Teo - Regulamento orgánico da corporación municipal de Teo

Publicación provisional: 26/09/2007 BOP Nº: 223
Publicación definitiva: 26/09/2007 BOP Nº: 223
Aplicable dende: 13/05/2008

CAPÍTULO I. A ORGANIZACIÓN MUNICIPAL

ARTIGO 4.- Órganos de goberno.
Constitúen os órganos de goberno municipal:
a) O Alcalde.
b) Os tenentes de Alcalde.
c) A Xunta de Goberno Local.
d) O pleno.
e) As Comisións informativas permanentes.
f) A Comisión especial de contas.
Os devanditos órganos, nos marcos das súas respectivas competencias, dirixen o goberno e a administración local.

CAPITULO I. Disposicións comúns

ARTIGO 17.- Sesións.
Os órganos municipais, dentro das súas atribucións, funcionan mediante a celebración de sesións ou reunións, de conformidade co disposto nos artigos seguintes.
ARTIGO 18.- Disposicións xerais.
1. A presidencia das sesións do pleno da Corporación e da Xunta de Goberno Local correspóndelle ao Alcalde. En caso de ausencia ou imposibilidade, a presidencia será asumida polos tenente de Alcalde, segundo a orde de substitución.
2. Actuará como secretaria/o en todas as sesións do pleno da Corporación e da Xunta de Goberno Local a/o secretaria/o do concello.
3. As sesións do Pleno e da Xunta de Goberno Local celebraranse na casa consistorial, agás os supostos de forza maior, nos que se poderá habilitar outro edificio ou local para tal efecto. En todo caso farase constar esta circunstancia.
4. Dado o carácter público dos Plenos establecido pola lexislación vixente, o Concello garantirá que as sesións se celebren en dependencias municipais con capacidade e condicións que garantan o acceso dos veciños e veciñas interesados en asistir a eles.

CAPÍTULO ÚNICO

ARTIGO 38.- Os grupos políticos municipais.
1. Os membros da Corporación, para os efectos da súa actuación corporativa, constitúense en grupos políticos, que se corresponderán coas listas electorais dos partidos, federacións, coalicións ou agrupacións que obtiveron postos na Corporación.
2. Cada grupo debe ter cando menos dous concelleiros.
3. Ninguén poderá pertencer simultaneamente a mais dun grupo, nin poderán constituír grupo separado os concelleiros que pertenzan a unha mesma lista electoral.
ARTIGO 39. - O grupo mixto.
1. Os concelleiros que non estean integrados en ningún outro grupo político, ou non poidan formar grupo propio, quedarán incorporados ao grupo mixto.
2. Durante o mandato da Corporación, ningún membro dela poderá integrarse nun grupo distinto daquel en que o faga inicialmente.
ARTIGO 40.- Membros non adscritos
Os membros das corporacións locais que non se integren no grupo político que constitúa a formación electoral pola que foron elixidos ou que abandonen o seu grupo de procedencia terán a consideración de membros non adscritos.
Cando a maioría dos concelleiros dun grupo político abandonen a formación política que presentou a candidatura pola que concorreron ás eleccións ou sexan expulsados da mesma, serán os concelleiros que pertenzan á citada formación política os lexítimos integrantes de dito grupo político a todos os efectos.
En calquera caso, a/o Secretaria/o da corporación poderá dirixirse ao representante legal da formación política que presentou a correspondente candidatura aos efectos de que notifique a acreditación das circunstancias sinaladas.
A contía dos dereitos económicos do membros non adscritos será a que estableza o Pleno que deberá respectar as contías establecidas por asistencia a sesións.
O alcance dos dereitos políticos dos membros non adscritos será o que fixe o Pleno debendo respectar os seus dereitos de participación e intervención nos órganos colexiados
ARTIGO 41.- Constitución dos grupos.
1. Os grupos políticos constitúense mediante escrito dirixido ao presidente e subscrito por todos os seus integrantes, que se presentará na secretaría xeral da Corporación dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación.
2. No mesmo escrito farase constar a designación de portavoz do grupo, podendo designarse tamén suplentes.
3. Da constitución dos grupos, dos seus integrantes e portavoces, o Alcalde dará conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre.
4. Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da Corporación, deberán incorporarse ao grupo correspondente á lista na que foran electos ou, de se-lo caso, ao grupo mixto. No primeiro suposto disporán dun prazo de cinco días hábiles, que comezará a contar desde que tomen posesión do seu cargo, para acreditar a súa incorporación ao grupo que corresponda, mediante escrito dirixido ao Alcalde e asinado polo portavoz.
Se non se produce a súa integración na forma prevista no apartado anterior, e salvo causa de forza maior, integraranse automaticamente na lista na que saíran electos.
ARTIGO 42.- Funcións.
1. Son funcións propias de cada grupo municipal as seguintes:
a) Propoñer de entre os seus membros aos concelleiros que o representarán nos diferentes órganos colexiados da Corporación.
b) Elixir ao portavoz e ao concelleiro do seu grupo que o substituirá nos casos de ausencia ou enfermidade. O portavoz do grupo mixto será designado pola maioría dos membros que o integren.
c) Fixar os criterios políticos comúns respecto aos diferentes asuntos que afecten á vida municipal.
ARTIGO 43.- Natureza.
Os grupos municipais expresan na Corporación municipal o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política. Así mesmo, contribúen á acción municipal, canalizando as diferentes aspiracións dos grupos sociais do concello.
ARTIGO 44.- Dereitos.
1. Todos os grupos gozan de idénticos dereitos.
2. Os diversos grupos políticos dispoñerán, na sede da entidade local, dun despacho ou local para xuntarse de maneira independente e recibir visitas dos cidadás. O Presidente ou o membro da Corporación responsable da área de réxime interno poñerá á súa disposición unha infraestrutura mínima de medios materiais e persoais.
3. Os grupos políticos poderán facer uso de locais municipais de reunión da Corporación para realizar xuntanzas e sesións de traballo con asociacións para a defensa dos intereses colectivos, xerais ou sectoriais da poboación. Estas xuntanzas non se permitirán se coinciden con sesións do Pleno ou porque a dispoñibilidade de espazos para outros actos político-administrativos da Corporación o impida.
4. O Pleno da Corporación con cargo aos seus presupostos anuais asignará aos grupos políticos unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo, idéntico para todos os grupos e outro variable, en función do número de membros de cada un de eles, dentro dos límites que con carácter xeral fixen as leis de presupostos do Estado e sen que poda destinarse ao pago de remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo da corporación ou á adquisición de bens que podan constituír activos fixos de carácter patrimonial.
Os dereitos económicos e políticos dos membros non adscritos non poderán ser superiores aos que lles corresponderían de permanecer no grupo de procedencia. Esta previsión non será de aplicación no caso de ser unha coalición electoral, cando algún dos partidos políticos que a integren decidan abandonala.
Os grupos políticos deberán levar unha contabilidade específica da dotación que se lles asigne e da que deberán dar conta ao Pleno da Corporación sempre que este llo pida.

CAPITULO I. DISPOSICIONS XERAIS.

ARTIGO 45.- Adquisición, suspensión e perda.
1. O Alcalde e concelleiros da Corporación gozarán, unha vez que tomaron posesión dos seus cargos, dos honores, prerrogativas e distincións propias dos mesmos, de acordo co establecido nas leis.
2. En canto á suspensión e perda da condición de concelleiros da Corporación, réxese polo disposto nos artigos 222 e 223 da Lei 5/1997 do 22 de xullo.
ARTIGO 46.- Incompatibilidades
O Alcalde e concelleiros da Corporación deberán observar en todo momento as normas sobre incompatibilidades, e deberán poñer en coñecemento da Corporación calquera feito que puidese constituír causa da mesma.
ARTIGO 47.- De asistencia e voto.
1. Os concelleiros teñen dereito a asistir e votar nas sesións do Pleno da Corporación e nas sesións das comisións das que formen parte.
2. Todos os Concelleiros teñen dereito a formar parte de cando menos unha comisión informativa.
3. Os membros das Corporacións locais percibirán retribucións polo exercicio dos seus cargos cando os desenvolvan con dedicación parcial ou exclusiva; neste caso serán dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, asumindo as Corporacións o pago das cotas empresariais que correspondan. No suposto de tales retribucións, a súa percepción será incompatible coa de calquera outra retribución con cargo aos orzamentos das administracións públicas e dos entes, organismos e empresas dependentes delas.
ARTIGO 48.- Da petición de información.
1. Todos os concelleiros teñen dereito a solicitar da Alcaldía os datos, informes e documentos que lles sexan precisos para o cumprimento das súas funcións.
2. O acceso dos concelleiros á información solicitarase por escrito dirixido ao Alcalde no que se especificarán os documentos ou expedientes obxecto da petición.
3. A Alcaldía resolverá motivadamente sobre a solicitude no prazo dos cinco días naturais seguintes a aquel no que se presentase aquela. Se transcorrido dito prazo non houbese resolución, a petición entenderase concedida por silencio administrativo.
ARTIGO 49.- Do acceso directo á información.
A secretaría da Corporación está obrigada a facilitarlle aos concelleiros a documentación, sen necesidade de solicitude previa, nos seguintes casos:
a) Cando desenvolvan delegacións ou responsabilidades de xestión, e a información solicitada estea relacionada co ámbito dos cargos desenvolvidos.
b) Cando a documentación se refira aos asuntos incluídos na orde do día dos órganos colexiados.
c) Cando soliciten información á que teñen libre acceso os cidadáns.
ARTIGO 50.- Consulta e exame de documentos.
1. A consulta e exame concreto de expedientes poderase realizarse dende a convocatoria do órgano colexiado na secretaría municipal.
2. A entrega de copias ós membros da Corporación limitarase ós casos de libre acceso dos Concelleiros á información, isto é, a aquela que se refira aos asuntos que vaian a ser tratados polos órganos colexiados dos que formen parte e aqueloutra referida aos acordos adoptados por calquera órgano municipal, sendo precisa noutro caso a autorización expresa do Alcalde.
3. A consulta dos libros de actas e resolucións realizarase na secretaría xeral ou arquivo.
4. O horario de consulta será o xeral de funcionamento da administración municipal, a non ser que a Alcaldía o amplíe ou sinale un horario específico.
5. En ningún caso os expedientes, libros ou documentación poderán saír da Casa Consistorial.

CAPÍTULO II. O ALCALDE

ARTIGO 5.- Funcións e competencias.
1. O Alcalde é o presidente da Corporación e ostenta, en todo caso, as seguintes atribucións:
a) Dirixir o goberno e a administración -municipal
b) Representar ao Concello
c) Convocar e presidir as sesións do Pleno, da Xunta de Goberno Local e de calquera outro órgano municipal, e decidir os empates co voto de calidade
d) Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras municipais
e) Ditar bandos e velar polo seu cumprimento
f) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co orzamento aprobado, dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións de creto (con exclusión das contempladas no artigo 158.5 da Ley Reguladora de las Haciendas Locales) sempre que estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios, agás as de tesourería que lle corresponderá cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non superen o 15 por cento dos ingresos liquidados no exercicio anterior; ordenar pagos e render contas.
g) Aprobar a oferta de emprego público de acordo con Orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.
h) Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal. e acordar o seu nomeamento e sancións, incluída a separación do servizo dos funcionarios da Corporación e o despido do persoal laboral, dando conta ao Pleno, nestes dous últimos casos, na primeira sesión que celebre.
i) Exercer a xefatura da Policía Municipal.
l) As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
m) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do Concello nas materias da súa competencia, incluso cando as tivera delegado noutro órgano, e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno, neste suposto dando conta ao mesmo na primeira sesión que celebre para a súa ratificación.
n) A iniciativa para propoñer ao Pleno a declaración de lesividade en materias da competencia da Alcaldía.
ñ) Adoptar persoalmente, e baixo a súa responsabilidade, en caso de catástrofe ou de infortunios públicos e grave risco dos mesmos,as medidas necesarias e adecuadas dando conta inmediata ao Pleno.
o) Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das ordenanzas municipais, agás nos casos nos que esta facultade estea atribuída a outros órganos.
p) As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, os 6.000.000 de euros; incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
q) A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no Orzamento.
r) A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do Orzamento nin os 3.000.000 de euros, así como o alleamento do patrimonio que non supere a porcentaxe fin a contía indicados nos seguintes supostos:
- A de bens inmobles, sempre que estea prevista no orzamento.
- A de bens mobles, agás os declarados de valor histórico ou artístico, cando o seu alleamento non se atope previsto no orzamento.
s) O outorgamento das licencias, salvo que as leis sectoriais llelo atribúan expresamente ao pleno ou á Xunta de Goberno Local
t) Ordenar a publicación, executar e facer cumprir os acordos municipais
u) As demais que expresamente lle atribúan as leis e aquel as que a lexislación do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia lle asignen ao Concello e non atribúan a outros órganos municipais.
2. Corresponde así mesmo ao Alcalde o nomeamento dos concelleiros/as que integran a Xunta de Goberno Local e, entre eles, dos Tenentes de Alcalde, dando conta en ambos os dous casos ao Pleno.
3. O Alcalde pode delegar o exercicio das súas atribucións, agás as de convocar e presidir as sesións do pleno e da Xunta de Goberno Local, decidir os empates co voto de calidade, a concertación de operacións de creto, a xefatura superior de todo o persoal, a separación do servizo dos funcionarios e o despido do persoal laboral, e as enunciadas nos apartado a), e), l), m), n) e ñ) do número 1 deste artigo. Non obstante, poderá delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das atribucións contempladas no apartado l)
ARTIGO 6.- Exercicio das atribucións.
l. O Alcalde pode exercer as súas atribucións directamente ou mediante delegación. Teñen carácter de delegables todas as funcións da Alcaldía, agás as enumeradas no último apartado do artigo anterior.
2. O Alcalde poderá efectuar delegacións:
a) Na Xunta de Goberno Local.
b) Nos membros da Xunta de Goberno Local, sexan ou non tenentes de Alcalde.
c) En calquera concelleiro, aínda que non pertenza a Xunta de Goberno Local, para cometidos específicos.
ARTIGO 7.- Réxime xeral das delegacións
O outorgamento de delegacións polo Alcalde someterase ao seguinte réxime:
a) Efectuaranse mediante decreto do Alcalde, que conterá o ámbito, facultades e condicións específicas do exercicio das facultades que se deleguen.
b) Requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano ou membro en que se delegue. Entenderase aceptada tacitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a notificación da resolución, o órgano ou membro delegado non fai manifestación expresa ante o Alcalde da súa non aceptación.
c) As delegacións, agás as relativas a un proxecto ou asunto específico, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e darase conta ao pleno do concello na primeira sesión que celebre.
d) Os actos ditados polo órgano ou membro delegado no exercicio das atribucións delegadas enténdense ditados polo Alcalde, correspondéndolle a este a resolución dos recursos de reposición.
e) Ningún órgano ou membro poderá delegar nun terceiro as atribucións delegadas polo Alcalde.
f) O Alcalde poderá revogar ou modificar as delegacións efectuadas coas mesmas formalidades que as esixidas para o seu outorgamento.

CAPITULO II. Funcionamento do pleno.

ARTIGO 19.- Clases de sesións.
1. As sesións do pleno do concello poden ser:
a) Ordinarias.
b) Extraordinarias.
c) Extraordinarias de carácter urxente.
2. O Pleno celebrará sesión ordinaria como mínimo cada mes, nos días e horas que se fixen por acordo plenario e que poderán ser cambiados en calquera momento posterior por dito órgano.
Igualmente o Presidente, por propia iniciativa ou a petición dos portavoces por causa xustificada, poderá variar o día e a hora dalgunha sesión, distanciándoa só o imprescindible do día fixado polo Pleno, comunicándollelo aos interesados e publicándoo no Taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible.
3. O pleno celebrará sesión extraordinaria cando así o decida o presidente ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da Corporación, sen que ningún concelleiro poida solicitar máis de tres anualmente. Neste último caso, a celebración da sesión non poderá demorarse por mais de quince días hábiles dende que fose solicitada, non podendo incorporarse o asunto á orde do día dun pleno ordinario ou doutro extraordinario con máis asuntos se non o autorizan expresamente os solicitantes da convocatoria.
Se o presidente non convocase o pleno extraordinario solicitado polo número de concelleiros indicado dentro do prazo sinalado, quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ao de finalización do devandito prazo, ás doce horas, o que será notificado pola/o secretaria/o da Corporación a todos os membros da mesma ao día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente. En ausencia do Presidente ou de quen legalmente teña que substituílo, o pleno quedara validamente constituído sempre que concorra o quórum legalmente requirido para a súa celebración. Neste caso será presidido polo membro da Corporación de maior idade entre os presentes.
En todo caso, debe realizarse alomenos unha sesión plenaria extraordinaria no ano para valorar a situación xeral do Concello a principios de cada ano natural
4. Son sesións extraordinarias urxentes as convocadas polo Alcalde pola súa propia iniciativa, cando a urxencia do asunto ou asuntos a tratar non permitan convocar sesión extraordinaria coas formalidades dos prazos de convocatoria. Neste caso debe incluírse como primeiro punto da orde do día o pronunciamento sobre a urxencia, e se esta non fose aprobada levantaríase a sesión.
ARTIGO 20.- Convocatoria.
1. Correspóndelle ao Alcalde convocar todas as sesións do pleno, agás no suposto contemplado no 2º parágrafo do apartado 3 do artigo 19.
2. Á convocatoria das sesións acompañaráselle a orde do día compresiva dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e a celebración das sesións non poderán transcorrer menos de dous días hábiles, agás no caso das sesións extraordinarias urxentes.
3. As convocatorias serán notificadas aos concelleiros nos seus domicilios polo menos con dous días hábiles de antelación, agás as extraordinarias urxentes.
ARTIGO 21.- Expediente da sesión.
A convocatoria para unha sesión ordinaria ou extraordinaria dará lugar á apertura do correspondente expediente, no que deberá constar:
a) A relación de expedientes que a secretaría prepare e poña a disposición da Alcaldía ou presidencia.
b) A fixación da orde do día polo Alcalde.
c) As copias das notificacións cursadas aos membros da Corporación.
d) Copia do anuncio do taboleiro de edictos do concello.
e) Minuta da acta.
f) Copia dos oficios de revisión dos acordos adoptados nas administracións do Estado e Comunidade Autónoma.
g) Publicación dos acordos no taboleiro de edictos.
ART GO 22.- Orde do día.
1. A orde do día componse da relación dos asuntos que se teñan que tratar na sesión.
2. A elaboración da orde do día correspóndelle ao Alcalde e comprenderá exclusivamente:
a) A aprobación da acta da sesión ou sesións anteriores.
b) Todos os ditames ou mocións con expedientes informados pola Comisión informativa correspondente. Dado que na Orde do día só poden ser incluídos os asuntos previamente determinados, informados ou sometidos a consulta da Comisión Informativa que corresponda (agás cuestións de urxencia e ratificando o Pleno a súa inclusión), a Alcaldía garantirá que todas as mocións presentadas polos distintos grupos políticos con 10 días naturais de antelación á celebración do Pleno, serán tratados polas Comisións informativas que correspondan e incorporados na orde do día do seguinte pleno.
c) Punto de rogos e preguntas nas sesións ordinarias. Poden presentar rogos e preguntas os grupos municipais, por un tempo máximo de 30 minutos cada grupo.
Nos plenos ordinarios a parte dedicada ao control dos demais órganos da Corporación deberá presentar sustantividade propia e diferenciadora da parte resolutiva, debéndose garantir de forma efectiva no seu funcionamento e, no seu caso, na súa regulamentación, a participación de todos os grupos municipais na formulación de rogos, preguntas e mocións.
Rogo é a formulación dunha proposta de actuación dirixida a algún dos órganos do goberno municipal. Os rogos formulados no seo do Pleno poderán ser debatidos, pero en ningún caso sometidos a votación. Poden presentar rogos todos os membros da Corporación, ou os grupos municipais mediante os seus portavoces. Os rogos poderán ser efectuados verbalmente ou por escrito e serán debatidos xeralmente na sesión seguinte, sen prexuízo de que poidan selo na mesma sesión na que se formulen se o Alcalde ou presidente o estima conveniente.
Pregunta é calquera cuestión formulada aos órganos de goberno no seo do Pleno. Poden presentar preguntas todos os membros da corporación, ou os grupos municipais a través dos seus portavoces. As preguntas feitas oralmente no transcurso dunha sesión serán xeralmente respondidas polo seu destinatario na sesión seguinte, sen prexuízo de que o preguntado queira darlle resposta inmediata. As preguntas formuladas por escrito serán contestadas polo destinatario na sesión seguinte, sen prexuízo de que o preguntado queira darlle resposta inmediata. As preguntas formuladas por escrito con vintecatro horas de antelación serán contestadas ordinariamente na sesión ou, por causas debidamente motivadas, na seguinte.
As preguntas que soliciten contestación por escrito, deberán ser respostadas no prazo máximo de vinte días.
3. Na orde do día farase constar que, se na primeira convocatoria non se alcanzasen os requirimentos para a valida constitución do pleno, entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora, dous días despois.
4. Serán nulos os acordos adoptados nas sesións extraordinarias sobre asuntos non comprendidos na súa convocatoria, así como os que se adopten en sesións ordinarias sobre materias non incluídas na orde do día, salvo especial e previa declaración de urxencia adoptada polo Pleno con voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.
ARTIGO 23.- Expedientes e documentación.
1. A documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que debe servir de base ao debate e, no seu caso, á votación, estará a disposición dos concelleiros na secretaría desde a data de convocatoria. Os expedientes non poderán saír do lugar no que se atopen postos de manifesto.
2. Os concelleiros terán dereito a examinar e incluso a obter copias dos documentos que conformen os expedientes e cantos antecedentes se relacionen cos asuntos da orde do día.
ARTIGO 24.- Constitución das sesións.
1. Para a válida constitución dunha sesión, sexa cal sexa o seu carácter, será necesaria a asistencia mínima dun terzo do numero legal dos seus membros.
2. Este quórum hase manter durante todo o transcurso da sesión coa finalidade de garantir que todos os acordos que se adopten conten coa presenza deste mínimo de membros corporativos, de forma que, se por calquera causa este quórum non se puidese manter, o presidente declarará a suspensión da sesión.
3. Non se poderá celebrar ningunha sesión sen a asistencia do presidente e da/o secretaria/o da Corporación ou das persoas que legalmente os substitúan.
4. Os membros da Corporación que non poidan asistir a unha sesión por causa que llelo impida, terán que comunicárllelo a Alcaldía e, se non fose posible, á secretaría xeral.
5. Os membros da Corporación tomarán asento no salón de sesións unidos ao seu grupo. A orde de colocación será determinada polo presidente, unha vez oídos os portavoces, tendo preferencia o grupo formado polos membros da lista máis votada. En calquera caso, a colocación dos membros da Corporación deberá facilitar a emisión e reconto de votos.
ARTIGO 25.- Publicidade e duración das sesións.
1.-As sesións do Pleno son públicas, agás nos casos previstos no artigo 70.1 da Lei Reguladora das bases de Réxime Local e o 253 da Lei de Administración local de Galicia. Facilitarase a asistencia ou información simultánea de todo o público interesado en coñecer o desenvolvemento das sesións.
2.-Igualmente, os representantes dos medios de comunicación social terán acceso preferente e recibirán as máximas facilidades para cumprir o seu traballo.
3.-Co obxecto de facilitar o acceso á información dos veciños e veciñais, especialmente naqueles temas que lle son máis próximos, a Televisión local de Teo e a Radio municipal, no caso de existir, retransmitirán integramente os plenos municipais.
4. O público asistente ás sesións non poderá intervir no desenvolvemento das mesmas, podendo o presidente conceder en casos extremos a exclusión dos que por calquera causa impidan o normal desenvolvemento da sesión. Sen prexuízo do anterior, cando algunha das asociacións ou entidades para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños, debidamente inscrita segundo os mecanismos establecidos no Regulamento de Participación Veciñal do Concello de Teo, desexe efectuar unha exposición perante o Pleno en relación con algún punto da orde do día no que interveña como interesado ou por delegación na tramitación administrativa, poderá expoñe-lo seu parecer, a través dun único representante, con anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.
Para os efectos anteriores, a solicitude dirixida ao Alcalde deberá presentarse no Rexistro municipal cando menos cun día hábil de antelación á celebración do Pleno, debendo constar nela unha sucinta motivación do pedimento así como os datos da persoa que, de ser autorizada, realizaría a exposición.
A Alcaldía, transmitindo o acordo da xunta dos voceiros municipais, autorizará ou denegará o solicitado. De ser concedida, a exposición realizarase nunha única intervención, ao inicio da sesión plenaria, nun tempo que non excederá dos cinco minutos. En cada Pleno haberá un máximo de dúas intervencións.
5. Unha vez levantada a sesión, a Corporación pode establecer unha quenda de consultas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal, se así o acorda por maioría a petición de calquera grupo municipal ou do propio público.
6. Toda sesión ordinaria ou extraordinaria deberá de respectar o principio de unidade do acto, procurando que finalice o mesmo día do seu comezo. Durante o transcurso da sesión, o presidente poderá acordar interrupcións ao seu arbitrio para permitir as deliberacións dos grupos por separado sobre cuestións debatidas, para consultas dos portavoces ou para descanso dos debates.
ARTIGO 26.- Dirección das sesións.
1. Correspóndelle ao presidente asegurar a boa marcha das sesións, dirixir os debates e manter a orde.
2. As dúbidas que poidan xurdir na aplicación deste regulamento serán resoltas polo presidente, unha vez escoitada/o a/o secretaria/o.
3. Para mellor exercicio das súas competencias, o presidente poderá requirir a opinión dos portavoces dos grupos municipais en relación coa convocatoria, celebración, incidencias e desenvolvemento dos debates.
4. Co obxecto de posibilitar o diálogo entre os distintos grupos municipais, acadar acordos que favorezan o desenvolvemento das sesións plenarias e clarificar posicións, os portavoces dos distintos grupos municipais poderán ser convocados a unha Xunta de portavoces o día anterior a celebración do Pleno. A Xunta de portavoces será convocada polo Alcalde, ben a petición propia ou por solicitude de, cando menos, dous grupos municipais.
5. O Alcalde poderá chamar á orde a calquera membro da Corporación que:
a) Profira palabras ou verta conceptos ofensivos para o decoro da Corporación, dos seus membros, de institucións públicas ou de calquera outra persoa ou entidade.
b) Produza interrupcións ou por calquera medio altere a orde das sesións.
c) Pretenda facer uso da palabra sen que lle fose concedida ou unha vez que lle fose retirada.
Tras tres chamadas á orde na mesma sesión, con advertencia na segunda das consecuencias da terceira chamada, o presidente poderá ordenar que abandone o local onde se celebra a sesión, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión.
6. O Alcalde garantirá que ningún membro da Corporación interrompa con comentarios ou descualificacións as intervencións dos concelleiros que estean no uso regulamentario da palabra.
ARTIGO 27.- Apertura da sesión.
1. O presidente abrirá a sesión e a/o secretaria/o comprobará a existencia do quórum necesario para comezala, tomando nota das ausencias xustificadas ou non.
2. Pasada media hora a partir da sinalada para a celebración da sesión sen a existencia do quórum previsto no artigo 24.1 deste regulamento, o presidente ordenaralle á/ao secretaria/o que levante dilixencia na que se faga constar a asistencia dos membros da Corporación presentes, a ausencia dos que se teñan escusado e da existencia ou non do quórum para a validez da mesma.
3.Constituída validamente a sesión, o presidente propoñerá a aprobación da acta da sesión ou sesións anteriormente incluídas na orde do día. Se non houbese observacións, quedará aprobada.
Se as houbese serán resoltas pola Corporación, debendo incorporarse previa dilixencia da/o secretaria/o á acta definitiva que se transcriba no correspondente libro. En ningún caso poderá modificarse o fondo dos acordos aprobados, e só caberá corrixir erros materiais ou de feito, unha vez debatidas as observacións.
ARTIGO 28.- Desenvolvemento das sesións.
1. O presidente dirixirá o desenvolvemento da sesión. Os asuntos debateranse e votaranse seguindo a numeración correlativa que figura na orde do día, se ben por causa xustificada poderase alterar a orde dos mesmos ou retiralos da orde día.
2. Non obstante ao disposto no numero anterior, o presidente poderá retirar un asunto dos incluídos na orde do día nos seguintes casos:
a) Cando a súa aprobación esixa unha maioría especial e esta non poida obterse durante o transcurso da sesión.
b) Cando o solicite durante o debate un concelleiro, con obxecto de que se incorporen ao expediente documentos, informes ou se completen trámites, ou que quede sobre a mesa para a súa discusión na seguinte sesión. Nestes casos a petición será votada tras terminar o debate e antes de proceder á votación sobre o fondo do asunto. Se a maioría simple votase a favor da petición, non haberá lugar a votar a proposta.
c) A petición do poñente dunha moción.
ARTIGO 29.- Desenvolvemento dos debates.
1. Para o mellor desenvolvemento dos debates, a presidencia dispoñerá que a/o secretaria/o dea lectura íntegra ou en extracto do ditame formulado poIa Comisión informativa correspondente, ou se se tratase dun asunto urxente non ditaminado por esta, da proposición que se someta ao pleno. Darase lectura íntegra daquelas partes do expediente e do informe ou ditame da Comisión, cando sexa solicitada polos grupos municipais.
2. Se ningún portavoz solicitase despois da lectura o uso da palabra, someterase o asunto a votación.
3. No caso de que se promovese debate, as intervencións serán ordenadas polo Alcalde, conforme as seguintes regras:
a) Só se poderá facer uso da palabra previa autorización do presidente.
b) O debate comézase coa exposición e xustificación da proposta, a cargo dalgún membro da Comisión informativa que a ditaminou, ou dalgún dos membros da corporación que subscriban a proposición ou moción, en nome propio ou do colectivo propoñente.
c) De seguido, os distintos grupos consumirán unha primeira quenda. Intervirán por orde de menor a maior representación municipal, empezando polo grupo mixto que repartirá o tempo de intervención entre os seus compoñentes. O tempo poderá ser ampliado polo presidente en razón á importancia ou transcendencia do asunto
d) Acabado esta primeira quenda, o poñente poderá responder se o cre conveniente.
e) Se o solicitara algún grupo, procederase a unha segunda quenda de palabra por cada grupo municipal, intervindo cada un deles na orde anteriormente sinalada. Finalizado este, o poñente pechará o debate ratificando ou modificando a súa proposta.
f) Quen se considere aludido por unha intervención poderá solicitarlle ao presidente unha quenda especial por alusións, durante o tempo dun minuto.
g) Os membros da Corporación poderán, en calquera momento do debate, pedir a palabra para expoñer unha cuestión de orde, invocando a norma de aplicación. O presidente resolverá o que proceda, sen que por este motivo se poida estabelecer ningún debate.
h) A intervención da/o secretaria/o ou da/o interventor/a durante o debate dos asuntos incluídos na orde de día quedará limitada a informar dos aspectos legais do asunto que se discuta, cando medie requirimento expreso da presidencia, ou lle dea esta o uso da palabra previa solicitude cando entenda tanto a/o secretaria/o ou a/o interventor/a que no debate se suscita algunha cuestión na que poida dubidarse acerca da súa legalidade ou puidese ter implicacións orzamentarias.
i) Os portavoces dos grupos, durante o debate, poderán pedir a modificación do ditame, a súa retirada para efectos de que se incorporen ao mesmo documentos ou informes, ou que quede sobre a mesa para o seu debate e votación na seguinte sesión.
l) O poñente poderá acceder á petición de modificación do ditame; neste caso formará parte íntegra do mesmo para os efectos da súa votación. A petición de retirada do ditame ou de que quede sobre a mesa para a próxima sesión será decidida por maioría simple antes de proceder á votación sobre o fondo do asunto.
m) No caso de formulárense votos particulares ou emendas, deberán debaterse en primeiro lugar antes do ditame ou proposición correspondente, iniciándose a intervención polo formulante, que seguirá pola mesma orde, tempo e forma establecidos para os ditames, e pechando o debate o poñente.
ARTIGO 30.- Abstención
Sen prexuízo das causas de incompatibilidade establecidas pola Lei, os membros da Corporación deberán absterse de participar no debate e votación de todo asunto cando concorra algunha das causas ás que se refire a lexislación do procedemento administrativo e contratos das administracións públicas.
Neste caso o interesado deberá abandonar a sala mentres se discute e vota o asunto, agás cando se trate de debater a súa actuación como membro da Corporación, en que terá dereito a permanecer e defenderse.
ARTIGO 31.- Carácter das intervencións.
1. Ditame é a proposta sometida ao pleno tralo estudio do expediente pola Comisión informativa. Contén unha parte expositiva e un acordo a adoptar.
2. Proposición é a proposta que se somete ao pleno relativa a un asunto incluído na orde do día, que acompaña á convocatoria. Conterá unha parte expositiva ou xustificación e un acordo, así mesmo, a adoptar. Non procederá entrar a debater nin votar unha proposición sen que previamente se ratificase a súa inclusión na orde do día.
3. Moción é a proposta que se somete directamente a coñecemento do pleno. Poderá formularse por escrito ou oralmente.
4. Voto particular é a proposta de modificación dun ditame formulada por un membro que forma parte da Comisión informativa. Deberá acompañar ao ditame desde o día seguinte á súa aprobación pola Comisión.
5. Emenda é a proposta de modificación dun ditame ou proposición presentada por calquera membro, mediante escrito presentado ao presidente antes de comezarse a deliberación do asunto. Non obstante de formulárense emendas in voce durante a sesión, unicamente poderá aceptarse o seu debate por acordo da maioría dos asistentes.
ARTIGO 32. - Das votacións
1. Pechado o debate dun asunto procederase á súa votación. O ditame ou proposición, salvo excepción, votarase integramente.
2. Antes de comezar a votación o presidente expoñerá clara e concisamente os termos da mesma e a clase de votación. No caso de que se mantivesen os votos particulares ou emendas, decidiranse antes do ditame ou moción de que se trate.
3. Unha vez comezada a votación non se pode interromper por ningún motivo. Durante o desenvolvemento da votación o presidente non concederá o uso da palabra por ningún motivo, e ningún corporativo poderá entrar no salón ou abandonalo.
4. Cada membro da Corporación pode votar en sentido afirmativo, negativo ou absterse de votar. A ausencia dun concelleiro unha vez iniciada a deliberación dun asunto equivale á abstención.
5. A orde de votación será de menor a maior representación, comezando polo grupo mixto.
6. Terminada a votación ordinaria, o presidente declarará o acordado.
7. Inmediatamente despois de concluír a votación nominal ou secreta, a/o secretaria/o computará os sufraxios emitidos e anunciará en voz alta o resultado, en vista do cal o presidente proclamará o acordo adoptado.
8. No caso de votacións con resultados de empate, efectuarase unha nova votación, e se o empate persistise, decidirá o voto de calidade do Presidente.
9. Unha vez proclamado un acordo, os grupos que non interviñeran no debate ou que tras este cambiasen o sentido do seu voto, poderán solicitar do presidente unha quenda de explicación do voto.
ARTIGO 33.- Asuntos de urxencia.
1. Concluído o debate e votación dos asuntos incluídos na orde do día das sesións ordinarias, e antes de pasar aos rogos e preguntas, o presidente preguntará aos poñentes e portavoces dos grupos municipais, se existe algún asunto que deba someterse á consideración do pleno por razóns de urxencia.
2. O poñente ou portavoz do grupo propoñente, de se-lo caso, xustificará a urxencia e acto seguido o pleno, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, decidirá sobre a procedencia do seu debate e posterior votación.
ARTIGO 34. - Clases de votacións
1. As votacións poden ser: ordinarias, nominais e secretas.
a) Ordinarias son as que se manifestan verbalmente ou por signos convencionais de asentimento, disentimento ou abstención dos membros da Corporación.
b) Nominais son aquelas que se realizan mediante chamamento por orde alfabética de apelidos e sempre no último lugar o presidente, e na que cada membro da Corporación responde “si”, “non”, ou “abstéñome”.
c) Secretas son aquelas que se realizan na forma e nos casos previstos pola lei, previo acordo do pleno, por maioría absoluta. A votación realizarase mediante urnas.
2. O sistema normal de votación é o de votación ordinaria.
3. A votación nominal requirirá como mínimo a solicitude dun grupo municipal, e deberá aprobarse polo pleno por maioría simple en votación ordinaria.
4. A votación secreta só poderá utilizarse para a selección ou destitución de persoas.
ARTIGO 35.- Das actas.
1. De cada sesión, a/o secretaria/o estenderá unha acta que conterá como mínimo:
a) Lugar da reunión, con expresión do nome do concello e local en que se celebra.
b) Día, mes e ano.
c) Hora de comezo.
d) Nome e apelidos do presidente, dos membros da Corporación presentes, dos ausentes que se escusaran e dos que falten sen escusa.
e) Carácter ordinario ou extraordinario da sesión, e se esta se celebra en primeira o en segunda convocatoria.
f) Asistencia da/o secretaria/o o de quen legalmente o substitúa, e presenza do funcionario responsable da intervención cando concorra.
g) Asuntos que se examinen, opinións sintetizadas dos grupos ou membros da Corporación que interviñeron nas deliberacións e incidencias destas.
h) Votacións que se verifiquen e, no caso das nominais, o sentido en que cada membro emita o seu voto. Nas votacións ordinarias farase constar o número de votos afirmativos, dos negativos e das abstencións. Farase constar nominalmente o sentido do voto cando así o pidan os interesados.
i) Parte dispositiva dos acordos que se adopten.
l) Hora en que o presidente levante a sesión.
2. De non celebrarse sesión por falta de asistentes ou doutro motivo, a/o secretaria/o suplirá a acta cunha dilixencia autorizada coa súa firma, na que consigne a causa e o nome dos asistentes e dos que escusaron a súa asistencia.

CAPITULO III. DEBERES

ARTIGO 51.- Xerais.
1. Os concelleiros veñen obrigados a asistir ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte.
2. Non poderán facer uso do seu cargo, nin da información contida na documentación á que teñen acceso, para finalidades distintas das propias da súa función.

CAPITULO III. OS TENENTES DE ALCALDE

ARTIGO 8.- Os tenentes de Alcalde.
1. Son libremente nomeados e cesados polo Alcalde entre os membros da Xunta de Goberno Local, mediante un decreto, do que se dará conta ao pleno na primeira sesión que celebre, e publicarase no Boletín Oficial da Provincia.
2. O número de tenentes de Alcalde non poderá exceder do número de membros da Xunta de Goberno Local.
3. Correspóndelle aos tenentes de Alcalde, pola orde do seu nomeamento, substituír accidentalmente ao Alcalde na totalidade das súas funcións, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento.

CAPITULO III. Funcionamento das Comisións.

ARTIGO 36.- Da Xunta de Goberno Local.
1. As sesións da Comisión de goberno poden ser:
a) Ordinarias deliberantes de asistencia ao Alcalde.
b) Ordinarias decisorias
c) Extraordinarias.
d) Extraordinarias de carácter urxente.
2. O seu réxime de funcionamento é o establecido no artigo 11 deste regulamento.
ARTIGO 37.- Das demais Comisións.
1. O funcionamento das comisións informativas axustarase, de ser o caso, ao establecido nas sesións do pleno, coas seguintes modificacións:
a) Celebrarán as súas sesións coa periodicidade que acorde o Pleno no momento de constituílas, e nos días e horas que estableza o Alcalde ou presidente da Comisión, os cales poderán así mesmo convocar sesións extraordinarias ou urxentes.
b) A convocatoria corresponde o Alcalde ou ao presidente da Comisión e na orde do día só poderán incluírse os ditames dos que os expedientes íntegros, debidamente informados ou fiscalizados, estean na secretaría xeral no momento da convocatoria da Comisión.
c) Entre a convocatoria e a celebración da sesión non poderán transcorrer menos de 48 horas.
d) A partir da convocatoria da sesión os expedientes estarán na secretaría xeral a disposición dos concelleiro s.
e) As sesións non serán públicas.

CAPITULO IV. A XUNTA DE GOBERNO LOCAL

ARTIGO 9 - Composición.
1. A Xunta de Goberno Local, órgano colexiado, está integrada polo Alcalde, que a preside, e un número de concelleiros non superior a un terzo do número legal de membros da Corporación.
2. O nomeamento e separación dos membros da Xunta de Goberno Local corresponde libremente ao Alcalde. Efectuarase por decreto do que se dará conta ao pleno do concello e publicarase no Boletín Oficial da Provincia.
3. O Alcalde efectuará o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local dentro dos 30 días seguintes á constitución da Corporación, quedando formalizada a mesma a todos os efectos.
ARTIGO 10- Atribucións:
a) A asistencia permanente ao Alcalde en exercicio das súas atribucións.
b) Exercer as atribucións que o Alcalde expresamente lle delegue
c) Exercer as atribucións que o Pleno do concello expresamente lle delegue.
d) Exercer as atribucións que expresamente poidan conferirlle as normas legais.
ARTIGO 11.- Réxime de sesións.
1. A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias o primeiro e terceiro Luns de cada mes ás 14 horas, e extraordinarias e urxentes cando sexan convocadas polo Alcalde ou a instancia de polo menos unha cuarta parte do número legal dos seus compoñentes.
2. A convocatoria efectuarase polo Alcalde, cando menos con vintecatro horas antes da fixada para a súa celebración, agás as extraordinarias urxentes, nas que antes de entrar no coñecemento dos asuntos incluídos na orde do día se declarará a urxencia por acordo favorable da maioría dos seus membros.
3. As sesións da Xunta de Goberno Local non serán publicas, sen prexuízo da publicidade e comunicación establecidas nas normas.
4. A copia da acta enviaráselle aos membros da Corporación no prazo de dez días contados desde a súa celebración. Se por circunstancia excepcional a acta non puidera remitirse neste prazo, enviarase a todos os concelleiros/as da Corporación copia da Orde do día da Xunta de Goberno Local e os expedientes correspondentes a eses puntos poderán ser consultados libremente polos concelleiros nas dependencias municipais sen necesidade de petición previa.
5. Para a súa válida constitución requírese a asistencia da maioría absoluta legal dos seus compoñentes, celebrándose en segunda convocatoria, de non existir quórum, unha hora despois da fixada para a primeira, sendo neste caso suficiente a asistencia de tres dos seus membros.
6. Será presidida polo Alcalde, que dirixirá e ordenará os debates.
7. Cando exerza competencias delegadas polo pleno, será preceptivo o informe da Comisión informativa correspondente.
8. O Alcalde pode requirir que asistan ás sesións outros membros da Corporación ou persoal de servizo do concello, co obxecto de informar no relativo ao ámbito das súas actividades.

CAPITULO V. O PLENO MUNICIPAL

ARTIGO 12.- Composición e competencias
1. O pleno, integrado por todos os concelleiros/as, é presidido polo Alcalde.
2. Correspóndenlle, en todo caso, ao pleno as seguintes atribucións:
a) O control e a fiscalización dos órganos de goberno.
b) Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do termo municipal; creación ou supresión de municipios e das entidades ás que se refire o artigo 45 da Lei de bases de Réxime local; creación de órganos desconcentrados; alteración da capitalidade do municipio e o cambio de nome deste ou daquelas entidades e a adopción ou modificación da súa bandeira, ensina ou escudo.
c) A aprobación inicial do planeamento xeral e a aprobación que poña fin á tramitación municipal dos plans e demais instrumentos de ordenación previstos na lexislación urbanística.
d) A aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas.
e) A determinación dos recursos propios de carácter tributario; a aprobación e modificación dos orzamentos; a disposición de gastos en materia da súa competencia e a aprobación das contas; todo isto de acordo co disposto na Lei de Facendas locais.
f) A aprobación das formas de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización.
g) A aceptación da delegación de competencias feita por outras Administracións públicas.
h) O acordo de conflitos de competencias a outras entidades locais e demais administracións públicas.
i) A aprobación do cadro de persoal e da relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual.
l) O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.
m) A declaración de lesividade dos actos do concello.
n) A alteración da cualificación xurídica dos bens de dominio público.
ñ) A concertación das operacións de crédito que teñan unha contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, superior ao 10 % dos recursos ordinarios do orzamento -agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15% dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior- todo isto de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas locais.
o) As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e, en calquera caso, os 6.000.000 de euros, así como os contratos e concesións plurianuais cando a súa duración sexa superior aos catro anos e os plurianuais de menor duración cando o importe acumulado de todas as súas anualidades supere a porcentaxe indicada, referida aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio e, en todo caso, cando sexa superior á contía sinalada nesta letra.
p) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos orzamentos.
q) A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, cando sexa superior a 3.000.000 de euros, así como os alleamentos patrimoniais nos seguintes supostos:
- Cando se trate de bens inmobles ou de bens mobles que estean declarados de valor histórico ou artístico, e non estean previstas no orzamento.
- Cando, estando previstas no orzamento, superen as mesmas porcentaxes e contías indicadas para as adquisicións de bens.
r) Aqueloutras que deban corresponder ao pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial
s) As demais que expresamente lle confiran as leis.
3. Pertence igualmente ao pleno, a votación sobre a moción de censura ao Alcalde e sobre a cuestión de confianza interposta por el mesmo, que rexen polo disposto na lexislación electoral xeral.
4. O pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no Alcalde e na Comisión de goberno, agás as enunciadas no número 2, letras a), b), c), d), e), f), g), h), i), n), e r), e no número 3 deste artigo.
ARTIGO 13.- Réxime das delegacións.
1. As atribucións do pleno poden exercerse directamente ou mediante delegación, consonte o establecido no apartado 4 do artigo anterior.
2. O acordo plenario de delegación será adoptado por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación e terá efecto desde o día seguinte ao da súa aprobación, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

CAPITULO VI. ÓRGANOS COMPLEMENTARIOS.

ARTIGO 14.- As Comisións informativas.
1. As Comisións informativas son órganos colexiados complementarios dos órganos de goberno, sen atribucións resolutorias, que teñen por función o estudio, consulta e informe preceptivo e non vinculante, con carácter exclusivo dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do pleno.
2. Poden ser permanentes ou especiais. As primeiras constitúense con carácter xeral, e o seu número e denominación decidiranse por acordo plenario a proposta do Alcalde. As especiais son aquelas que o Pleno pode constituír para un asunto concreto, extinguíndose automaticamente unha vez que ditaminasen ou informasen sobre o asunto que constituíu o seu obxecto.
3. Estarán integradas exclusivamente por membros da Corporación e presididas polo Alcalde, podendo este delegar a presidencia efectiva en calquera membro da mesma.
4. Cada Comisión estará integrada de forma que a súa composición se acomode á proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos representados na Corporación.
5. A adscrición da representación de cada grupo realizarase mediante proposta do seu portavoz, en escrito dirixido ao Alcalde, do que se dará conta ao pleno. Poderá designarse un suplente para cada un dos membros titulares.
6. As súas convocatorias e sesións axustaranse ao réxime previsto para o Pleno da Corporación.
ARTIGO 15.- Da Comisión especial de contas.
1. É a Comisión informativa de existencia preceptiva á que corresponde o exame, estudo e informe dos estados e contas anuais que comprenderán todas as operacións orzamentarias, independentes e auxiliares patrimoniais e de tesourería levadas a cabo durante cada exercicio, nos termos do disposto na Lei Reguladora das Facendas locais, Texto Refundido aprobado por Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
2. Para o exercicio axeitado das súas funcións, a Comisión poderá requirir, por medio do Alcalde, a documentación complementaria que considere precisa e a presenza dos membros e funcionarios da Corporación especialmente relacionados coas contas que se analicen.
ARTIGO 16.- Xunta de Portavoces
1. A Xunta de Portavoces é un órgano complementario colexiado, sen atribucións resolutorias, que ten por función o estudio, consulta e proposta, de calquera asunto de incidencia municipal de competencia plenaria de conformidade co disposto no artigo 22 da LBRL.
2. Estarán integradas exclusivamente polos portavoces dos diferentes grupos municipais ou os seus suplentes e presididas polo Alcalde podendo este delegar a presidencia efectiva en calquera membro da mesma.
3. Entenderase válidamente constituída cando asistan a mitade mais un dos grupos políticos regulamentariamente constituídos ou representan á maioría absoluta do Pleno da Corporación, sendo en todo caso imprescindible a presenza do Presidente ou que o sustitúa e do Secretario do órgano.
4. As sesións da Xunta de Portavoces serán convocadas coa antelación mínima de dous días hábiles polo Alcalde – Presidente da Corporación, a instancia do seu Presidente (no caso de que a Presidencia estivera delegada) ou dous grupos da oposición
5. As retribucións deste órgano serán fixadas en acordo plenario.

TITULO PRELIMINAR. Disposicións Xerais

ARTIGO 1. - Obxecto do regulamento.
Ao abeiro do establecido nos artigos 4.1 a, 20 i c, 24, 62 parágrafo 2 e 72 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, coas modificacións introducidas pala Lei 11/1999 de 21 de abril, é obxecto do presente regulamento orgánico regular:
a) O réxime organizativo do Concello.
b) O funcionamento dos órganos municipais.
c) O estatuto dos membros da Corporación.
ARTIGO 2.- Prelación de fontes.
Na regulación das materias obxecto deste Regulamento rexe a seguinte prelación:
1. Preceptos da lexislación básica estatal do Réxime Local.
2. A Lei de Administración local de Galicia.
3. Regulamento orgánico da Corporación.
4. Regulamento de Organización, funcionamento e réxime xurídico aprobado por RD 2568/86 para aquelas materias nas que resulte insuficiente a regulación de este regulamento orgánico municipal
5. Lexislación xeral do Estado.
ARTIGO 3.- Desenvolvemento do Regulamento Orgánico.
1.- As presentes normas regulamentarias poderán ser obxecto de desenvolvemento a través de disposicións e instrucións aprobadas polo pleno e polo Alcalde, segundo o réxime de competencias establecido.
2. Nos casos que o Alcalde faga uso desta competencia, darase conta ao pleno das disposicións e instrucións aprobadas.

TÍTULO I

TITULO II. FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS

TITULO III. GRUPOS POLÍTICOS

TITULO IV. ESTATUTO DOS CONCELLEIROS