Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO FORNECEMENTO E ACOMETIDA DE AUGA

Publicación provisional: 19/12/1998 BOP Nº: 290
Publicación definitiva: 19/12/1998 BOP Nº: 290
Aplicable dende: 01/01/2003

Artigo 1.º .-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 20.4 en relación cos 17 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa polo fornecemento de auga que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do servicio público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ós que se refire o artigo anterior.

Artigo 3.º .-Contía.

1.-A contía da taxa regulamentada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.

2.-Tarifas.

As tarifas desta taxa serán as seguintes:

2.1. Consumo.

Mínimo: 10 metros cúbicos/abonado/mes: 0,480 euro/metro cúbico.

1.º bloque 11 a 20 metros cúbicos/abonado/mes: 0,600 euro/metro/cúbico.

2.º bloque máis de 20 metros cúbicos/abonado/mes: 0,733 euro/metro cúbico.

2.2. Acometidas de abastecemento.

Será calculada baseándose na acometida normal de 3 m de lonxitude media (1 a 5 m).

Materias:

1 Ud colarín de toma.

- Ud enlaces.

1-5 ml tubería PE.

1 Ud chave de paso.

1 Ud arquetiña de fundición de 15 x 25 cm.

Obra civil:

1 Ud arqueta con tapa.

1-5 m gabia (apertura, cerramento e reposición).

Estableceranse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia (materias: 40% + man de obra: 60%):

 

Diámetro acometidaTipo de gabia
AcometidaTerra (A)Asfalto (B)Baldosa-beirarrúa (C)
3/4145,03184,75218,75
1157,21196,65230,24
1.1/2187,77227,63261,22
2222,19261,22295,12
Incremento no prezo da acometida para lonxitudes sup. a 5 m3/411.1/22
(A) Incremento euro por m6,747,9111,2918,93
(B) Incremento euro por m14,8716,0419,4127,05
(C) Incremento euro por m17,9019,0022,3730,01

 

2.3. Contadores.

a) Instalación de contador (13 mm de diámetro) en batería ou similar.

- Contador de 13 mm.

- Válvula antirretorno.

- Pezas conexión.

Prezo contador instalado: 59,90 euros/ud.

b) Instalación de contador superior a 13 mm de diámetro.

Para contadores de diámetros superiores farase previamente un presuposto previo.

 

Tarifa de contadores (sen colocación)Euros/ud
Diámetro 13 mm42,15 euros/ud
Diámetro 15 mm46,46 euros/ud
Diámetro 20 mm56,71 euros/ud
Diámetro 25 mm92,37 euros/ud
Diámetro 30 mm129,13 euros/ud
Diámetro 40 mm200,17 euros/ud
Diámetro 50 mm437,37 euros/ud
Diámetro 65 mm524,20 euros/ud

 

2.4. Cotas de conservación acometidas e contadores.

a) Cota conservación de contadores: 0,213 euro/abonado/mes.

b) Cota conservación de acometidas: 0,176 euro/abonado/mes.

2.5. Xestión de cobramento ós abonados morosos.

Cobramento ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación certificada dos recibos pendentes de pagamento: 3,16 euros/unidade.

2.6. Desprecintado de contador.

Por desprecintado de contador: 14,38 euros/unidade.

2.7. Conexión á rede de abastecemento e precintado de racores.

Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servicio: 14,38 euros/unidade.

Artigo 4.º .-Obriga de pagamentos.

1. A taxa por fornecemento retribúese o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos supostos de inicio ou cesamento no uso do servicio, no que se prorrateará por trimestres.

2. No caso de inicio no servicio en data diferente ó 1 de xaneiro as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para remata-lo ano incluído o de comezo da prestación da actividade.

3. No caso de cesamento do servicio as cotas serán prorrateables por trimestres e non será prorrateable aquel trimestre no que se produza o cesamento. Para esta finalidade os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non utilizara o servicio.

A taxa por enganche/acometida retribúese no momento en que se inicia o servicio ou actividade.

4. O non pagamento do recibo significa a renuncia ó servicio.

Disposición adicional.

Tódolos prezos a que fai referencia esta ordenanza serán incrementados anualmente segundo o índice de prezos de consumo relativo ó período que vai de setembro a setembro determinado polo Instituto Nacional de Estatística.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, será de aplicación para o exercicio 2003 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.