Tordoia - Ordenanza nº 24, de emerxencia social

Publicación provisional: 07/05/2008 BOP Nº: 104
Publicación definitiva: 21/02/2009 BOP Nº: 43
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.-Definición.

As axudas para emerxencia son prestacións non periódicas de carácter económico destinadas a sufragar gastos específicos de carácter extraordinario e pagamento único, necesarios para previr, evitar o paliar situacións carenciais, urxencias sociais ou situacións de marxinación social. Están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concurran factores de risco, sendo sempre un apoio á intervención social.

Artigo 2.-Criterios xerais.

Para a concesión de axudas económicas se terán de cumprir os seguintes criterios xerais:
a) Situacións acreditadas de necesidade.
b) Que a necesidade obxecto da axuda esté valorada por un técnico de servizos sociais e integrada nun proceso de intervención social.

Artigo 3.-Tipos de beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios desta axuda as persoas físicas para sí ou a sua unidade familiar que reúnan os requisitos que se mencionan no apartado seguinte. Se entiende por unidade familiar a formada por máis dunha persoa que convivan no mesmo domicilio.

Artigo 4.-Requisitos dos beneficiarios.

1. Ser maior de edad o menor emancipado
2. Acreditar unha residencia no Concello de Tordoia de forma ininterrumpida ó menos con seis meses de antigüedad. Excepcionalmente podrán ser beneficiarios, previo informe da traballadora social municipal, os emigrantes retornados.
3. Acreditar la situación de necesidade
4. Aportar a documentación requerida en cada caso
5. Aceptación expresa, por parte do usuario, das condicións que figuran no deseño de intervención social.
6. Acreditar mediante documento de declaración responsable de estar ó corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, así como xustificación, declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibíu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda solicitada.
7. Somentes unha persoa poderá ter a condición de beneficiario de cada unidade familiar, aínda que se otorguen en beneficio de toda ela.

Artigo 5.-Incompatibilidade das axudas.

Será incompatible a concesión da axuda económica co disfrute gratuito de servizos que cubran as mesmas necesidades. Asímesmo non poderán otorgarse axudas polo mesmo concepto que foran concedidas por outras administracións ou organismo público.

Artigo 6.-Clases e contías máximas da axudas.

a) Necesidades básicas non cubertas por otros sistemas de protección:
¿ Cobertura de necesidades básicas con carácter xeral indispensables para o desenvolvemento da vida diaria:
¿ Manutención: ata dous meses consecutivos ou ben unha vez cada 4 meses ao longo do ano, ata o tope máximo de 200,00 € por unidade familiar.
¿ Vestiario básico: ata 150,00 € ao ano por unidade familiar.
¿ Gastos sanitarios: prótesis oculares, prótesis dentais, medicación e outros de análoga natureza: durante tres meses consecutivos ou ben unha vez cada 4 meses ao longo do ano ata un tope máximo anual de 300,00 € ao ano.
¿ Gastos de transporte para asistir a tratamentos rehabilitadores: ata un máximo de 150,00 € ao ano.
b) Axudas de uso e mantenemento da vivienda:
¿ Axudas para alugueres de vivenda: ata un máximo de 400,00 € ao ano
¿ Importe pendientes en evitación de desahucio: ata un máximo de 300,00 € ao ano.
¿ Pequenos arranxos en vivenda habitual cuando éstos se consideren imprescindibles para a permanenza no domicilio: ata un máximo de 600,00 € ao ano.
¿ Impago de subministracións: ata un máximo de 200,00 € ao ano.
¿ Equipamento básico da vivenda: ata un máximo de 300,00 €/ano.
c) Desenvolvemento de actividades de inserción socio-laboral.
¿ Asistencia a cursos de formación: matrículas, material e transporte que sexan precisas para a integración- inserción social: ata un máximo de 100,00 € ao ano.
d) Atención ó menor:
¿ Actividades extraescolares: ata un máximo de 100,00 € ao ano.
¿ Material escolar:
¿ Educación infantil: ata un máximo de 100,00 € ao ano por menor.
¿ Educación primaria: ata un máximo de 100,00 € ao ano por menor.
¿ Educación secundaria: ata un máximo de 150,00 € ao ano por menor.
e) Outros gastos excepcionales, valorados pola traballadora social municipal como indispensables para previr a marxinación e favorecer a normalización de individuos e familias.
A cantidade global percibida por todos os conceptos anteriores non poderá superar no cómputo anual os 800,00 € por familia.

Artigo 7.-Indicadores para a concesión da axuda.

a) Indicador económico. Con carácter excluinte.
A sua aplicación ven determinada en función ó sinalado no Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) anual. Será imprescindible ter uns ingresos anuais inferiores ó 75% do IPREM anual, incrementando un 40% por cada un dos membros da unidade familiar.
b) Situaciones de risco e/ou exclusión social:
Se valorarán as situaciones de desatención ou problemas conductuais nos menores que integran a unidade familiar; situacións carenciais ou de conducta desadaptada que afectan ós proxenitores ou outros adultos integrantes da unidade familiar; situaciós de violencia de xénero e outras circunstancias de risco.
c) Proceso de Intervención social ou individual ou familiar:
A aplicar con persoas e/ou familias en proceso de atención nas que se dan situacións de especial necesidade.

Artigo 8.-Cómputo dos ingresos.

Para os efectos do previsto no artigo 7, o cómputo dos ingresos das posibles persoas beneficiarias destas axudas, se terá en conta a base impoñible da derradeira declaración do IRPF, minorado no mínimo persaol e familiar do imposto, e os ingresos correspondentes ó ano en que solicita a axuda. No caso de que non sexa obligatorio realizala declaración de IRPF, e nos casos en que a situación económica varíe dun ano a outro, se acreditarán os ingresos anuais a través das nóminas, dos certificados do INEM, dos certificados da Seguridade Social sobre a vida laboral ou das percepcións de subvencións, das certificacións de xuros bancarios ou dos derradeiros movementos bancarios e/ou calqueira outra forma que a traballadora social, como técnico responsable, considere oportuno para acreditar os ingresos.
No caso de existencia de propiedades de natureza rústica ou urbá, estudiarase en cada caso as posibilidades reais de alleamento, venda, aluguer ou calquera circunstancia que poidera concorrer.
Para o cómputo final dos ingresos descontaranse os alugueres ou o pago da hipoteca da vivenda habitual, cun límite de 120,00€ ó mes.

Artigo 9.-Obrigas dos/as beneficiarios/as.

Os beneficiaos/as destas axudas terán as seguintes obrigas:
¿ A destinar as axudas para o fín para o que foron outorgadas.
¿ A permitir e facilitar a labor dos servizos sociais municipais para verificar a súa situación familiar e económica.
¿ O cumprimentro das condicións que poidan establecerse ou acordarse no proceso de intervención social persoal ou familiar.

Artigo 10.-Documentación.

1. Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade da persoa solicitante e fotocopia do DNI dos membros da unidade familiar que o posean. En el suposto de extranxeiros: tarxeta de residente, de asilo ou refuxio ou cualquera outro documento que permita a sua estancia legal no país.
2. Fotocopia do Libro de Familia en caso de menores.
3. Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade familiar a través de:
a) Copia de IRPF, nóminas, recibos, xustificantes de pensions, certificados do INEM, certificado facenda o cualquera outro documento que acredite os ingresos da persoa ou unidade familiar.
b) Declaración responsable do/a interesado/a na que se faga constar, no seu caso, a carencia absoluta de rentas familiares.
d. Declaración do interesado de estar ó corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, así como declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibira de outros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda que se solicita.
e) Declaración de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario da axuda.
4. Certificado da conta bancaria onde desexa que se lle efectúe o pago.
5. Documentos acreditativos da situación de necesidade determinantes da solicitude, que deben ser orixinais, así como xustificante do seu coste ou presuposto.

Artigo 11.-Procedemento.

a) Solicitude en modelo oficial dirixido ó Sr. Alcalde e presentada no Rexistro Municipal correspondente por cualquera dos medios previstos no art. 38 da Lei 30/1992, de 2 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Se poderá iniciar tamén de oficio mediante informe emitido polos técnicos municipais de servizos sociais, que iniciará o expediente a todos os efectos.
b) Estudio e valoración da petición e da documentación que xustifique a situación carencial, ou da situación no caso de iniciarse de oficio, e das circunstancias familiares por parte dos técnicos municipais de servizos sociais que necesariamente incluirá a realización da Historia Social Familiar e o Deseño de Intervención Social personalizado.
c) Informe proposta de concesión ou denegación da axuda será realizada pola traballadora social municipal, coa valoración da situación.
d) A proposta de concesión deberá axustarse necesariamente ás características de estas axudas, e deberá estar motivada e cuantificada.
e) O expediente será elevado á Xunta Local de Goberno para a súa aprobación ou denegación.

Artigo 12.-Abono da axuda.

A xestión presupuestaria das axudas recollidas na presente Ordenanza se efectuará polo departamento de tesorería quen emitirá a correspondente orden de pago e transferencia con cargo á partida destinada a este fin e co límite dos créditos consignados na mesma, de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Haciendas Locales, o R.D. 500/1990 e aas bases de execución do Presuposto Municipal de este concello.

Artigo 13.-Xustificación do gasto.

A xustificación do gasto se acreditará mediante as facturas dos pagos e gastos realizados que deberán cumprir os requisitos reglamentarios establecidos, ou mediante outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil.
Se intentará, na medida do posible, realizar o pago ó acreedor do servizo en función das características da emerxencia. Si esto non é posible ou dificulta a tarefa administrativa se realizará o pago ó peticionario que disporá dun prazo máximo de 10 días para xustificar -mediante factura- o importe da axuda.

Disposición final única.

A presente Ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2008, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2009, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.