Índice
Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 16, reguladora da taxa de rede de sumidoiros
Publicación provisional:
05/07/2004
BOP Nº:
152
Publicación definitiva:
27/08/2004
BOP Nº:
198
Aplicable dende:
28/04/2009
Artigo 1° .-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e poio artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa da rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2° .-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
2. Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
3. Quedarán exentas do abono da taxa de conexións as vivendas e locais do núcleo en que se estableza por primeira vez a rede de sumidoiros e canalizacións de pluviais, sempre e cando se conecten non prazo que non supere o ano. En calquera caso as vivendas e locais que se constrúan, unha vez establecido o servicio, están obrigadas ó abono da taxa de conexión.
Artigo 3° .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se retire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
a) Cando se trate de concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1 .b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuados, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles. quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4° .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos. Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5° .-Cota tributaria.
1. A cota tributaria correspondente á concesión de licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de cincuenta euros (50 euros) por vivenda ou local.
2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios de sumidoiros e depuración será 15 € anuais. Incrementándose anualmente segundo o IPC establecido.
Artigo 6° .-Exencións e bonificacións.
Non se contempla ningún tipo de exención, reducción ou bonificación na presente taxa.
Artigo 7° .-Retribución e período impositivo.
A retribución da presente taxa terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural.
Artigo 8° .-Declaración, Liquidación e ingreso.
1. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirá efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia e acometida á rede.
2. No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que sexa notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9° .-infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.