Melide - Ordenanza reguladora da expedición de tarxetas de estacionamento para persoas minusválidas
Artigo 1.º .-Titulares das tarxetas.
a) Terán dereito a solicita-la tarxeta todas aquelas persoas empadroadas neste Concello, que padezan e/ou teñan recoñecida algún tipo de minusvalidez con graves problemas de mobilidade.
b) Para a expedición da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalidez, os solicitantes deberán ter recoñecida a imposibilidade ou dificultade de uso do transporte público polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes das seccións de cualificación e valoración de minusvalías.
c) A tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalidez é un documento acreditativo da súa situación, e ten carácter persoal e intransferible.
d) O titular da tarxeta poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade, sexa ou non da súa propiedade e sexa o titular da tarxeta o conductor do vehículo ou non.
e) Cando se faga uso dos dereitos que outorga esta tarxeta colocarase nun lugar visible do vehículo.
f) As tarxetas emitidas por este Concello, cumprirán coa normativa vixente en canto a concesión e formato destas.
g) En caso de cambio de domicilio do titular da tarxeta, será éste o que deba solicita-lo translado do expediente ó novo municipio de residencia.
Artigo 2.º .-Documentación.
Para obte-la tarxeta, deberá presentarse no Concello a seguinte documentación:
- Solicitude debidamente cumprimentada, conforme a impreso normalizado que será facilitado polos Servicios Sociais do Concello, segundo o modelo que se achega como anexo I.
- Fotocopia do DNI do peticionario da tarxeta.
- Dúas fotografías actuais tamaño carné.
- Fotocopia do carné de conducir do minusválido ou do representante legal no caso de que non poida conducir, o que deberá acreditarse mediante certificación.
- En caso de que o vehículo sexa propiedade do peticionario da devandita tarxeta, presentará fotocopia do xustificante de pago do último recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
- Cualificación da minusvalía emitida pola Xunta de Galicia ou polos equipos autorizados noutras CCAA; si nesta non constase a valoración da imposibilidade ou dificultade do seu titular para uso do transporte público, remitirase a devandita cualificación á EVO para a súa oportuna estimación.
Artigo 3.º .-Procedemento.
- Presentada a solicitude no rexistro xeral do Concello, coa documentación pertinente, remitirase ó Departamento de Servicios Sociais para a emisión do informe-proposta correspondente. Posteriormente, este informe elevarase á Alcaldía, para que dicte a resolución pertinente, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.
- Esta resolución será notificada ó interesado de acordo co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- A tarxeta, unha vez concedida, será asinada polo titular. Cando se utilice colocarase na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o anverso da tarxeta sexa claramente visible para o seu control.
Artigo 4.º .-Caducidade das tarxetas.
- O período de validez desta tarxeta, estará vinculado ó período de validez da cualificación da minusvalía emitida pola EVO; si esta cualificación fora definitiva ou permanente a tarxeta caducará ós dez anos da concesión, e no caso de que esta sexa provisional caducará cando transcorrese o prazo que esta indique. Para a renovación débese segui-lo mesmo procedemento que para o outorgamento da tarxeta inicial.
- O Concello terá dereito a controlar que as condicións que deron orixe á expedición da tarxeta continúan vixentes, polo que poderá requirir ós solicitantes/titulares, en calquera intre para que acheguen probas actualizadas das devanditas condicións.
- Calquera variación das condicións que deron orixe á expedición da tarxeta deberá ser comunicada ós servicios sociais municipais, no prazo máximo dun mes; de non ser así, o Concello poderá anula-la súa vixencia.
Artigo 5.º .-Uso da tarxeta.
Disposición final.
ANEXO I
Solicitude da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida:
"Don/dona ..., con DNI ..., con enderezo en ..., teléfono....
En nome propio ou en representación do beneficiario/minusválido ...
Declara:
Que ... está empadroado/a neste Concello, e padece algún tipo de minusvalidez con mobilidade reducida e así o acredita a través da cualificación de minusvalía actualizada.
Polo que solicita:
Que se lle expida a tarxeta de estacionamento, segundo modelo establecido na Lei 8/97, da Comunidade Autónoma de Galicia, comprometéndose a cumpri-las normas que regulan a súa tramitación, expedición e uso.
Melide, .... de ... de ...
Asinado.