Laracha A - Ordenanza fiscal nº 10, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, soportes, estadas e outras instalacións, análogas
Artigo 1.- Fundamento e réximen.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de A Laracha establece a "Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercancías, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, anillas, andamios e outras instalacións análogas".
Artigo 2.- Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa aa ocupación de terreos de uso público local con:
a) Escombros, terras, areas, materiais de construcción, leña ou calquera outros materiais análogos.
b) Vallas, andamios e outras instalacións adecuadas para protección de vía pública das obras colindantes.
c) Puntais, anillas, e en xeral toda clase de apeos de edificios.
2.- Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se producisen desperfectos no pavimento, instalacións da vía pública ou bens de uso público, os titulares de aqueles están obrigados a reparar ou reconstruír os danos causados con independencia do pago da taxa. Se os danos fosen irreparables o Concello será indemnizado. A indemnización fixarase nunha suma igual ó valor das cousas destruídas.
Artigo 3.- Devengo.
A obrigación de contribuír nacerá pola ocupación do dominio público local, autorizada na correspondente licencia ou desde que se inicie o aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4.- Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, a quen se autorice para efectuar o aproveitamento espacial do dominio público local.
Artigo 5.- Base impoñible e liquidable.
A base estará constituída polo tempo de duración dos aproveitamentos e pola superficie en metros cadrados ocupada polos materiais depositados, os metros cadrados delimitados polas vallas, andamios ou outras instalacións adecuadas e o número de puntais, anillas e demais elementos empregados no apeo de edificios.
Artigo 6.- Tarifa.
Aplicarse unha tarifa única de 0,19 euros, por metro cadrado ou fracción e mes, pola ocupación da vía pública con vallas, andamios, escombros, areas, terras, materiais de construcción, leña, puntais, anillas, e demais materiais e instalacións.
Artigo 7
As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado. Serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados na tarifa e faranse efectivas na caixa municipal ó retira-la oportuna licencia co carácter de depósito previo, sen prexuízo da liquidación definitiva que corresponda.
Artigo 8.- Responsables.
O réxime de responsabilidades axustarase ó previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Artigo 9.- Exencións , reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos en normas con rango de lei.
O Estado, as Comunidades Autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do domino público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.
Artigo 10.- Normas de xestión.
O tributo liquidarase por cada aproveitamento solicitado e conforme ó tempo que o interesado indique ó pedi-la correspondente licencia. Se o tempo non se determinase seguirase producindo liquidacións pola Administración municipal polos períodos irreducibles sinalados nas tarifas, ata que o contribuínte formule a pertinente declaración de baixa.
Artigo 11.
As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da súa natureza, tempo e duración do mesmo, lugar exacto onde se pretenden realizar, sistema de delimitación e en xeral cantas indicacións sexan necesarias para a determinación do aproveitamento desexado.
Artigo 12.
De non determinarse con claridade a duración dos aproveitamentos, os titulares das respectivas licencias, presentarán no Concello a oportuna declaración de baixa ó cesar en aqueles, a fin de que a Administración municipal deixe de practica-las liquidacións das cotas. Quen incumpra tal obrigación seguirá suxeito ó pago do tributo.
Artigo 13.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data 24 de novembro de 2004, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.