á información ou documentación do Concello que sexa de libre acceso para os cidadáns.
Artigo 13.-
1. A consulta e exame dos expedientes, libros e documentación en xeral rexerase polas seguintes normas:
a) A consulta xeral de calquera expediente ou antecedente documental poderá realizarse no arquivo xeral ou na dependencia onde se atope, mediante entrega dos mesmos ao concelleiro interesado para que poda examinalos en sala reservada a tal fin.
O libramento de copias limitarase aos casos citados de acceso libre dos concelleiros á información e aos casos en que isto sexa autorizado polo Alcalde, a Xunta de Goberno Local ou calquera concelleiro con responsabilidade delegada de goberno.
b) En ningún caso os expedientes, libros ou documentación poderán saír da Casa Consistorial ou da correspondente dependencia ou oficina municipal.
c) A consulta dos libros de actas e dos libros de resolucións deberá efectuarse no Arquivo ou na Secretaría Xeral.
d) O exame de expedientes sometidos a sesión poderá facerse só no lugar en que se atopen de manifesto a partir da convocatoria.
2. No suposto de entrega previsto no apartado a) do número anterior e a efectos do oportuno control administrativo, o interesado deberá asinar un acuse de recibo e terá a obriga de devolver o expediente ou documento unha vez examinado, non podendo nunca entorpecer o trámite do expediente en cuestión. Se chegada a hora de peche das oficinas non se acabase de examinar o expediente, devolverase ao funcionario encargado da súa custodia, sen prexuízo de o voltar a pedir ao día seguinte.
Capítulo I. Dos órganos decisorios
Artigo 27.-
As atribucións do Alcalde, do Pleno e da Xunta de Goberno Local son as establecidas na lexislación reguladora do réxime local.
Artigo 28.-
O Pleno está integrado por todos os concelleiros e polo Alcalde, que o preside.
O Pleno pode efectuar delegacións de atribucións no Alcalde e na Xunta de Goberno.
Artigo 29.-
1. Nos termos previstos na lexislación vixente, o Alcalde poderá delegar as súas funcións na Xunta de Goberno, nos Tenentes de Alcalde ou en calquera concelleiro.
2. As delegacións deberán ser realizadas mediante Decreto que conterá o ámbito dos asuntos a que se refire a delegación, as facultades que se delegan, así como as condicións especificas do exercicio das mesmas.
3. O Alcalde poderá, en calquera momento, modificar, revocar ou avocar para si todas ou parte das atribucións que tivera delegado.
Artigo 30.-
Os Tenentes de Alcalde substitúen, pola orde do seu nomeamento e nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, ao Alcalde, sendo libremente designados e cesados por este de entre os membros da Xunta de Goberno Local, dando conta ó Pleno na primeira sesión que celebre.
Artigo 31.-
1. A Xunta de Goberno Local está integrada polo Alcalde, que a preside, e un número de concelleiros non superior ao tercio do número legal de membros do Corporación, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ó Pleno.
2. É atribución propia e indelegable da Xunta de Goberno Local a asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións. A tal fin, será informada de todas as decisións do Alcalde. Así mesmo exercerá a Xunta de Goberno Local as atribucións que lle deleguen o Pleno ou o Alcalde ou que lle asignen as leis.
Capítulo I.Funcionamento do Pleno
Sección 1ª: Das sesións
Artigo 38.-
1. As Sesións do Pleno celebraranse necesariamente no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Por razóns protocolarias o Concello Pleno poderá celebrar sesión extraordinaria en lugar distinto sen que en ningún caso poda adoptar mais acordos que o outorgamento ou recepción de honras, condecoracións e asuntos similares.
2. En caso de forza maior, a Alcaldía, oída a Xunta de Portavoces, poderá dispoñer a celebración de sesión noutro local ou edificio adecuado, mediante resolución motivada e previa á da convocatoria do Pleno, notificada a todos os membros da Corporación.
3. Os concelleiros tomarán asento no salón de sesións conforme á súa adscrición a Grupos municipais. O Alcalde, oída a Xunta de Portavoces, determinará a orde de colocación dos grupos dando preferencia ó grupo formado polos concelleiros da lista que obtivese maior número de votos. En calquera caso, a disposición tenderá a facilitar a emisión e reconto dos votos.
Artigo 39.-
O Pleno poderá reunirse en sesións ordinarias, extraordinarias e extraordinarias de carácter urxente.
Artigo 40.-
1. O Pleno celebrará sesión ordinaria cada dous meses como mínimo, na data e hora que acorde.
2. A Alcaldía, por propia iniciativa ou a petición da Xunta de Portavoces, poderá variar por causa xustificada o día ou a hora de celebración dalgunha sesión, procurando apartarse o menos posible do acordado polo Pleno e comunicándoo ós interesados e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior antelación posible.
Artigo 41.-
As sesións poden celebrarse en primeira ou segunda convocatoria. A segunda convocatoria terá lugar dous días despois do sinalado para a primeira ou ó día seguinte hábil se coincidise en festivo, sen que sexa necesario o envío da Orde do Día, pero si a notificación de celebración en segunda convocatoria.
Artigo 42.-
O Pleno celebra sesión extraordinaria cando así o decida o Alcalde ou o solicite a cuarta parte, alomenos, do número legal de membros da Corporación, sen que ningún concelleiro poda solicitar mais de tres anualmente. Neste último caso, deberá ser convocada polo Alcalde dentro dos tres días hábiles seguintes á súa petición a través do Rexistro Xeral e a celebración do mesmo non poderá demorarse por mais de quince días hábiles desde que fose solicitada, non podendo incorporarse o asunto á Orde do Día dun Pleno ordinario ou de outro extraordinario con mais asuntos, se non o autorizan os solicitantes da convocatoria.
Se o Presidente non convocase o pleno extraordinario solicitado polo número de concelleiros indicado dentro do prazo sinalado, quedará convocado para o décimo día hábil seguinte ao de finalización de dito prazo, o que será notificado polo Secretario da Corporación a todos os membros da mesma ao día seguinte ao de remate do prazo citado anteriormente. En ausencia do Presidente ou de quen legalmente deba substituílo, o Pleno quedará constituído sempre que concorra alomenos un tercio do número legal de membros do mesmo, e será presidido polo membro da Corporación de maior idade entre os presentes.
Artigo 43.-
Se a urxencia do asunto ou asuntos a tratar non permite convocar a sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles esixida pola Lei, o Alcalde poderá convocar sesión extraordinaria con carácter urxente.
Neste caso debe incluírse como primeiro punto da Orde do Día o pronunciamento do Pleno sobre a urxencia. Se esta non resulta apreciada polo mesmo, se levantará acto seguido a sesión.
Artigo 44.-
Toda sesión, sexa ordinaria ou extraordinaria, haberá de respectar o principio de unidade de acto e se procurará que acabe o mesmo día do seu comezo. En todo caso, ningunha sesión terá unha duración superior a cinco horas.
Durante o transcurso da sesión, o Presidente poderá acordar interrupcións ao seu prudente arbitrio para permitir as deliberacións dos Grupos por separado sobre a cuestión debatida ou para descanso dos debates.
Sección 2ª: Convocatoria e Orde do Día.
Artigo 45.-
1. Corresponde ao Alcalde, como Presidente do Pleno, convocar todas as sesións deste.
2. Tanto as sesións ordinarias como as extraordinarias que non teñan carácter urxente han de ser convocadas alomenos con dous días hábiles de antelación. A convocatoria, xunto coa Orde do Día e as actas de sesións anteriores que deban ser aprobadas na sesión, deberán ser notificadas aos concelleiros no seu domicilio.
Artigo 46.-
1. A Orde do Día das sesións será fixado polo Alcalde asistido do Secretario. Así mesmo poderá recabar a asistencia dos membros da Xunta de Goberno Local e consultar, se o estima oportuno, aos portavoces dos grupos municipais.
2. O Alcalde, por razóns de urxencia debidamente motivada poderá incluír na orde do día, a iniciativa propia ou a proposta de algún dos portavoces, asuntos que non estivesen previamente informados pola respectiva Comisión Informativa, pero neste suposto non poderá adoptarse acordo algún sobre estes asuntos sen que o Pleno ratifique a súa inclusión na orde do día.
3. Na Orde do Día das sesións ordinarias se incluirá sempre o punto de rogos e preguntas.
Artigo 47.-
Toda a documentación dos asuntos incluídos na Orde do día, que debe servir de base ao debate, e no seu caso votación, figurará a disposición de todos os concelleiros desde o mesmo día da convocatoria na Secretaria da Corporación. Calquera concelleiro poderá, en consecuencia examinala e mesmo obter copias de documentos concretos que a integren, pero os orixinais non poderán saír do lugar en que se atopen postos de manifesto.
Sección 3ª: Dos Debates.
Artigo 48.-
As sesións ordinarias comezarán preguntando o Presidente se algún concelleiro ten que formular algunha observación a acta ou actas de sesións anteriores que se distribuísen coa convocatoria. Se non houbese observacións, se considerarán aprobadas. Se as houbese se debaterán e decidirán as rectificacións que procedan, que só poderán referirse á corrección de erros materiais ou de feito.
Artigo 49.-
A consideración de cada punto incluído na orde do día comezará coa lectura íntegra ou en extracto polo Secretario do dictame formulado pola Comisión Informativa correspondente ou, se se trata dun asunto urxente non dictaminado pola mesma, da proposición que se somete ao Pleno. A solicitude de calquera grupo deberá darse lectura íntegra a aquelas partes do expediente ou do informe ou dictame da Comisión que se considere conveniente para mellor comprensión.
Se ninguén solicitase a palabra tras a lectura, o asunto quedará aprobado por asentimento unánime.
Artigo 50.-
1. Se se promove debate, as intervencións serán ordenadas polo Alcalde conforme as seguintes regras:
a) Só poderá facerse uso da palabra previa autorización do Alcalde.
b) Non se admitirá ningunha interrupción a quen estea no uso da palabra, agás por parte do Presidente, para advertirlle que se lle esgotou o seu tempo ou para chamalo á cuestión ou á orde.
c) O debate se iniciará cunha exposición e xustificación da proposta, a cargo dalgún concelleiro da Comisión Informativa que a dictaminara ou, nos demais casos, de algún dos concelleiros que subscriban a proposición, en nome propio ou do colectivo ou órgano municipal propoñente da mesma, o cal terá a consideración de concelleiro poñente.
d) A continuación os diversos grupos consumirán unha primeira rolda de intervencións que non excederá de cinco minutos por cada grupo. A presidencia concederá a palabra ó portavoz de cada grupo, quen poderá cedela a outro ou outros membros do seu grupo, e se é o caso, ós concelleiros non adscritos, consonte a letra j) deste artigo.
e) Quen se considere aludido por unha intervención poderá solicitar do Alcalde que lle conceda unha intervención por alusións, que non excederá de dous minutos, para contestar estrictamente ás alusións realizadas. Tras el, o autor da alusión poderá replicar durante un máximo de un minuto.
f) Quen considere que a súa intervención foi terxiversada ou mal interpretada, poderá solicitar da Presidencia que lle conceda unha intervención de rectificación que non excederá de dous minutos.
g) Consumida a primeira rolda, o Alcalde pode dar por rematada a discusión, que pechará o concelleiro poñente cunha breve intervención ratificando ou modificando a súa proposta.
h) Se o solicitase algún grupo, se procederá a unha segunda rolda. Terminada esta, o Alcalde pode dar por acabada a discusión que se cerrará cunha intervención do concelleiro poñente no que brevemente ratificará ou modificará o seu proposta. As intervencións desta segunda quenda non poden ter unha duración superior a dous minutos.
i) Os tempos de intervención sinalados, agás os de alusións ou rectificación, poderán ser utilizados por un ou mais membros do grupo, sen exceder en ningún caso do límite establecido. Transcorrido o tempo establecido, o Presidente retiraralle a palabra ao orador, despois de advertirlle por dúas veces que debe concluír a súa intervención.
j) Os concelleiros non adscritos distribuirán por acordo entre eles os tempos de intervención. A falta de acordo, distribuirase proporcionalmente a intervención entre os non adscritos que desexen intervir
2. Tras intervir por dúas veces os grupos que o solicitaran, o Presidente dará por concluso o debate e someterá o asunto a votación.
3. A Presidencia está facultada para amplía-lo número ou duración das intervencións previstas nas anteriores regras, unha vez oída a Xunta de Portavoces e en atención á especial importancia do asunto a tratar.
Artigo 51.-
1. Os concelleiros poderán en calquera momento do debate pedir a palabra para plantear unha cuestión de orde, invocando ao efecto a norma cuxa aplicación se reclama. O Presidente resolverá o que proceda, sen que por este motivo se inicie debate algún.
2. O Secretario e o Interventor poderán intervir cando proceda conforme á normativa vixente e cando sexan requiridos polo Presidente por razóns de asesoramento técnico ou aclaración de conceptos.
3. Calquera concelleiro poderá pedir durante o debate, a retirada de algún expediente incluído na orde do día, a efectos de que se incorporen ao mesmo documentos ou informe e tamén que o expediente fique sobre a mesa, aprazándose a súa discusión para a seguinte sesión.
En ambos casos, a petición será votada tras acabar o debate e antes de proceder a votación da proposta sobre o fondo do asunto. Se a maioría simple votase a favor da petición non haberá lugar a votar a proposta.
Artigo 52.-
1. Cando nos dictames das comisións consten votos particulares ou se presenten emendas ás propostas, uns e outras serán sometidos a debate e votación antes da proposta á que se refiran.
2. As emendas haberán de ser presentadas por escrito asinado polos emendantes, expresando literalmente o texto que se propón para substituír ó emendado, antes de iniciarse na sesión a discusión do asunto a que se refiran. Poden presentarse emendas verbais no transcurso do debate sobre mocións presentadas oralmente durante a sesión.
3. Igualmente poderán presentarse de viva voz as emendas transaccionais, que teñen por obxecto unificar criterios ou refundir outras emendas ou proposicións formuladas durante o debate, así como as emendas de supresión.
Sección 4ª: Das Votacións.
Artigo 53.-
Finalizado o debate dun asunto, procederase á súa votación.
O Alcalde pode alterar a orde dos temas ou retirar un asunto cando a súa aprobación esixise un maioría especial e esta non puidese obterse no momento previsto inicialmente na orde do día.
Antes de comezar a votación, o Alcalde planteará claramente os termos da mesma.
Artigo 54.-
1. As votacións poden ser ordinarias, nominais e segredas.
2. Son ordinarias as que se manifestan por signos convencionais de asentimento, disentimento ou abstención.
3. Son nominais aquelas votacións que se realizan mediante chamamento por orde alfabético de apelidos e sempre en último lugar o Presidente e nas que cada concelleiro ao ser chamado, responde en voz alta «si», «non» ou «abstéñome».
4. Son segredas as que se realizan por papeletas que cada membro da Corporación deposita nunha urna disposta a tal efecto.
Artigo 55.-
Unha vez iniciada a votación, non pode interromperse por ningún motivo. Durante o desenvolvemento da votación o Presidente non concederá o uso da palabra e ningún membro da Corporación poderá entrar na Sala de Sesións ou abandonala.
Artigo 56.-
1. A forma normal de votación é a ordinaria.
2. A votación nominal requirirá solicitude dun grupo municipal aprobada polo Pleno por maioría simple en votación ordinaria.
3. No suposto de votación ordinaria, calquera concelleiro poderá pedir que se faga constar na acta o sentido en que emitiu o voto, aos efectos da súa lexitimación para a impugnación dos acordos adoptados.
4. A votación segreda só poderá utilizarse para a elección ou destitución de persoas e cando afecte á honra das persoas ou da Corporación.
Artigo 57.-
Quedará aprobado o que vote a maioría simple de presentes, salvo que a Lei esixa unha maioría especial, caso no que a proposta só quedará aprobada se se acada a maioría esixida, quedando rexeitada en caso contrario.
Artigo 58.-
En caso de votacións con resultados de empate, efectuarase unha nova votación e se persistise o empate, decidirá o voto de calidade do Alcalde.
Artigo 59.-
Finalizada a votación, o Presidente proclamará o acordo adoptado.
Artigo 60.-
Proclamado o acordo, cada grupo poderá solicitar do Presidente unha quenda de explicación de voto, que non excederá de dous minutos.
Sección 5ª: Das chamadas á cuestión e á orde.
Artigo 61.-
1. O Presidente poderá chamar á cuestión ao concelleiro que estea a facer uso da palabra, xa sexa por digresións estrañas ao asunto de que se trate, xa sexa por voltar sobre o que estivese xa discutido ou votado.
2. Tras unha segunda chamada á cuestión na mesma intervención dun concelleiro, o presidente poderá retirarlle o uso da palabra, sen prexuízo de que outro membro do seu grupo poda intervir durante o resto do tempo que lle corresponda na súa quenda.
Artigo 62.-
1. O Presidente poderá chamar á orde ao concelleiro que:
a) Profira palabras ou verta conceptos ofensivos ao decoro da Corporación ou dos seus membros, das institucións públicas ou de calquera outra persoa ou entidade.
b) Produza interrupcións ou de calquera outra forma, altere a orde das sesións.
c) Pretenda facer uso da palabra sen que lle fose concedida ou unha vez que lle fose retirada.
2. Tras tres chamadas á orde na mesma sesión, con advertencia na segunda das consecuencias dunha terceira chamada, o Presidente poderá ordenar ao concelleiro que abandone o local en que se estea a celebrar a xuntanza, adoptando as medidas que se considere oportunas para facer efectiva a expulsión.
Sección 6ª: Proposicións, mocións, rogos e preguntas.
Artigo 63.-
1. A proposición é a proposta que se somete ao Pleno relativa a un asunto que non foi previamente informado pola Comisión Informativa, incluída na Orde do Día polo Alcalde por razóns de urxencia debidamente motivadas, a iniciativa propia ou dalgún dos Portavoces.
2. A proposición conterá unha parte expositiva ou xustificación e un acordo a adoptar.
3. Non procederá entrar a debater nin votar unha proposición sen que previamente o Pleno ratifique, por maioría simple, a súa inclusión na Orde do Día.
Artigo 64.-
1. Moción é a proposta que un grupo municipal somete directamente ao Pleno, oralmente ou por escrito, por razóns de urxencia que haberá de ser debidamente xustificada, sobre algún asunto que non figure na Orde do Día e que non teña cabida no punto de rogos e preguntas.
2. Finalizado o debate e votación dos asuntos comprendidos na Orde do Día, antes dos Rogos e Preguntas, entrarase no coñecemento das mocións de urxencia, previa a súa declaración de tal carácter polo Pleno, que a decidirá por maioría absoluta.
3. O seu debate e votación rexerase polas regras xerais establecidas no presente Regulamento, reducíndose o tempo da ponencia e da primeira rolda a catro minutos e o da segunda rolda a dous minutos.
4. A presidencia poderá limitar a un máximo de tres as mocións que cada grupo presente nunha mesma sesión.-
Artigo 65.-
1. Poden formular rogos ou preguntas todos os membros do Concello ou os grupos municipais a través dos seus portavoces.
2. Rogo é unha proposta de actuación que se dirixe a algún dos órganos do goberno municipal. Cada rogo só poderá conter unha única proposta de actuación, téndose por non presentados os que acumulen varias peticións.
Os rogos poderán ser efectuados oralmente ou por escrito, e serán debatidos na sesión seguinte á da súa presentación, a non ser que se presenten por escrito no Rexistro Xeral con dous días hábiles de antelación ó da realización da sesión ordinaria, ou que o Alcalde estime conveniente contestalos na mesma sesión en que se presenten. Poderán dar lugar a un breve debate, pero non serán obxecto de votación.
3. Pregunta é calquera cuestión que se dirixe a algún dos órganos do goberno no seo do Pleno. Cada pregunta só poderá conter unha única cuestión, téndose por non presentadas as que acumulen varias.
As preguntas formuladas por escrito ou oralmente no transcurso dunha sesión, serán xeralmente contestadas polo seu destinatario na sesión seguinte, salvo as formuladas por escrito con dous días hábiles de antelación ó da realización da sesión, que serán contestadas ordinariamente nesta ou, por causas debidamente motivadas, na seguinte. Se o preguntado dera resposta á pregunta na mesma sesión, a súa intervención non poderá ter unha duración superior a dous minutos.
4. Ningunha intervención na quenda de rogos e preguntas excederá de dous minutos.
5. A Presidencia poderá limitar a un máximo de seis rogos e seis preguntas as que poderá presentar cada grupo nunha mesma sesión.
Capítulo II. Deberes dos concelleiros
Artigo 14.-
Os concelleiros están obrigados ao cumprimento estricto dos deberes e obrigas inherentes ao seu cargo, significadamente o de velar polo cumprimento das Ordenanzas e Regulamentos do Concello de Toques e o de asistir ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, salvo causa xustificada.
Artigo 15.-
Os concelleiros teñen o deber de gardar reserva en relación coas informacións que se lles faciliten para facer posible o desenvolvemento da súa función, singularmente das que deban servir de antecedente para decisións que aínda estean pendentes de adopción, así como evitar a reproducción da documentación que poda serlles facilitada, tanto en orixinal como en copia, para o seu estudio.
Artigo 16.-
Os concelleiros absteranse nas deliberacións, dictames, informes, votacións e calquera outro tipo de actuacións cando concorran as causas de abstención previstas na lexislación aplicable, debendo poñerse inmediatamente e por escrito esta circunstancia en coñecemento do Alcalde ou de quen ostente a presidencia do órgano e, en todo caso, da Secretaría Xeral do Concello.
Artigo 17.-
1. Os concelleiros formularán declaración sobre causas de incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poda proporcionar ingresos económicos. Formularán así mesmo declaración dos seus bens patrimoniais.
2. Ambas declaracións, formuladas no modelo que aprobe o Pleno, levaranse a cabo antes da toma de posesión, con ocasión do cese e cando se modifiquen as circunstancias de feito.
Artigo 18.-
Baixo a dirección do Secretario Xeral da Corporación, e encomendados á súa custodia, constitúense os Rexistros de Intereses de causas de incompatibilidade e actividades, que terá carácter público, e de bens patrimoniais.
Capítulo II. As Comisións Informativas
Artigo 32.-
1. As Comisións Informativas son órganos municipais necesarios, sen atribucións resolutorias, que teñen por función o estudio, informe ou consulta dos asuntos que haxan de ser sometidos á decisión do Pleno, así como o seguimento da xestión do Alcalde, da Xunta de Goberno e dos concelleiros que ostenten delegacións, sen prexuízo das competencias de control que corresponden ao Pleno.
Así mesmo, emitirán dictame sobre aqueles asuntos da competencia da Xunta de Goberno e do Alcalde que lles sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión destes órganos.
2. Son Comisións Informativas permanentes as que se constitúen con carácter xeral, distribuíndo entre elas as materias que deban someterse ao Pleno. O seu número e denominación iniciais, así como calquera variación das mesmas durante o mandato corporativo, decidirase mediante acordo adoptado polo Pleno a proposta do Alcalde.
3. Son Comisións Informativas especiais as que se constitúen para un asunto concreto en consideración ás súas características especiais de calquera tipo, que se extinguen unha vez dictaminado o asunto que constitúe o seu obxecto, salvo que dispoña outra cousa o acordo plenario que as creou.
Artigo 33.-
1. As Comisións Informativas intégranse polo Alcalde, ou concelleiro en quen delegue, como presidente e por un concelleiro de cada grupo político municipal, aprobándose os dictames polo sistema de voto ponderado.
2. O Pleno acordará o número, denominación e competencias das Comisións Informativas permanentes en sesión celebrada dentro do mes seguinte ao da constitución da Corporación, sen prexuízo das variacións posteriores que se consideren oportunas.
3. O Alcalde é o Presidente nato de todas as comisións, e poderá delegar libremente a súa presidencia efectiva en calquera membro da Corporación, así como designar de entre os membros de cada Comisión un ou mais vicepresidentes, coa función de substituír ó presidente en caso de vacante ou ausencia.
4. Cando o número de comisións creadas polo Pleno non permita que todos os concelleiros formen parte, polo menos, dunha delas, os grupos políticos deberán establecer quendas rotatorias entre os seus membros para posibilitar este dereito.
5. A adscrición concreta a cada Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma, en representación de cada Grupo, se realizará mediante escrito do portavoz correspondente dirixido ao Alcalde, do que se dará conta ao Pleno. De igual forma, poderanse designar suplentes para os titulares.
Artigo 34.-
Os concelleiros non adscritos terán dereito a participar en cada Comisión Informativa cun vocal polo conxunto deles, que emitirá o voto ponderado correspondente ó número total de non adscritos. A estes efectos os concelleiros non adscritos haberán de dirixir escrito á Alcaldía, asinado por todos eles, establecendo quendas rotatorias para o reparto dos postos de membros das Comisións que lles correspondan conforme ó exposto, do que se dará conta ó Pleno na primeira sesión que celebre.
Capítulo II. Regras especiais de funcionamento da Xunta de Goberno Local
Artigo 66.-
1. A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria con periodicidade quincenal, nos días e horas que o Alcalde estableza mediante Decreto, e extraordinaria ou urxente cando o decida o mesmo Alcalde.
As sesións celebraranse na Casa Consistorial salvo en supostos de forza maior.
2. A convocatoria conterá a orde do día dos asuntos a debater sobre os que haxa de adoptarse acordo.
3. Non obstante o anterior, o Alcalde poderá en calquera momento reunir a Xunta de Goberno Local cando estime necesario coñecer o seu parecer ou pedir a súa asistencia con anterioridade a dictar resolucións en exercicio das atribucións que lle correspondan.
Artigo 67.-
1. A válida celebración das sesións da Xunta de Goberno Local require a presencia da maioría absoluta dos seus compoñentes.
2. O Alcalde dirixe e ordena ao seu prudente arbitrio os debates no seo da Xunta.
3. Os acordos da Xunta adoptaranse sempre por maioría dos presentes.
Artigo 68.-
As sesións da Xunta de Goberno Local non son públicas, sen prexuízo da publicidade e comunicación ás administracións estatal e autonómica dos acordos adoptados. Ademais, no prazo de dez días deberá enviarse a todos os membros da Corporación copia da acta.
Capítulo III. Dos grupos políticos municipais
Artigo 19.-
1. Os concelleiros, a efectos da súa actuación corporativa, constituiranse en grupos correspondentes aos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que obtivesen postos na Corporación.
2. Cada partido político, federación, coalición ou agrupación constituirá un único grupo.
3. Ningún concelleiro pode pertencer a máis dun grupo.
Artigo 20.-
1. O número mínimo de concelleiros para constituír un grupo é de dous. Integraranse en todo caso no grupo mixto os membros dos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que non obtivesen dito mínimo.
2. Durante o mandato da Corporación ningún concelleiro poderá integrarse nun grupo distinto de aquel en que o faga inicialmente.
Artigo 21.-
1. Os grupos políticos municipais constituiranse mediante escrito dirixido ao Alcalde e subscrito por todos os seus integrantes, que se presentará na Secretaria Xeral da Corporación dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación.
2. No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de Portavoz do Grupo, podendo designarse tamén suplentes.
3. Os compoñentes do grupo mixto exercerán por rotación o cargo de portavoz, segundo a orde que entre os seus membros establezan.
Artigo 22.-
Da constitución dos grupos políticos municipais e dos seus integrantes e portavoces, o Alcalde dará conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre tras cumprirse o prazo previsto no número 1 do artigo anterior.
Artigo 23.-
Cando para cubrir unha baixa se produza a incorporación ao Concello dun concelleiro, este disporá dun prazo de cinco días hábiles, a partir da sesión na que tome posesión do seu cargo, para se integrar no grupo que lle corresponda, o que acreditará mediante escrito dirixido ó Presidente e asinado tamén polo portavoz correspondente.
Artigo 24.-
Sempre que sexa posible, a Alcaldía porá a disposición dos grupos municipais un local o despacho para reunirse, así como a infraestructura mínima de medios materiais e persoais para o desenvolvemento das súas funcións.
Artigo 25.-
Corresponde aos grupos políticos designar mediante escrito do seu portavoz dirixido ao Alcalde e nos termos previstos en cada caso no presente Regulamento, a aqueles dos seus compoñentes que deban representalos en todos os órganos colexiados integrados por concelleiros pertencentes aos diversos grupos.
Capítulo III. A Comisión Especial de Contas
Artigo 35.-
1. Á Comisión Especial de Contas, órgano de carácter preceptivo, correspóndelle o exame, estudio e informe de todas as contas presupostarias e extrapresupostarias que deba aprobar o Pleno da Corporación, de acordo co establecido na lexislación reguladora da facenda local.
2. A súa constitución, composición, integración e funcionamento axústase ao establecido para as demais Comisións Informativas.
Capítulo III. Funcionamento das Comisións Informativas
Artigo 69.-
1. As Comisións Informativas celebrarán sesións ordinarias coa mesma periodicidade que o Pleno, nos días e horas que estableza o Alcalde quen poderá así mesmo convocar sesións extraordinarias ou urxentes das mesmas.
2. As sesións poden celebrarse na Casa Consistorial ou noutras dependencias municipais.
3. As convocatorias corresponden ao Alcalde ou ao Presidente da Comisión e deberán ser notificadas aos grupos municipais cunha antelación de dous días hábiles, salvo as urxentes. En todo caso se acompañará a orde do día.
4. Os concelleiros poderán asistir as Comisións Informativas aínda cando non formen parte das mesmas, a título informativo e sen dereito a voto.
Artigo 70.-
1. A válida celebración das sesións require a presencia da maioría absoluta dos compoñentes da Comisión, xa sexan titulares ou suplentes.
2. O Presidente dirixe e ordena ao seu prudente arbitrio, respectando os principios xerais que rexen os debates plenarios, os debates da Comisión.
3. Os dictames se aprobarán sempre por maioría simple dos presentes, decidindo os empates o Presidente con voto de calidade.
Artigo 71.-
1. Ningunha Comisión poderá deliberar sobre asuntos da competencia de outra, a menos que se trate de problemas comúns, caso no que poderá o Alcalde convocar, a proposta dos seus respectivos presidentes, unha sesión conxunta.
2. O dictame da Comisión poderá limitarse a mostrar a súa conformidade coa proposta que lle sexa sometida polos servicios administrativos competentes ou ben formular unha alternativa.
3. Os concelleiros membros da Comisión que disintan do dictame aprobado por esta poderán pedir que conste o seu voto en contra ou formular voto particular para a súa defensa ante o Pleno. Os votos particulares pódense formular oralmente no transcurso da sesión da comisión informativa ou mediante escrito que se presentará ó día seguinte da sesión da comisión.
Capítulo IV. Concelleiros non adscritos
Artigo 26.-
1. Terán a consideración de concelleiros non adscritos aqueles que non se integren no grupo político correspondente á formación electoral pola que foron elixidos, ou que abandonen o seu grupo de procedencia.
2. Os concelleiros non adscritos actuarán individualmente, non formarán grupo político e polo tanto non poderán escoller portavoz nin gozar dos dereitos económicos e políticos recoñecidos ós grupos, sen prexuízo dos seus dereitos como concelleiros, que exercerán na forma prevista no presente Regulamento.
Capítulo IV. Da Xunta de Portavoces
Artigo 36.-
A Xunta de Portavoces é un órgano de carácter consultivo, sen facultades resolutorias, formado por todos os portavoces dos distintos grupos políticos baixo a presidencia do Alcalde, que ten por funcións o asesoramento e asistencia á Alcaldía para a adopción de decisións de carácter corporativo, formación da orde do día e desenvolvemento das sesións plenarias, actos de representación institucional e protocolaria da Corporación e relacións dos Grupos Municipais entre si e cos diferentes órganos corporativos.
Artigo 37.-
1. A Xunta de Portavoces reunirase cando o Alcalde o estime oportuno ou a proposta de alomenos dous grupos políticos.
2. A convocatoria da Xunta de Portavoces corresponde ao Alcalde, e non precisa de formalidade algunha.
3. O convido na Xunta de Portavoces non precisará a redacción de actas, se ben poderá formalizarse, nalgún caso concreto, en documentos asinados polos intervenientes.
Capítulo IV. Da Fé Pública
Artigo 72.-
1. De cada sesión plenaria, e das da Xunta de Goberno Local cando actúe con competencias decisorias, o Secretario Xeral da Corporación estenderá unha acta coas formalidades reguladas na normativa sobre organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e na que se fará constar:
a) Lugar da reunión, con expresión do nome do Municipio e local en que se celebra.
b) Día, mes e ano.
c) Hora en que comeza.
d) Nome e apelidos do Presidente, dos membros da Corporación presentes, dos ausentes que se escusaran e dos que falten sen escusa.
e) Carácter ordinario ou extraordinario da sesión e, neste segundo caso, se a mesma é de carácter urxente, e en todo caso, se se celebra en primeira ou segunda convocatoria.
f) Asistencia do Secretario ou de quen legalmente lle substitúa, e presencia do funcionario responsable da Intervención, cando concorra.
g) Asuntos que se examinen, opinións sintetizadas dos grupos ou membros da Corporación que interviron nas deliberacións e incidencias destas.
h) Votacións que se verifiquen e o resultado das mesmas, debendo indicarse no caso das ordinarias, o número dos votos afirmativos, dos negativos e das abstencións, coa expresión, se así se solicitase, dos correspondentes a cada grupo municipal de concelleiros, e nas nominais o sentido en que cada membro emita o seu voto. Farase constar así mesmo nominalmente o sentido do voto cando así o pidan os interesados
i) Parte dispositiva dos acordos que se adopten.
j) Hora en que o Presidente levante a sesión.
Artigo 73.-
As actas do Pleno e da Xunta de Goberno e as resolucións da Alcaldía transcribiranse a libros de follas móbiles de papel timbrado do Estado ou papel numerado da Comunidade Autónoma, consonte coas normas aprobadas pola Xunta de Galicia.
Todos os libros de actas e de resolucións serán custodiados na Secretaría Xeral da Corporación baixo a responsabilidade do funcionario con habilitación de carácter nacional que estea ao fronte da mesma.
Estes libros non poderán saír baixo ningún pretexto da Casa Consistorial. O acceso ao seu contido realizarase mediante consulta dos mesmos no lugar en que se atopen custodiados ou mediante expedición de certificacións e testemuños.
Artigo 74.-
Paralelamente ó libro de actas das sesións plenarias levarase un diario de sesións plenarias consistente na transcrición das intervencións producidas durante os debates plenarios, incluídas, no seu caso, as correspondentes á rolda de rogos e preguntas, sobre a base da gravación da sesión mediante calquera medio que permita a súa posterior reproducción. Esta tarefa se asignará a un funcionario da Corporación, que actuará baixo a supervisión do Secretario Xeral.
Do documento comprensivo da transcrición das intervencións, unha vez ultimado, se facilitará copia ao portavoz de cada grupo político e outro exemplar se trasladará ó Arquivo municipal, xunto coa copia das gravacións efectuadas durante a celebración da sesión.
TÍTULO PRELIMINAR. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.-
En exercicio das potestades regulamentaria e de autoorganización que lle recoñecen a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o Concello de Toques establece mediante o presente Regulamento a súa organización e o seu réxime de funcionamento, e articula os dereitos e deberes que a Lei atribúe ós membros da Corporación.-
Artigo 2.-
1. Os preceptos do presente Regulamento aplicaranse de forma preferente, agás nos casos en que exista contradicción con normas de superior rango que sexan de obrigada observancia.
2. No non previsto por este Regulamento rexerá a lexislación de réxime local da Comunidade Autónoma ou a do Estado, segundo a distribución constitucional de competencias entre ambos.
Artigo 3.-
1. Son órganos necesarios do Concello:
- O Alcalde.
- Os Tenentes de Alcalde.
- O Pleno.
- A Comisión Especial de Contas.
2. Poden existir na organización municipal os seguintes órganos complementarios:
- Os Concelleiros-delegados.
- Os Alcaldes de barrio.
- A Xunta de Portavoces.
- A Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións.
- As Comisións Informativas Especiais.
Artigo 4.-
A constitución do Concello réxese pola lexislación electoral.
TÍTULO I. DOS CONCELLEIROS
Artigo 5.-
A determinación do número de membros do Concello, o procedemento para a súa elección, a duración do seu mandato, así coma os casos de inelixibilidade e incompatibilidade son os regulados na lexislación electoral xeral.
TÍTULO II. ÓRGANOS DO CONCELLO: COMPOSICIÓN E ATRIBUCIÓNS
TÍTULO III. FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS
Disposición final.
Este regulamento entrará en vigor logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.