Índice
Valdoviño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo da escola de música
Publicación provisional:
24/11/2008
BOP Nº:
271
Publicación definitiva:
12/02/2009
BOP Nº:
35
Aplicable dende:
12/02/2009
Artigo 1. Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os artigos 20 a 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto legislativo 2/2004, este Concello acorda a imposición e ordenación da taxa pola prestación do servizo da escola de música, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a utilización dos servizos propios desta actividade, especificados nas tarifas seguintes, e que se rexerán pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e o artigo 23 TRLRFL, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación do servizo da escola de música.
Artigo 4. Responsables.
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas fisicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5. Cota tributaria.
A cota tributaria será a que resulte de aplicar as seguintes tarifas:
¿ Por cada actividade: 10 euros/mes.
¿ Por cada actividade adicional: 5 euros/mes.
Artigo 6. Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 TRLRFL, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos intemacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
Artigo 7. Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a prestación dos servizos regulados na presente ordenanza.
Artigo 8. Ingreso.
O pagamento da taxa efectuarase mensualmente por transferencia bancaria a favor da tesourería municipal.
Artigo 9. Infraccións e sancións.
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación o mesmo día da publicación do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.