Muxía - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por reserva de dominio público local para entrada de vehículos (vao permanente)
Artigo 1
De conformidade co previsto no artigo 106 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e artigo 58 da Lei 39/88, Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Muxía establece a Ordenanza Reguladora da Taxa por reserva de dominio público para entrada de vehículos (vado permanente).
Artigo 2.
Artigo 3.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que ser refiere o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten o dominio público local en beneficio particular, nos supostos contemplados no feito impoñible.
Son suxeitos pasivos en concepto de substitutos do contribuinte os propietarios de fincas e locais a que den acceso ditas entradas de vehículos, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.
A cota tributaria establécese en función do estudio económico ó respecto e atendendo ó interese público.
a) Mínimo de 30 Euros ó ano, polo dereito a 3 metros lineais da calzada.
b) Cada metro lineal ou fracción: 10 Euros.
A cota tributaria sería a suma das anteriores cantidades.
Ademáis, no momento de solicitar a licencia, deberá abonar a placa identificativa a prezo de custo para o Concello.
Artigo 5.
A obriga de pago de taxa reguladora na presente ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, no momento de solicitar a licencia.
b) Tratándose de prórrogas de licencias xa autorizadas, o día primeiro do ano natural.
O pago realizarase na tesourería municipal a entidades bancarias, unah vez cuberto o impreso de liquidación nas oficinas municipais.
Tratándose de concesións ou aproveitamentos xa autorizados, unah vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa.
Os prazos de ingreso serán os establecidos na Lei Xeral Tributaria e Regulamentos de Recadación.
Artigo 6
As persoas interesadas en obter a licencia municipal deberán solicitala por medio de instancia na que se acompañará un plano de situación do lugar obxecto de licencia e o espacio que se solicita.
Os servicios técnicos do Concello e Policia Local comprobarán previamente á concesión a viabilidade de licencia e se a Alcaldía o xulga necesario exporase a información pública no taboleiro de anuncios durante 15 días, a efectos de posibles reclamacións.
Artigo 7.
A licencia enternderase concedida ata o 31 de Decembro de cada ano, prorrogándose tacitamente por anos naturais, coa inclusión no padrón ó respecto.
O concello poderá en calquera momento denegar a licencia ou prorroga por razón de interese público, así como suspender temporalmente a concesión, que durará o tempo imprescindible para satisfacer os intereses xerais e non dará lugar a indemnización.
Cando se conceda a licencia, o beneficiario colocará a sinalización correspondente na fachada ou construcción de que se trate. Na placa constará o número de licencia, e será entragada polo Concello previo abono neste. O lugar obxeto de reserva será pintado de cor amarela.
Artigo 8.
Artigo 9.
Disposición Final
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez que se publique integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia dacordo co establecido no artigo 70 da Lei 7/85, e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro do 2002.
Dilixencia: Para facer constar que a presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello na sesión celebrada o día 29 de novembro do 2001