Lousame - ORDENANZA FISCAL Nº 8 REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL.
Artigo 1. Fundamento e natureza.
Este Concello, segundo o autorizado polo artigo 105 da LRBRL, e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido Lei Reguladora das Facendas Locais; establece a taxa por utilización do pavillón polideportivo municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúe a base impoñible deste tributo o uso do pavillón polideportivo municipal e mailos servicios de que están dotadas as anteditas instalacións, exceptuándose o ximnasio municipal, que se rexe por ordenanza distinta.
Artigo 3. Xeración de obrigas.
A obriga de contribuír nacerá dende que a utilización se inicie, mediante a entrada ó recinto, sendo obrigatorio aboar previamente a taxa establecida.
Artigo 4. Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento as persoas físicas ou xurídicas e entidades ou asociacións que soliciten a utilización do pavillón ou se beneficien dos servicios prestados polo Concello nas instalacións.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable.
A base impoñible estará determinada pola conxunción do tipo de uso das instalacións definido pola utilización en día laborable, xunto co número de horas, usuarios e actos non deportivos.
Artigo 6. Cota tributaria.
1. Actos deportivos.
- Equipos federados:
Cota pista/hora/sénior: 4,00 euros.
Cota pista/hora/categorías inferiores: 0 euros.
- Non federados:
Cota pista/hora/sénior: 6,00 euros.
Cota pista/hora/categorías inferiores: 0 euros.
2. Actos non deportivos.
Os actos alleos ó deporte organizados por sociedades, partidos políticos e asociacións de todo tipo, que soliciten a utilización do pavillón para festivais, mitins, reunións ou espectáculos artísticos de carácter profesional, etc.; serán autorizados pola Alcaldía ou Comisión de Goberno, sinalando a cota que se axustará por analoxía ós actos deportivos, non federados, sénior.
Artigo 7. Publicidade.
Parede frontal: medidas:
0,90 x 0,60: 75,00 euros/ano.
1,80 x 1,20: 150,00 euros/ano.
3,60 x 2,40: 300,00 euros/ano.
Paredes laterais: medidas:
1,80 x 1,20: 120,00 euros/ano.
Círculo central: 600,00 euros/ano.
Círculo de zona (2): 600,00 euros/ano.
Artigo 8. Prioridades na utilización.
1.º) Escolas deportivas municipais.
2.º) Clubes ou asociacións deportivas con categorías inferiores.
3.º) Clubes ou asociacións deportivas sen categorías inferiores.
4.º) Público en xeral.
Artigo 9. Exencións.
1.-Están exentos do pagamento da taxa os alumnos dos colexios públicos e privados do Concello, sempre que practiquen o deporte dirixidos por profesores ou persoa responsable.
2.-Así mesmo, estarán exentas do pagamento da cota as actividades organizadas e maila publicidade exposta polo Concello de Lousame, sexa directamente ou por medio doutras entidades ás que o Concello conceda o seu patrocinio.
As persoas ou entidades interesadas na obtención de beneficios sinalados no parágrafo anterior, presentarán solicitude, acreditando as circunstancias que xustifiquen a execución, con quince (15) días de antelación á celebración do acto.
Artigo 10. Normas de xestión e cobranza.
1.-Cando se trate da práctica de actividades e espectáculos deportivos, os clubes, asociacións ou particulares que teñan concedida utilización periódica do pavillón; practicarase unha liquidación mensual, comprensiva dos días e horas de utilización. Cando se trate de publicidade a liquidación será anual.
2.-O persoal adscrito ó pavillón estenderá carta de pagamento, boletos ou tiques, segundo os casos, como xustificantes do pagamento.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada en sesión plenaria do 29 de marzo de 1999. Entrará en vigor unha vez publicada no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.