Vilasantar - REGULAMENTO DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS ECONÓMICAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE VILASANTAR
Publicación provisional:
22/12/2008
BOP Nº:
293
Publicación definitiva:
23/04/2009
BOP Nº:
91
Aplicable dende:
24/04/2009
1. OBXECTO.
O Concello de Vilasantar concederá axudas e subvencións para promover, fomentar e difundir aquelas actividades educativas, culturais, artísticas, deportivas e de ocio e tempo libre organizadas por persoas físicas ou xurídicas que sexan de interese municipal.
A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.
2. BENEFICIARIOS.
Poderán solicitar estas axudas as asociacións e entidades sen fins de lucro con domicilio social no municipio de Vilasantar.
3. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, PRAZO E DOCUMENTACIÓN.
As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Concello e presentarse no Rexistro xeral no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da súa convocatoria anual.
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:
- Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade.
- Fotocopia do DI do/a representante legal.
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda estatal, autonómica ou local así como coa Seguridade Social.
- Memoria detallada das actividades que se van realizar e orzamento previsto das mesmas.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.
4. VALORACIÓN E CONCESIÓN.
Para a adxudicación das axudas teranse en conta os seguintes criterios:
a) Difusión da actividade.
b) Interese da actividade no ámbito municipal, valorando a participación nas actividades organizadas polo Concelllo.
c) Número de beneficiarios, directos ou indirectos.
d) Conservación dos valores culturais, deportivos, artísticos...
e) Emprego do idioma galego nas actividades.
As propostas de concesión de axudas someteranse á Xunta de Goberno Local.
O conxunto das axudas recibidas para a mesma actividade non poderá superar o 100% do custo da mesma.
5. XUSTIFICACJÓN E PAGAMENTO.
Unha vez realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificar con facturas,recibos e documentos fidedignos dos gastos realizados, así como a memoria da mesma ata o 31 de xaneiro do ano seguinte.
O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.
No caso de que os solicitantes o consideren necesario, poderase engadir á documentación unha petición debidamente razoada na que se solicite un adianto de ata un 70% da subvención. Nos outros casos será entregada unha vez que se presenten os xustificantes da actividade realizada.
O incumprimento das condicións establecidas dará lugar á revogación da subvención.
6. DISPOSICIÓN FINAL.
Os aspectos non regulados nestas bases rexeranse polo disposto na Lei xeral de subvencións 38/2003, de 17 de novembro. Este regulamento entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e terá vixencia ata a súa modificación ou derrogación.