Abegondo - Ordenaza fiscal reguladora de taxas para el otorgamento de licencias urbanisticas

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/12/2001 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2002

Artigo 1.º .-Potestade tributaria e réxime xurídico.

No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, de Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no art. 58 da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por licencias urbanísticas, que se regulará pola presente ordenanza e polo disposto no arts 20 a 27 da Lei 39/88, citada.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

O feito imponible está determinado pola actividade municipal desenvolvida con motivo das instalacións, construccións ou obras tendentes a verificar se as mesmas se realizan con suxeición ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, en orde a comprobar que aquelas se axustan ós plans de ordenación vixentes, que son conformes ó destino e uso previstos, que non atentan contra a harmonía da paisaxe e condicións de estética, que cumpren coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene e saneamento e, finalmente, que non existe ningunha prohibición de interese artístico, histórico ou monumental.

Artigo 3.º .-Retribución.

1.-A obriga de contribuír nacerá no momento de comenza-la prestación do servicio, que ten lugar dende que se formula a solicitude da preceptiva licencia, ou dende que o Concello realice as actuacións iniciais conducentes a verificar se é ou non autorizable a obra, instalación, primeira ocupación dos edificios ou modificación do uso dos mesmos, que se efectuase sen a obtención previa da correspondente licencia.

2.-A obriga de contribuír non se verá afectada pola denegación no seu caso da licencia ou concesión da mesma con modificación da solicitude.

Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición que sexan propietarios ou posuidores, ou no seu caso arrendatarios, dos inmobles nos que se executen as obras ou se realicen as construccións ou instalacións.

2.-En todo caso terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.

Artigo 5.º .-Responsables.

En materia de responsabilidade serán aplicables os artigos 37 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 6.º .-Exencións, reduccións e demais beneficios fiscais.

Non se recoñecen máis beneficios fiscais que os derivados de normas con rango de lei ou da aplicación de tratados internacionais. Calquera bonificación ou exención deberá ser interesada ó tempo de solicita-la oportuna licencia.

Artigo 7.º .-Tarifa

A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas:

a) Licencias de obras maiores:

Edificios de presuposto superior ós 601.012,10 euros: 210,35 euros.

Edificios de presuposto entre 300.506,05 euros e 601.102,10 euros: 150,25 euros.

Edificios de presuposto entre 150.253,03 euros e 300.506,05 euros: 90,15 euros.

Edificios de presuposto inferior a 150.253,03 euros: 60,10 euros.

b) Licencias de obras menores: 6,01 euros.

c) Licencias de primeira ocupación: 60,10 euros.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-As persoas interesadas na obtención dunha licencia presentarán no Concello a oportuna solicitude con especificación detallada da natureza, extensión e alcance da obra ou instalación a realizar, lugar de emprazamento, presuposto do custo real da obra firmado polo que teña ó seu cargo os traballos ou polo facultativo competente e, en xeral, conterá a citada solicitude toda a información necesaria para a exacta aplicación do tributo.

2.-A solicitude poderá ser formulada polo interesado ou polo contratista das obras, pero farase consta-lo nome e domicilio do propietario do inmoble, do arrendatario do mesmo, cando as obras se realicen por conta e interese deste, así como a expresa conformidade ou autorización do propietario.

Artigo 9.º .-Liquidación e ingreso.

Cando se formule a solicitude da preceptiva licencia, ou dende que o Concello realice as actuacións iniciais conducentes a verificar se é ou non autorizable a obra, instalación, primeira ocupación dos edificios ou modificación do uso dos mesmos, que se efectuase sen a obtención previa da correspondente licencia, esixirase o pagamento total da taxa.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas lles corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos arts. 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición adicional.

As cotas tributarias fixadas no artigo 7 desta ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación do índice de prezos ó consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto á centena superior ou inferior.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.